Inicio arrow Noticias arrow A Coruña arrow Concello de Sobrado dos Monxes

Chatito

Latest Message: 3 days, 23 hours ago
  • [Invit.]JA : Hola Nano & Co.
  • [Invit.]ague : xa, tes cada cousa ...
  • [Invit.]JA : Este pequeno xa parese un juerfaniño...
  • [Invit.]ague : bos días pai!! Faille a maleta ao pequeno que á noite vouno buscar
  • [Invit.]Inv._6856 : gracias agueda de boiro
  • [Invit.]Inv._6856 : Tienes muchos contenidos interesantes.
  • [Invit.]ague : boas tardes pai, cómo che vai ca chuvia?
  • [Invit.]ague : boas pai!! Cómo lle foi ó pequecho??
  • [Invit.]JA : Hola!. Que tal durmeu ese pequecho?
  • [Invit.]JA : Oxe toca doazón de sangue.
Sound:
 
Concello de Sobrado dos Monxes Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
escrito por Administrator   
Boletín Nº 141. Viernes, 20 de junio de 2008
Persoal
A Xunta de Goberno Local, por acordo de data 5 de xuño de 2008 aprobou as bases que rexerán a convocatoria do concurso de méritos para prover unha praza de persoal laboral temporal de Educador/a social do Concello de Sobrado.
O texto íntegro das bases aprobadas, insértase a continuación:
BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DE MÉRITOS PARA PROVER UNHA PRAZA DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO DE EDUCADOR/A SOCIAL DO CONCELLO DE SOBRADO
1.–Obxecto da convocatoria.
É obxecto da presente convocatoria a provisión dunha praza de persoal laboral temporal, a tempo completo, de Educador/a social do Concello de Sobrado.
A selección do candidato/a máis idóneo/a realizarase a través do procedemento de selección de concurso de méritos, segundo as seguintes disposicións:
– Ley 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
– Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime local.
– Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de funcionarios de Administración Local.
– Ley 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
– Decreto 95/1991, do 23 de marzo, polo que se proba o Regulamento de selección do persoal da administeración da Comunidade Autónoma de Galicia, e supletoriamente, o Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ó Servizo da Administración do Estado.
– Ley 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e demais lexislación concordante de aplicación.
2.–Publicidade.
As presentes bases publicaranse na súa integridade no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios da Casa do Concello e, en extracto, no Diario Oficial de Galicia.
3.–Características da praza.
a) Número de prazas: unha.
b) Clase: persoal laboral temporal.
c) Nivel de titulación: Diplomatura universitaria.
d) Denominación do posto: educador/a social.
e) Funcións: as propias dun educador/a social nos servizos sociais de atención primaria, e en especial: Levar a cabo intervencións socioeducativas con familias e/ou menores en situación de vulnaravilidade, risco ou exclusión social. Desenvolver actividades cunha finalidade educativa, cultural, lúdica... destinadas a distintos sectores de poboación (3º idade, xuventude, muller, educación de adultos...). Xerar e fomentar dinámicas socioducativas. Atención a persoas afectadas por situacións de dependencia e promoción da súa autonomía persoal. Levar a cabo programas de coordinación entre os servizos sociais de atención primaria o centro escolar e outros recursos.
4.–Características e duración do contrato laboral.
O contrato laboral que se asine co seleccionado/a revestirá a modalidade de “Contrato para obra ou servizo determinado” previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, e estará vinculado á financiación do servizo por parte da Xunta de Galiza, de tal xeito que o contrato declararase extinguido no suposto de que o Concello de Sobrado deixe de prestar este servizo por calquera motivo incluído a falla de financiación externa do mesmo.
5.–Requisitos dos aspirantes.
Para ser admitidos ao concurso, será necesario reunir os seguintes requisitos na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias-solicitudes:
a) Ser español ou española ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores ou demais extranxeiros ou extranxeiras residentes legalmente en territorio español de acordo ó estalecido no artigo 10 da Ley orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro.
b) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do Título de Diplomado/a en educación social ou titulación equivalente.
d) Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións habituais do posto ó que se aspira.
Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administración púbicas, nin estar inhabilitado ou inhabiiltada para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
Non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos la lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.
6.–Solicitudes.
Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante solicitude dirixida ao alcalde-presidente do Concello seguindo o modelo que figura como anexo as presentes bases, directamente ou a través dos procedementos previstos no art. 38.4 da Ley 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A instancia irá inexcusablemente acompañada da seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada:
a) Documento nacional de identidade, ou resgardo do mesmo, pasaporte ou carné de conducir. No suposto de nacionais doutros estados pasaporte ou documento válido de viaxe que acredite a súa identidade e o visado correspondente, de ser este esixible, e no seu caso o permiso de residencia en vigor.
b) Relación dos méritos que se aleguen seguindo a orde que se recolle no modelo de instancia.
c) Documentación acreditativa de todos e cada un dos méritos alegados que sexan puntuables de acordo ó previsto na base 9.
O prazo de presentación de solicitudes é o de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do estracto do anuncio da convocatoria no DOGA.
7.–Admisión de aspirantes.
Rematado o prazo de presentación de instancias o alcalde dictará Resolución no prazo máximo de dez (10) días hábiles, pola que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos con indicación, se é o caso, dos motivos de esclusión. Esta resolución será publicada no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e no Boletín Oficial da Provincia e dentro dos dez (10) días hábiles seguintes ó desta última publicación poderanse subsanar os posibles defectos ou omisións na documentación presentada de acordo co artigo 71 da Ley 30/1992, de 26 de novembro. De non existir aspirantes excluídos, o alcalde elevará a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
Se os houbese e unha vez rematado o prazo de subsanación a Alcaldía aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos que será publicada igualmente no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.
Nesta última publicación incluirase ademais a composición nominal do tribunal de Selección (titulares e suplentes) ós efectos das posibles recusacións.
A publicación dos sucesivos anuncios efectuarase no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.
8.–Tribunal de selección.
– Presidente: A Secretaria da Corporación. Suplente: Funcionario de habilitación estatal.
– Secretario: Funcionario pertencente a Administración Local. (Titular e suplente).
– Vocales:
• Traballadora Social pertencente a Administración Local. (Titular e suplente).
• Educadora familiar pertencente a Administración Local (titular e suplente).
• Funcionario de habilitación estatal (titular e suplente).
Tódolos e tódalas vocais deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior ás esixidas para o acceso á praza convocada.
Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Ley 30/1992,ou tivesen realizado tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria. Os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorran as ditas circunstancias.
O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente, e resultando, en todo caso, imprescindible a asistencia do Presidente e do Secretario.
As decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros asistentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do Presidente.
A designación nominal dos membros do tribunal se fará no Taboleiro de anuncios do Concello, ao remate do prazo de presentación de instancias.
9. Valoración de méritos.
Publicada a lista definitiva de aspirantes admitidos, o tribunal, no prazo máximo de oito días, reunirase en sesión non pública a efectos de valorar os méritos alegados e debidamente acreditados. O resultado da valoración farase público, mediante a súa exposición no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello.
A puntuación máxima total do concurso establécese en 17 puntos e será o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos parágrafos seguintes cos límites que se sinalan para cada un deles:
A) Experiencia profesional: máximo 5 puntos.
A.1. Por servizos prestados en postos de traballo de educador/a social, 1 punto por cada semestre completo de servizos.
A.2. Por servizos prestados na Administración Local relacionados co posto de traballo a desenvolver, 0,5 puntos por cada seis meses completos de servizos.
A.3. Por intervir en calidade de docente en cursos, seminarios, xornadas e congresos relacionados coas funcións propias dun educador social, 1 punto por cada un deles.
Acreditarase mediante certificación expedida pola administración correspondente na que se faga constar a duración dos servizos, escala, subescala, grupo, categoría e nome do posto de traballo, e no seu caso as tarefas desenvoltas, ou ben mediante certificado de empresa. No suposto de contrato administrativo, civil ou mercantil de prestación de servizos acreditarase mediante copia compulsada do contrato e certificación da duración do mesmo e das tarefas realizadas.
B) Cursos de formación relacionados coa actividade que se vai desenvolver: máximo 5 puntos.
B.1. Por cada curso cunha duración entre 8 e 39 horas, 0,5 puntos.
B.2. Por cada curso cunha duración entre 40 e 100 horas, 0,75 puntos por cada curso.
