Boletín Nº 183. SÁbado, 9 de agosto de 2008
Bases de selección e provisión de posto de celador do colexio CPI
Aprobada a Oferta Pública de Emprego correspondente ó exercicio do ano 2008, por Resolución de Alcaldía con data 3 de xuño de 2008 e publicada no Boletín Oficial da Provincia n.º 142, con data do 21 de xuño de 2008 e no Diario Oficial de Galicia n.º 124, con data do 27 de xuño de 2008, coas seguintes características:
PERSOAL FUNCIONARIO: Grupo: E (según o art. 76 en relación coa DA 7ª do EBEP). Clasificación: Escala: Administración xeral; Subescala: Subalterno de administración xeral; Número de vacantes: Unha; Denominación: Celador/a CPI.
Por Resolución da Alcaldía de data 23 de xullo de 2008, aprobáronse as Bases reguladoras das probas selectivas para a provisión en propiedade da praza vacante arriba referenciada que se unen como anexo a este anuncio, así como a convocatoria de concurso-oposición para a súa provisión en propiedade.
ANEXO:
“BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN E PROVISIÓN EN PROPIEDADE, POLO PROCEDEMENTO DE CONCURSO-OPOSICIÓN, DO POSTO DE CELADOR/A DE COLEXIO INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE LOUSAME DE 2008.
PRIMEIRA. Obxecto do proceso selectivo e sistema de selección.
1.1.- E obxecto do presente proceso selectivo a cobertura en propiedade do posto de traballo vacante de funcionario de carreira “Celador/a do CPI” polo sistema de acceso libre, mediante o procedemento de concurso-oposición, segundo as seguintes disposicións:
-Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local.
-Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido de disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
-Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público
-Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño, sobre regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.
- Regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de marzo de 1991, e supletoriamente Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado.
1.2.- O referido posto inclúese na Oferta de Emprego Pública correspondente ó exercicio do ano 2008, aprobada por Resolución de Alcaldía con data 3 de xuño de 2008 e publicada no Boletín Oficial da Provincia n.º 142, con data do 21 de xuño de 2008 e no Diario Oficial de Galicia n.º 124, con data do 27 de xuño de 2008, coas seguintes características:
PERSOAL FUNCIONARIO: Grupo: E (según o art. 76 en relación coa DA 7ª do EBEP). Clasificación: Escala: Administración xeral; Subescala: Subalterno de administración xeral; Número de vacantes: Unha; Denominación: Celador/a CPI.
O corpo subalterno, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, é equivalente ás agrupacións profesionais ás que fai referencia a disposición adicional sétima do mesmo texto legal.
O posto referido está adscrito ó Colexio Público Integrado deste Concello e as tarefas que ten encomendadas son as seguintes, que se enumeran de forma orientativa e non exclusiva: As propias dun subalterno de administración xeral; Mensaxería interna e externa; Información ó público: alumnos, pais e tutores ou responsables dos alumnos; Atención de teléfono e fax; Apoio á dirección e profesorado do Centro; Vixilancia e custodia interna e externa do edificio escolar; Coidar do orde e atención e coidado de alumnos á chegada e saída do transporte escolar, nas súas entradas e saídas das aulas e durante os recreos; Conservación, coidado, mantemento e arranxos sinxelos no edificio e entorno do recinto escolar e servicios do mesmo, informando á dirección do Centro e ó alcalde de cantas irregularidades e anomalías ou desperfectos observe; Calqueroutra que por analoxía ou asimilación se poida encadrar nas funcións de celador e axuda ó funcionamento do C.P.I.
SEGUNDA. Condicións de Admisión de Aspirantes
2.1.- Para poder participar no proceso selectivo será necesario reunir os seguintes requisitos:
a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega ou da República de Islandia.
Tamén poderá participar o cónxuxe, descendentes e ascendentes de cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europa, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.
Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais asinados pola Comunidade Europea e ratificados por España.
En cumprimento do sinalado no artigo 1.3 da Lei 17/1993, de 23 de decembro, as bases específicas de cada convocatoria establecerán, se é o caso, que prazas quedan reservadas para aspirantes de nacionalidade española.
b) Ter cumpridos dezaseis anos de idade e que non se houbese acadado a idade para a xubilación forzosa.
c) Ter o título esixido ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. O título requirido será o certificado de escolaridade ou equivalente.
