Inicio arrow Noticias arrow A Coruña arrow Concello de Noia

Chatito

Latest Message: 1 day, 1 hour ago
  • [Invit.]ague : xa o lin, e xa lle escribín; deuche mamá uns caquis? son para o tío fran
  • [Invit.]JA : Non queria aceptalos agasallos, pero expliqueille as tuas razóns e rieuse un pouco e aceptou. Mandeite un correo.
  • [Invit.]ague : e qué? qué che dixo? enfadouse?
  • [Invit.]JA : Hola Águeda. Estuven con Rainer oxe pola mañá. Dinlle as túas cousas.
  • [Invit.]ague : bueno, terei que irlle levar eu a tarta antes de que se estropee
  • [Invit.]JA : Hola Águeda. Non pasou por aquí. Ahora sae moi pouco, non lle van moi ben as pernas.
  • [Invit.]ague : boas pai, viches ao meu mestre hoxe?
  • [Invit.]Inv._5166 : razz razz
  • [Invit.]Inv._2457 : sigo sin encontrar nada sobre urbanismo, ¿alguien me puede ayudar?
  • [Invit.]ague : boas, pai, espérame á noite que ei de ir onda ti
Sound:
 
Concello de Noia Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 1
MaloBueno 
escrito por Administrator   
Boletín Nº 194. Jueves, 23 de agosto de 2007
Anuncio relativo á convocatoria e aprobación das bases que rexerán o procedemento de concurso de méritos para prover unha praza de orientador ou orientadora laboral do Concello de Noia
En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases de réximen local e no artigo 6.1. do Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, faise público que por Resolución da Alcaldía número 1.643/2007, do 7 de agosto, aprobaronse as bases que rexirán a provisión temporal, polo procedimento de concurso de méritos, dunha praza de orientador ou orientadora laboral.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa podrase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Alcaldía deste Concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio nos boletíns oficiais correspondentes, ou ben, directamente, recurso contencioso‑administrativo ante o Xulgado do Contencioso­Administrativo no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, sen perxuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
O texto íntegro das bases aprobadas insértase a continuación:
BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE CONCURSO DE MÉRITOS PARA PROVEER UNHA PRAZA DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE ORIENTADOR OU ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO DE NOIA.
1.–OBXECTO DA CONVOCATORIA.
É obxecto da presente convocatoria a provisión dunha praza de persoal laboral temporal de orientador ou orientadora laboral do Concello de Noia.
A selección do candidato ou candidata máis idóneo ou idónea realizarase a través do procedemento de selección de concurso de méritos conforme ó preceptuado na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réximen local, Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réximen local, Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que debe axustarse o procedimento de selección dos funcionarios de Administración Local, Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, Decreto 95/1991, do 20 de marzo, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal ó servizo da comunidade autónoma de Galicia, e supletoriamente Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado e demais lexislación concordante e de aplicación.
Asemade Orde de 8 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e búsqueda de emprego, e Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico da Función Pública.
2.–CARACTERÍSTICAS DA PRAZA.
1.–Número de prazas: unha (1). Dado o feito de que unicamente se convoca unha praza non é de aplicación a reserva a minusválidos contemplada na disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.
2.–Clase: persoal laboral temporal.
3.–Nivel de titulación: Titulación académica media.
4.–Denoninación do posto: Orientador ou orientadora laboral.
5.–Funcións: Asesoramento e orientación profesional especializada, captación de ofertas laborais, búsqueda de emprego e inserción laboral, tratamento da demanda de emprego, renovación e modificación do currículo dos demandantes de emprego.
3.–CARACTERÍSTICAS E DURACIÓN DO CONTRATO LABORAL.
O contrato laboral que se asine co seleccionado ou seleccionada revestirá a modalidade de “Contrato para obra ou servizo determinados” previsto no artigo 15.1.a. do Real decreto lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores e no artigo 2 do Real decreto 2720/1998, de 18 de diciembre, e estará vinculado á financiación do servizo por parte da Xunta de Galicia, de tal xeito que o contrato declararase extinguido no suposto de que o Concello de Noia deixe de prestar este servizo por calquera motivo incluído a falla de financiación externa do mesmo.
