Boletín Nº 140. Jueves, 19 de junio de 2008
Bases da convocatoria pública para a elección de xuíz de paz substituto
Estando vacante a praza do xuíz de paz substituto do Xulgado de Paz deste municipio e tendo en conta o acordado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de oficiar a este Concello para que se inicie novo expediente ao efecto, efectúase convocatoria pública, co fin de que as persoas interesadas poidan presenta-las instancias, no Rexistro do Concello de Rianxo, durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña. A convocatoria publicarase igualmente mediante edictos, no taboleiro de anuncios do Concello, no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, no propio Xulgado de Paz e nun dos diarios de maior circulación da Provincia.
1.–CONDICIÓNS LEGAIS DO SOLICITANTE.
Para poder concorrer precísanse os seguintes requisitos:
a) Ser español.
b) Ser maior de idade.
c) Non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade, incompatibilidade ou prohibicións recollidas na Lei Orgánica do Poder Xudicial, concretamente nos seus artigos 303 e 389 e ss.
2.–INCAPACIDADES.
Están incapacitados os impedidos física ou psíquicamente para a función xudicial, os condenados por delito doloso mentres non obtiveran a rehabilitación, os procesados ou inculpados por delito doloso en tanto non sexan absoltos ou se dicte auto de sobreseimento, e os que non estean en pleno exercicio dos seus dereitos civís.
3.–DOCUMENTOS QUE SE ACHEGARÁN COA SOLICITUDE.
Os interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificado de nacemento ou fotocopia autentificada do documento nacional de identidade.
b) Declaración responsable na que se faga constar os seguintes extremos:
– Que é éspañol, maior de idade e non se atopa impedido física ou psíquicamente para a función xudicial.
– Que non foi condenado por delito doloso ou, no seu caso, que se conqueriu a rehabilitación.
– Que non se atopa procesado ou inculpado por delito doloso.
– Que se atopa en pleno exercicio dos seus dereitos civís.
c) Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
4.–PROCEDEMENTO.
Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, polo Pleno do Concello procederase á elección de xuíz de paz substituto entre as persoas que, solicitándoo, reúnan as condicións legalmente establecidas.
O acordo adoptarase co voto favorable da maioría absoluta dos membros da Corporación.
De non presentar solicitudes, o Pleno do Concello elixirá libremente.
O acordo do Concello será remitido ao xuíz de primeira instancia e instrucción do partido, que o elevará á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O nomeamento do xuíz de paz substituto será efectuado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por un período de catro anos.
Rianxo, a 4 de xuño de 2008.
O ALCALDE-PRESIDENTE
Asdo. D. Pedro Piñeiro Hermida