No caso de titulacións non expedidas en España estas deberán estar debidamente convalidadas polo Ministerio de Educación.
d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes. As persoas con minusvalidez deberán facelo constar na súa instancia, sinalando se precisan adaptación das probas. A condición de eivado acreditarase por certificación da Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
Os anteriores requisitos deberanse reunir con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de solicitudes e será nulo o nomeamento como funcionario de carreira dos aspirantes que estean incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.
2.2.- Persoas con discapacidade:
En cada convocatoria reservarase o 7% das vacantes ofertadas para serren cubertas por quen teña a condición legal de persoa con discapacidade de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988 do 26 de marzo. Cando a aplicación da citada porcentaxe sexa igual ou superior a 0,5 prazas de reserva computarase como unha praza a incluír en tal cota.
Non se reserva ningunha praza nesta convocatoria por non acadarse o mínimo necesario para isto de acordo co previsto no punto anterior.
TERCEIRA. Forma e prazo de presentación de instancias.
As solicitudes, requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases, dirixiranse ó Sr. alcalde-presidente do Concello de Lousame, e presentaranse no Rexistro de Entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992, no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
As correspondentes convocatorias, publicaranse no Boletín Oficial do Estado, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia de da Coruña. No anuncio da convocatoria figurará a referencia ó número e data do Boletín Oficial da Provincia no que, con anterioridade, se tivesen publicado integramente a convocatoria, bases e programa.
A solicitude deberá ir acompañada por:
— Fotocopia do DNI ou, no seu caso, pasaporte.
— Xustificante do pago de dereito de exame, que ascende á cantidade de 15,00 euros, e que deberá ingresarse mediante xiro ou transferencia, que só poderá ser devolto cando o aspirante non fose admitido ás probas.
— A titulación requirida para acceder á praza: fotocopia do certificado de escolaridade ou equivalente.
— Relación dos méritos que aleguen, e os documentos acreditativos ou fotocopias compulsadas de todos e cada un dos alegados que sexan puntuables.
CUARTA. Admisión de aspirantes.
Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará Resolución no prazo dun mes, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na dita Resolución, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello, sinalarase un prazo de dez días hábiles para emendar.
As alegacións presentadas serán resoltas no prazo de 30 días desde a finalización do prazo para presentación. Transcorrido dito prazo sen que ditase resolución algunha, as alegacións entenderanse desestimadas.
Transcorrido o prazo para emendar aprobarase a lista de aspirantes con carácter definitivo, publicándose o anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello. No mesmo anuncio farase constar o día, hora e lugar en que haberá de realizarse o primeiro exercicio de selección. O chamamento para posteriores exercicios farase mediante a publicación no taboleiro de edictos da Corporación. Igualmente a mesma resolución, farase constar a designación nominal do Tribunal.
O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoque.
Cando da documentación que debe presentarse no caso de superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación no procedemento.
QUINTA. Tribunal Cualificador
5.1.- O Tribunal cualificador do proceso selectivo designarase de conformidade co sinalado no artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.
5.2.- O Tribunal estará composto do seguinte xeito, e os seus membros serán determinados especificamente para este proceso selectivo, garantindo a composición eminentemente técnica deste órgano colexiado:
Presidente (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera administración pública.
Secretario (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera administración pública.
Vogais (en número de tres): Funcionario da administración autonómica, (titular e suplente), 2 Funcionarios ou persoal laboral fixo de calquera administración pública (titulares e suplentes).
5.3.- Todos os membros do Tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza ou prazas que se convoquen.
5.4.- O Tribunal non se poderá constituír, nin actuar sen a presencia, cando menos, da metade máis un dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do presidente e do Secretario ou dos que legalmente os substitúan.
5.5.- Os membros do Tribunal deberanse de abster de intervir, comunicándoo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 , de 26 de novembro, ou estivesen preparando aspirantes ás probas nos 5 anos anteriores á publicación desta convocatoria. Os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorran aquelas circunstancias.
5.6.- O Tribunal resolverá todas as dúbidas que xurdan na aplicación destas normas, así como nos casos non previstos nestas.
Tamén poderá dispor a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que xulgue oportuno, limitándose os asesores a prestar a colaboración nas súas especialidades técnicas.
5.7.- Para os efectos de asistencia, os compoñentes dos Tribunais que actúen nestas probas terán as categorías e serán retribuídos segundo establece o R. D. 462/2002, de 24 de maio.
SEXTA. Desenvolvemento dos exercicios.
6.1.- Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparezan, non sendo os casos debidamente xustificados libremente apreciados polo Tribunal.
Os aspirantes deben acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI, pasaporte ou carné de conducir. En calquera momento o Tribunal poderá requirir ós opositores para que acrediten a súa personalidade.