4.–REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para tomar parte no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias‑solicitudes:
1.–Ser español ou española ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de apliciación a libre circulación de traballadores ou demais extranxeiros ou extranxeiras residentes legalmente en territorio español de acordo ó establecido no artigo 10 da Lei orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro.
2.–Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter alcanzado a edade de xubilación forzosa.
3.–Estar en posesión do Título de diplomado/a.
4.–Non padecer enfermidade nin defecto fisico que impida o normal desenvolvemento das funcións habituais do posto ó que se aspira.
5.–Non ter sido separado ou separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin estar inhabilitado ou inhabilitada para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
6.–Non estar afectado ou afectada por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.
5.–PUBLICIDADE.
As presentes bases e a convocatoria do procedimento selectivo, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello e o anuncio da convocatoria ademais no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior implantación da Comarca de Noia.
6.‑ SOLICITUDES.
As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo deberán realizarse seguindo o modelo que figura como ANEXO 1 ás presentes bases e incluirá a manifestación de que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria.
Os ou as aspirantes con algunha minusvalía deberán indicalo na súa solicitude e, de ser o caso, solicitarán as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización das probas de ser necesario.
As instancias dirixiranse ó Alcalde do Concello de Noia e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, situado en R/ Rosalia de Castro, número 2, 15200, Noia, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do último anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.
A instancia irá inescusablemente acompañada da seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada:
c) Documento nacional de identidade, ou resgardo do mesmo, pasaporte ou carné de conducir. No suposto de nacionais doutros estados pasaporte ou documento válido de viaxe que acredite a súa identidade e o visado correspondente, de ser este esixible, e no seu caso o permiso de residencia en vigor.
d) De selo caso certificación da condición de discapacitado e grao de minusvalía.
e) Relación dos méritos que se aleguen seguindo a orde que se recolle no modelo de instancia.
f) Documentación acreditativa dos méritos alegados para a fase de concurso de acordo ó previsto na base 9.
7.‑ ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Expirado o prazo de presentación de instancias o alcalde dictará Resolución no prazo máximo de dez (10) días naturais, pola que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos con indicación, se é o caso, dos motivos de exclusión. Esta resolución será publicada no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e no Boletín Oficial da Provincia e dentro dos dez (10) días hábiles seguintes ó desta última publicación poderanse subsanar os posibles defectos ou omisións na documentación presentada de acordo co amigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro. De non existir aspirantes excluídos, o alcalde elevará a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
Si os houbese e unha vez rematado o prazo de subsanacións a Alcaldía aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos que será publicada igualmente no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.
Nesta última publicación incluirase ademais a composición nominal do Tribunal de Selección (titulares e suplentes) ós efectos das posibles recusacións. A publicación dos sucesivos anuncios efectuarase no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.
8.-TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
O tribunal encargado da calificación das probas e da supervisión do proceso designarase conforme ó estipulado no artigo 4.e. e f. do Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que debe axustarse o procedimento de selección dos funcionarios de Administración Local e a súa composición farase pública consonte co establecido na base anterior. Neste caso non figurará entre os vocais do Tribunal un membro da Comunidade Autonóma dado que a labor municipal é de preselección, sendo a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia a quen corresponde facer unha análise e valoración dos candidatos preseleccionados e dos currículos remitidos dende o Concello.
Estará composto polos seguintes membros:
a) Presidente: Funcionario ou funcionaria da corporación. Suplente: Funcionario ou funcionaria da corporación.
b) Secretario: a Secretaria da Corporación. Suplente: funcionario ou funcionaria da corporación.
c) Vocais:
d) Dous a proposta do Comité de Empresa do Concello (titular e suplente).
e) O técnico local de emprego. Suplente: O Axente de desenvolvemento local.
Tódolos e tódolas vocais deberán posuir a titulación ou especialización igual ou superior ás esixidas para o acceso á praza convocada.