B.3. Por cada curso cunha duración superior a 200 horas, 1 punto.
C) Outros cursos: máximo 2 puntos.
C.1. De informática: 1 punto
– De 20 a 30 horas: 0,25 cada curso.
– De máis de 30 horas: 0,5 cada curso.
C.2. Cursos de galego: só se computará o de maior nivel acreditado.
– Curso de iniciación: 0,50 puntos.
– Curso de perfeccionamento: 1 punto.
Acreditaranse mediante orixinal ou copia compulsada do diploma no que debe constar a duración do curso en horas e como mínimo o título do mesmo e a correspondente homologación de selo caso, ou ben certificación expedida polo organismo que o impartiu no que se faga constar os mesmos datos.
D) Entrevista persoal. Máximo 5 puntos.–Terá por obxecto aclarar ou definir máis polo miúdo os méritos alegados e poder determinar con máis exactitude si estos son adecuados ás características da praza convocada e quen se adapta mellor a estas características.
10. Resultado da valoración.
Rematada a valoración dos méritos alegadas e da entrevista persoal polos ou polas aspirantes, esta determinará a proposta do tribunal cualificador. En consecuencia, o tribunal determinará o ou a aspirante que teña superado o concurso coas maiores puntuacións, formulando ó alcalde a correspondente proposta de candidato ou candidata
para a formalización do correspondente contrato de traballo. O acordo do tribunal de selección valorando ós méritos e formulando a proposta de nomeamento farase pública no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
11. Documentación.
O ou a aspirante proposto/a deberá presentar dentro do prazo de quinde (15) días naturais, a contar desde o día seguinte a aquel en que se faga pública no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello, a lista final de puntuacións coa proposta do candidato/a, orixinal ou copia compulsada dlos documentos acreditativos de reunir todos e cda un dos requisitos que segundo a base quinta desta convocatoria se esixen para tomar parte no concurso, esto é:
Título de diplomado ou diplomada en educación social.
b) Declaración de non ter sido separado ou separada mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
c) Declaración de non estar incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade do persoal ó servicio das administracións públicas conforme coa lexislación vixente e referida ó momento da súa toma se posesión.
d) Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio das funcións habituais atribuídas á praza convocada.
12. Resolución.
Formulada a proposta polo tribunal e previa resolución do órgano competente, procederase á formalización do correspondente contrato laboral no prázo máximo de cinco (5) días naturais. Extracto desta resolución coa indicación do ou da aspirante seleccionado/a será obxecto de publicación no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.
13. Norma final.
Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas, así como as actuacións do tribunal, poderán ser impugnadas polos interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Ley de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na Ley da xurisdicción contencioso-administrativa.
O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que poidan presentarse e adoptar as resolucións, criterios e medidas necesarias para a boa orde do concurso naqueles aspectos previstos ou non, nestas bases, sendo en todo caso aplicable para o non previsto nas presentes bases a normativa recollida na base 1.
Sobrado, 11 de xuño de 2008
O ALCALDE,
Fdo.–Jacobo Fernández García
ANEXO (MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE MÉRITOS CONVOCADO POLO CONCELLO DE SOBRADO PARA PROVER UNHA PRAZA DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE EDUCADOR SOCIAL
APELIDOS E NOME:
DNI:
  
DATA DE NACEMENTO:
LUGAR DE NACEMENTO:
TELÉFONO:
   
DOMICILIO: (rúa, lugar, número, piso)
 
CÓDIGO POSTAL:
LOCALIDADE:
PROVINCIA:
 
Tendo coñecemento da convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral temporal de Educador/a social do Concello de Sobrado, que foi publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número ..., de data .../.../... e no Diario Oficial de Galicia número ..., de data .../.../...
1.º.–SOLICITA, tomar parte no devandito procedemento selectivo.
2.º.–DECLARA, seren certos os datos conisgnados nesta solicitude e que reúne todos e cada un dos requisitos necesarios para o ingreso na función pública e as sinaladas na correspondente convocatoria.
3.º.–ACHEGA:
– Copia compulsada do Documento nacional de identidade e no suposto de nacionais doutros estados pasaporte ou documento válido de viaxe que acredite a súa identidade e o visado correspondente, de ser este esixible, e no seu caso o permiso de residencia en vigor.
– Relación de méritos e documentación acreditativa dos mesmos:
A) Experiencia profesional.
B) Realización de cursos de formación e perfeccionamento.
..., ... de ... de 2008.
(sinatura)
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SOBRADO
 
< Anterior   Siguiente >