6.2.- A actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente levarase a cabo por orde alfabética segundo a primeira letra do apelido, comezando pola letra do sorteo para o ano 2008, publicado no Diario Oficial de Galicia do 5 de febreiro de 2008, ó que se refire o artigo 9 do Regulamento de Selección do persoal da Comunidade Autónoma de Galicia de 20 de marzo de 1991. De non contar con aspirantes cuxo primeiro apelido comece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación pola letra ou letras seguintes.
6.3.- Unha vez comezadas as probas selectivas non será obrigatoria a publicación da realización celebración dos sucesivos exercicios no Boletín Oficial da Provincia, sendo suficiente coa súa exposición no taboleiro de edictos do Concello.
6.4.- Entre o final dunha proba e o comezo da seguinte deberán transcorrer un mínimo de 48 horas, a non ser que todos os membros do Tribunal e os aspirantes que teñan que realizar a respectiva proba acepten expresamente a reducción deste prazo. O prazo máximo que transcorrerá entre proba e proba será de 45 días naturais.
6.5.- Os exercicios, tanto orais como escritos ou prácticos, realizaranse en lingua galega ou castelá, agás aqueles destinados a valorar o coñecemento dun idioma, que se realizarán no idioma indicado no exercicio.
SÉTIMA. Sistema de Selección e Cualificación dos exercicios.
O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición.
A) Fase de concurso:
A.1.- Esta fase, que será previa á de oposición, non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición. Será puntuada cun máximo de 10 puntos (puntuación que non supera o 45 % da puntuación máxima prevista na fase de oposición) e para elo avaliaranse os méritos aportados polos aspirantes de acordo co seguinte baremo:
a) Experiencia profesional, ata un máximo de 4 puntos
Polos servizos prestados na Administración Pública en calquera posto de traballo xa sexa como funcionario de carreira ou interino, como persoal laboral temporal ou indefinido: 0,10 puntos por mes completo traballado a xornada completa.
No caso de xornada parcial, computarase proporcionalmente ó tempo traballado.
b) Méritos académicos, ata un máximo de 4 puntos:
— Bacharel ou equivalente: 1 punto.
— Diplomado: 2,5 puntos.
— Estudios superiores: 4 puntos.
A estes efectos a titulación superior presupón a inferior polo que só se puntuará unha delas.
c) Cursos de formación e perfeccionamento ou aproveitamento, ata un máximo de 2 puntos:
c.1.- Ata un máximo de 1,90 puntos:
Pola participación en cada curso relacionado coa administración local e co contido da praza a que se aspira, impartido polo INAP, EGAP, Deputacións Provinciais, Universidades e Sindicatos ou calquera outro Centro Oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos pola Corporación,
— Cursos de 15 a 40 horas de duración: 0,20 puntos por cada un.
— Cursos de 41 a 100 horas de duración: 0,30 puntos por cada un.
— Cursos de 101 ou mais horas de duración: 0,40 puntos por cada un.
c.2.- Ata un máximo de 0,10 puntos:
Curso de perfeccionamento de galego ou titulación equivalente: 0,10 puntos.
O Tribunal non poderá estimar o que non fora alegado e probado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentaren a solicitude para admisión ás probas selectivas.
Non se concederá ningún prazo a maiores para achegar a documentación acreditativa dos méritos.
A.2.- Acreditación de méritos.
Apartado a)
Acreditaranse mediante unha certificación oficial dos servizos prestados expedida pola Administración Pública na que prestou servizos, estipulando o cómputo total de días, meses ou anos traballados e tipo de xornada.
Apartado b)
Acreditarase mediante unha fotocopia compulsada do título ou certificado correspondente.
Apartado c)
Acreditarase mediante unha fotocopia compulsada do título ou certificado correspondente. Só se valorarán aqueles no que quede acreditado o número de horas.
B) Fase de oposición.
A oposición constará de catro exercicios, sendo eliminatorios os tres primeiros, de modo que non poderán pasar ó seguinte exercicio os aspirantes que non alcanzaran a cualificación mínima establecida para cada un deles.
Primeira proba.
Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na realización dun test de cincuenta (50) preguntas, mais tres (3) de reserva, con respostas alternativas, no tempo máximo de unha hora sobre o contido do programa especificado na convocatoria. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo. Serán eliminados aqueles aspirantes que non os obteñan.
Correspóndelle ó Tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para acadar a puntuación mínima. Para eso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.
Segunda proba.
Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá en contestar por escrito, no prazo máximo de dúas horas, oito (8) preguntas sobre o contido do programa especificado no Anexo I da convocatoria. Valorarase neste exercicio a corrección das respostas e a capacidade de redacción e síntese. Este exercicio debe ser lido polos aspirantes diante do Tribunal na data que este determine podendo asistir os demais aspirantes.
O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, debendo acadar os aspirantes un mínimo de cinco puntos para superalo. Serán eliminados aqueles aspirantes que non o obteñan.
Terceira proba.
Obrigatoria e eliminatoria, de carácter práctico. Consistirá na resolución nun exercicio práctico de duración determinada. Estará dirixido a apreciar a capacidade dos aspirantes para levar a cabo as tarefas relacionadas co posto de traballo a que fai referencia o programa. Deberán demostrarse os coñecementos da materia recollida no temario para a resolución da cuestión formulada polo Tribunal.
O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo. Serán eliminados aqueles aspirantes que non o obteñan.
Cuarta proba.
Obrigatoria e eliminatoria, coñecemento de galego. Consistirá na traducción directa e/ou inversa de un ou varios textos, en castelán ou galego, facilitados polo Tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos. Este exercicio será cualificado de apto ou non apto.
Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o curso de iniciación ó galego ou estudos equivalentes.
As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse o mesmo día no que se acorden no Taboleiro de Edictos do Concello.
C) Cualificación final.
A cualificación definitiva do proceso selectivo será o resultado da suma das puntuacións outorgadas polo Tribunal en cada un dos exercicios que compoñen a fase de oposición ós que se outorguen puntuación e os puntos obtidos na fase de concurso.
O Tribunal proporá o nomeamento do aspirante que, na suma total das puntuacións asignadas na fase de oposición e concurso obtiveran a maior puntuación.
O Tribunal non poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.
OITAVA. Relación de aprobados.
Rematada a cualificación dos aspirantes, o Tribunal publicará no Taboleiro de Anuncios do Concello a relación de aprobados por orde de puntuación. Dado que en ningún caso o número de aspirantes aprobados pode exceder o número de prazas convocadas, a relación de aprobados confeccionarase co aspirante que, superados tódolos exercicios obrigatorios, obteña a maior puntuación.
O Tribunal elevará dita relación coa súa proposta ó alcalde da Corporación, a quen lle compete o nomeamento correspondente.
NOVENA. Presentación de Documentos.
9.1.- No prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ó da publicación das listas de aspirantes aprobados, estes deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello, os seguintes documentos:
a) Fotocopia compulsada do DNI
b) Fotocopia compulsada do título académico esixido (se non se tivera presentado xa coa solicitude), ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición. Se estes documentos estivesen expedidos despois da data de remate do prazo de presentación das solicitudes de admisión ás probas selectivas, deberán xustificar debidamente o momento de remate dos estudios correspondentes.
c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
d) Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade, de conformidade coa lexislación vixente e referida ó momento da súa toma de posesión.
e) Certificación médica oficial acreditativa de non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que imposibilite o normal exercicio da súa función.
9.2.- Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, presentando neste caso, certificación da Administración Pública da que dependan que acredite esta condición.
9.3.- Os que dentro do prazo sinalado, agás os casos de forza maior, non presenten a súa documentación ou non reúnan os requisitos esixidos, non poderán seren nomeados, quedando anuladas tódalas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia solicitando participar no proceso selectivo.
NOVENA. Nomeamento.
O alcalde deberá nomear funcionario ó aspirante proposto, no prazo dun mes a contar desde a terminación dos vinte días anteriores, que deberá tomar posesión no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da notificación do dito nomeamento.
O nomeamento mencionado publicarase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e no Boletín Oficial do Estado.
A condición de funcionario de carreira adquírese polo cumprimento sucesivo dos seguintes requisitos:
a) Superación do proceso selectivo.
b) Nomeamento polo órgano ou autoridade competente, que será publicado no Diario Oficial correspondente.
c) Acto de acatamento da Constitución e, no seu caso, do Estatuto de Autonomía correspondente e do resto do Ordenamento Xurídico.
d) Toma de posesión dentro do prazo determinado
A efectos do disposto no apartado 1.b) anterior, non poderán ser funcionarios e quedarán sen efecto as actuacións relativas a quen non acrediten, unha vez superado o proceso selectivo, que reúnen os requisitos e condicións esixidos na convocatoria (artigo 62 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público).
DÉCIMA. Formación de Bolsas de Traballo.