O Presidente ou a Presidenta do Tribunal poderá dispoñer a incorporación ó Tribunal doutros ou doutras asesores especialistas para as probas que consideren pertinentes, limitándose estas ou estos asesores a prestar a súa colaboración nas Búas especialidades técnicas e actuando con voz pero sen voto.
Os e as membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, ou tivesen realizado tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores ápublicación da convocatoria. O presidente poderá esixir dos membros do tribunal declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias establecidas no citado artigo 28 da Lei 30/1992. Así mesmo, os e as aspirantes poderán recusar ós e ás membros do tribunal cando concorran as devanditas circunstancias, segundo o disposto no artigo 29 da mesma Lei.
O Tribunal non se poderá constituir nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, e resultando, en todo caso, imprescindible a asistencia do ou da Presidente e do Secretario ou da Secretaria.
O Tribunal adoptará as medidas precisas, naqueles casos nos que resulte necesario, para que os ou as aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións ás do resto dos aspirantes.
As decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros asistentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do Presidente.
Os vocais do Tribunal, titulares e suplentes, que actúen nestas probas percibirán as gratificacións correspondentes segundo o Real Decreto 462/2002, de 24 de malo.
9.- VALORACIÓN DOS MÉRITOS.
Publicada a lista definitiva de aspirantes admitidos e admitidas, o Tribunal, no prazo máximo dun mes, reunirase en sesión non pública a efectos de valorar os méritos alegados e debidamente acreditados. Segundo o disposto na Orde de 8 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e búsqueda de emprego, o Concello realizará unha preselección de candidatos, remitindo á Dirección Xeral de Formación e Colocación ou delegación provincial correspondente os curriculum vitae das persoas preseleccionadas, procedendo os técnicos da Consellería de Traballo ó exame dos currículos segundo os criterios e o baremo previsto na devandita Orde (artigo 11).
Os aspirantes deberán estar en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data expiración do prazo concedido para a presentación de instancias‑solicitudes. Serán requisit imprescindibles estar en posesión da titulación media así como acadar unha puntuació mínima total en currículum de cinco (5) puntos.
A puntuación máxima total do concurso establécese en dez (10) puntos e será o resultado de sumar os méritos que se enumeran no parágrafo seguinte cos límites que se sinalan para cada un deles:
1 Titulación académica: máximo 2,5 puntos.
A1) Titulacións preferentes:
‑ Psicoloxía (2,5 puntos).
‑ Pedagoxía (2,5 puntos).
‑ Psicopedagoxía (2,5 puntos).
‑ Socioloxía (2,0 puntos).
‑ Educación Social (2,0 puntos).
‑ Traballo social (2,0 puntos).
A2) Outra titulación media: 1 punto.
Acreditarase mediante orixinal ou copia compulsada do título universitario.
2 Formación complementaria: máximo 2 puntos.
Masters, cursos ... etc, ... en materias relacionadas con: análise ocupacional, mercado de traballo, formación ocupacional, itinerarios formativos, técnicas de búsqueda de emprego, técnicas de entrevista, orientación laboral, aplicación e valoración de probas psicotécnicas, técnicas de comunicación e motivación, adestramento en habilidades sociais, relacións laborais, traballo e dinámica de grupo, resolución de conflictos, etc...
Puntuación: 0,1 puntos por cada 30 horas formativas.
Acreditaranse mediante orixinal ou copia compulsada do diploma no que debe constar a duración do curso en horas e como mínimo o título do mesmo e a correspondente homologación de selo caso, ou ben certificación expedida polo organismo que o impartiu no que se fagan constar os mesmos datos.
3 Experiencia profesional. Máximo 5 puntos.
C1) Por cada período de seis meses realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado: orientador laboral/profesional, titoría laborais con persoas adultas, inserción laboral: 0,2 puntos por cada mes.
C2) Por cada período de seis meses realizando tarefas relacionadas indirectamente relacionadas co posto ofertado: 0,05 puntos por cada mes (máximo 2 puntos neste epígrafe)
En ambos casos non se computarán servizos prestados por tempo inferior a seis meses.
