Inicio arrow Noticias arrow A Coruña arrow Concello de Cee

Chatito

Latest Message: 3 days, 23 hours ago
  • [Invit.]JA : Hola Nano & Co.
  • [Invit.]ague : xa, tes cada cousa ...
  • [Invit.]JA : Este pequeno xa parese un juerfaniño...
  • [Invit.]ague : bos días pai!! Faille a maleta ao pequeno que á noite vouno buscar
  • [Invit.]Inv._6856 : gracias agueda de boiro
  • [Invit.]Inv._6856 : Tienes muchos contenidos interesantes.
  • [Invit.]ague : boas tardes pai, cómo che vai ca chuvia?
  • [Invit.]ague : boas pai!! Cómo lle foi ó pequecho??
  • [Invit.]JA : Hola!. Que tal durmeu ese pequecho?
  • [Invit.]JA : Oxe toca doazón de sangue.
Sound:
 
Concello de Cee Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
escrito por Administrator   
Boletín Nº 140. Jueves, 19 de junio de 2008
Bases específicas para a contratación temporal de persoal da Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Mediante resolución da alcaldía de data 20 de maio de 2008 aprobáronse as bases específicas para a contratación temporal dun traballador a tempo parcial para o servizo denominado “persoal da oficina municipal de información ao consumidor” deste Concello, cuxo texto íntegro se inserta de seguido:
BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL DA OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR
I.–Obxecto da convocatoria.
A contratación temporal mediante a modalidade contractual de contrato de duración determinada, a tempo parcial e cunha duración ata o 31 de decembro, dun traballador para obra ou servizo denominada “Persoal da Oficina Municipal de Información ao Consumidor”.
II.–Concepto.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, OMIC, ofrece un servizo directo e gratuito de información e orientación aos consumidores e usuarios sobre aspectos relativos aos dereitos básicos do consumidor, a través do cal todos os cidadáns poden solicitar información sobre os problemas que poidan afectarlles como consumidores.
III.–Servizos.
Os servizos que a OMIC ofrece son:
• Atención personalizada de consultas.
• Información e orientación sobre consumo.
• Análisis e tramitación de denuncias, queixas e reclamacións.
• Mediación entre as partes para a resolución de determinadas cuestións.
• Campañas de información e orientación aos consumidores.
• Edición de material informativo aos consumidores.
• Organización e desenvolvemento de cursos de formación a consumidores.
IV.–Funcións do posto de traballo.
As prestacións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor serán de carácter informativo, orientativo e educativo.
a) Informar e orientar aos consumidores sobre o exercicio dos seus dereitos.
b) Recibir denuncias e reclamacións dos consumidores.
c) Educación e formación en materia de consumo.
V.–Prazo de presentación de solicitudes.
As instancias dirixiranse ó Alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas, situado en rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación das bases no BOP.
VI. –Requisitos.
a) Ser maior de 16 anos.
b) Estar en posesión do título de Graduado Escolar ou similar.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo
d) Que non fora separado mediante expediente disciplinario, do Servizo da Administración
e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na lei 53/84 de 26 de decembro do persoal ó servizo das Administracións Públicas.
VII.–Documentación.
Os aspirantes ó posto deberán aportar, xunto coa solicitude en modelo normalizado, o currículum vitae acompañado de copias compulsadas dos méritos, así como declaración xurada en como non teñen incompatibilidades, que os datos aportados son certos e que se someten ao establecido nas bases.
VIII.–Baremo aplicable.
Será de aplicación o baremo contemplado nas bases xerais de contratación de persoal laboral temporal para prazas de persoal de Obras e Servizos.
– Valoración do currículum vitae ata un máximo de 4 puntos.
– Proba oral ou escrita ou práctica ata un máximo de 6 puntos. O tribunal si ten dubida no currículum dalgún aspirante podrá realizar unha entrevista curricular para solventar dita dúbida. No suposto de empate entre aspirantes se resolverá por orden alfabético do primeiro apelido empezando na letra A.
A puntuación máxima a obter en tódolos apartados será de 10 puntos.
IX.–Publicidade e desenvolvemento das probas.
As presentes bases, son específicas para esta praza e complementan ó reflexado nas bases xerais, unha vez aprobadas pola Alcaldía-Presidencia e expirado o prazo de presentación de instancias o alcalde dictará Resolución no prazo máximo de dez(10) días hábiles, pola que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos con indicación, se é o caso, dos motivos de exclusión. Esta resolución será publicada no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e dentro dos dez (10) días hábiles seguintes ó desta última publicación poderanse subsanar os posibles defectos ou omisións na documentación presentada de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro. De non existir aspirantes excluídos, o alcalde elevará a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
Se os houbese e unha vez rematado o prazo de subsanacións a Alcaldía aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos que será publicada igualmente no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
Nesta última publicación incluirase ademais a composición nominal do Tribunal de Selección (titulares e suplentes) ós efectos das posibles recusacións.
A publicación dos sucesivos anuncios efectuarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
En Cee, a 13 de xuño de 2008.
Asdo. Don Ramón Vigo Sambade
 
< Anterior   Siguiente >