Bases e convocatoria pública para a elección de xuíz de paz titular do Concello de Culleredo
Estando vacante a praza de xuíz de paz titular do Xulgado de Paz deste municipio e tendo en conta o acordado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de oficiar a este Concello para que se inicie novo procedemento ao efecto, efectúase convocatoria pública co fin de que as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude, durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta Convocatoria no BOP. A convocatoria publicarase igualmente, mediante bando da Alcaldía e edicto no taboleiro de anuncios do Concello.
1.–CONDICIÓNS LEGAIS DO SOLICITANTE:
Para poder concorrer precísanse os seguintes requisitos:
a) Ser español
b) Ser maior de idade.
c) Non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade, incompatibilidade ou prohibicións recollidas na Lei orgánica do poder xudicial, concretamente nos seus artigos 303 e 389 e ss.
2.–INCAPACIDADES.
Están incapacitados os impedidos física ou psiquicamente para a función xudicial, os condenados por delito doloso mentres non obtiveran a rehabilitación, os procesados ou inculpados por delito doloso en tanto non sexan absoltos ou se dicte auto de sobreseimento, e os que non estean en pleno exercicio dos seus dereitos civís.
3.–DOCUMENTOS QUE SE ACHEGARÁN COA SOLICITUDE.
Os interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación de nacemento ou fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.
b) Declaración responsable na que se faga constar o seguinte:
• Que é español, maior de idade e non se atopa impedido física ou psiquicamente para a función xudicial.
• Que non foi condenado por delito doloso ou, no seu caso, que se conqueriu a rehabilitación.
• Que non se atopa procesado ou inculpado por delito doloso
• Que se atopa en pleno exercicio dos seus dereitos civís.
c) Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
4.–PROCEDEMENTO.
Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, o Pleno do Concello, co voto favorable da maioría absoluta dos membros da Corporación, procederá á elección de xuíz de paz titular entre as persoas que, solicitándoo, reúnan as condicións legalmente establecidas.
O acordo do Concello será remitido ao xuíz de Primeira Instancia e Instrucción do partido xudicial que o elevará á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O nomeamento do xuíz de paz titular será efectuado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por un período de catro anos.
Culleredo, 16 de maio de 2008
O ALCALDE
Asdo: Julio Sacristán de Diego.
Culleredo, 24 de abril de 2006
O ALCALDE
Asdo: Julio Sacristán de Diego