A experiencia profesional deberá acreditarse a través de certificación oficial de vida laboral actualizada máis copia do contrato ou certificado de empresa no que consten as tarefas realizadas, e IAE (alta e actualización) no caso de traballadores autónomos. Cando se trate de colaboracións, bolsas, titorías, docencia, educación social ou servizos sociais, estos deberán acreditarse mediante certificación de organismos oficiais.
4 Outros méritos: máximo 0,5 puntos
D1) Título de iniciación á lingua galega: 0,15 puntos.
D2) Título de perfeccionamento da lingua galega: 0,25 puntos.
D3) Coñecemento de informática: 0,25 puntos.
No caso de que o candidato ou candidata posúa os títulos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega, só se valorará o de perfeccionamento. Acreditarase mediante orixinal ou copia compulsada dos mesmos.
10.‑ RESULTADO DA VALORACIÓN DOS MÉRITOS.
Rematada a valoración dos méritos alegados polos aspirantes, o Tribunal cualificador realizará unha proposta dos aspirantes preseleccionados. En consecuencia, o Tribunal determinará os ou as aspirantes que teñan superado o concurso coas maiores puntuacións, formulando á Dirección Xeral de Formación e Colocación a correspondente proposta de candidato ou candidata achegando os correspondentes currículos, ós efectos de que os técnicos da Consellería de Traballo procedan a examinar e valorar os currículos segundo o baremo previsto no artigo 11 da Orde de 8 de marzo de 2007.
A acta de selección asinarase conxuntamente entre a Consellería de Traballo e o Concello, e unha vez asinada ésta o concello procederá á contratación do persoal seleccionado.
11.‑ DOCUMENTACION.
O ou a aspirante proposto deberá presentar dentro do prazo de vinte (20) días naturais, a contar desde o día seguinte a aquel en que se faga pública no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello, a lista final de puntuacións coa proposta de candidato e candidato, orixinal ou copia compulsada dos documentos acreditativos de reunir todos e cada un dos requisitos que segundo a base terceira desta convocatoria se esixen para tomar parte no concurso, esto é:
a) Título de diplomado/a.
b) Declaración de non ter sido separado ou separada mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública nin estar inhabilitado ou inhabilitada para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
c) Declaración de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade do persoal ó servicio das administracións públicas conforme coa lexislación vixente e referida ó momento da súa toma de posesión.
d) Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da funcións habituais atribuídas á praza convocada.
Si dentro deste prazo o ou a aspirante proposto ou proposta non presenta a súa documentación ou non reúne os requisitos esixidos quedarán anuladas tódalas súas actuacións sen perxuízo das responsabilidades nas que poidera incorrer por falsidade na instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo, e a proposta entenderase realizada a favor do seguinte na relación de suplentes formulada polo Tribunal de Selección.
12.‑ RESOLUCIÓN.
Formulada a prosposta polo Tribunal e remitida á Consellería de Traballo e unha vez asinada a acta de selección, tra‑la resolución do órgano competente, procederase á formalización do correspondente contrato laboral no prazo máximo de cinco (5) días naturais. Extracto desta resolución coa indicación do ou da aspirante seleccionado ou seleccionada será obxecto de publicación no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.
En tanto non se formalice o contrato e non se incorpore ó traballo, o seleccionado ou a seleccionada non terá dereito a prestación económica algunha.
13.- NORMA FINAL.
Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas, así coma as actuacións do Tribunal, poderán ser impugnadas polos interesados ou polas interesadas nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Lei da xurisdicción contencioso‑administrativa.
O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que poidan presentarse e adoptar as resolucións, criterios e medidas necesarias para a boa orde da oposición naqueles aspectos previstos ou non, nestas bases, sendo en todo caso aplicable para o non previsto nas presentes bases a normativa recollida na base 1.
Noia, 8 de agosto de 2007.
A concelleira de persoal,

Asdo.: Alicia Pombo Alcalde

+ + Modelo de instancia  

 
< Anterior   Siguiente >