Cos aspirantes que non obtendo praza houbesen superado algún exercicio do correspondente proceso selectivo formarase unha bolsa de traballo segundo o orde de puntuación obtida para nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais en postos de traballo de contido equivalente de acordo coas seguintes normas :
10.1.-Os chamamentos ós aspirantes.
Os chamamentos faranse polo medio máis urxente que permita ter a constancia da súa recepción.
Nos supostos nos que a necesidade de cobertura dun posto non fose previsible coa antelación suficiente ou polas circunstancias concorrentes no proceso de chamamentos debidamente acreditadas, fose necesario a súa cobertura de xeito urxente para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público, o chamamento poderá realizarse telefonicamente. Neste suposto, o funcionario que as realice fará constar mediante dilixencia a súa realización, e se tiveron ou non resposta.
10.2.-Suspensión dos chamamentos.
1. De oficio.
A aceptación dun chamamento suporá a suspensión dos chamamentos ata que cese o primeiro nomeamento.
2. Por solicitude do interesado.
Os integrantes da bolsa de traballo que non se atopen prestando servizos poderán solicitar a suspensión das citacións mediante solicitude para o efecto formulada.
A dita solicitude, que será irrenunciable, terá efectos suspensivos nas citacións. Os seus efectos produciranse desde o décimo día natural seguinte contado desde a presentación da solicitude de suspensión no rexistro do órgano competente. O tempo de duración desta, a elección do interesado, será de dous, seis ou doce meses computados desde a data de efectos da suspensión.
10.3.-Situación na Bolsa de Traballo.
1. Os integrantes da bolsa de traballo non perderán a orde de prelación que en cada momento lles corresponda, de tal maneira que se ou nomeamento para a que son chamados finaliza, retornarán ó posto que novamente lles corresponda na lista.
2. Os integrantes da Bolsa de Traballo que, sendo convocados para facer efectiva a contratación ou nomeamento segundo o disposto na base novena, non se presentaran ou renunciaran a esta, perderán os seus dereitos quedando excluídos da lista por un ano, debendo solicitar de novo a súa inscrición unha vez transcorrido o dito prazo.
A mesma consecuencia terá a renuncia á continuidade no desempeño dun posto de traballo.
10.4.- Nomeamentos e cesamentos.
Poderán conferirse nomeamentos interinos para o desempeño de postos de traballo que se encontren vacantes ou non vacantes. Neste último caso será causa suficiente a situación de ILT ou vacacións do seu titular.
Previo ó nomeamento deberá solicitarse informe de existencia de crédito á Intervención Municipal.
Unha vez comparecera o aspirante chamado segundo o orde da Bolsa de Traballo, o Sr. alcalde por Resolución procederá ó seu nomeamento para o desempeño do posto de traballo correspondente.
O cese producirase por Resolución da Alcaldía cando aconteza algunha das causas recollidas no artigo 5.2 da Lei de funcionarios civís do Estado (D 315/1964).
10.5.- Retribucións.
Os integrantes da bolsa de traballo ós que se lles confira nomeamento interino ou cos que se formalice contrato laboral temporal para o desempeño de posto de traballo percibirán as retribucións previstas no anexo de persoal do Orzamento do Concello de Lousame para o ano correspondente para o posto de traballo correspondente.
11.6.- Extinción da Bolsa de Traballo.
A bolsa de traballo formada como consecuencia do proceso selectivo que regulan estas bases extinguirase unha vez transcorridos dous anos a contar desde a data da publicación no BOP da Resolución da Alcaldía que a aprobe.
UNDÉCIMA. Impugnación.
As presentes bases e tódolos actos administrativos que dela deriven poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, o Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ó Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado e no que non estea reservado á lexislación do Estado será de aplicación o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.
ANEXO I. TEMARIO.
Tema 1. A Constitución Española de 1978: estructura e contido. Principios Xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.
Tema 2. A Coroa, sucesión e rexencia. As Cortes Xerais. A elaboración das leis. Os tratados internacionais.
Tema 3. O Goberno: A súa composición. As funcións do Goberno. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. O Poder xudicial.
Tema 4. Organización Territorial do Estado. A Administración Xeral do Estado. Os Estatutos de Autonomía.
Tema 5. A Administración Local: concepto e entidades que comprende. O réxime local español. Regulación xurídica.
Tema 6. O Concello: Organización e competencias. Obrigas mínimas. Elementos. O termo municipal. A poboación. O estatuto dos veciños. Órganos de goberno municipais de réxime común. O Concello de Lousame: Organización interna.
Tema 7. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito administrativo: especial referencia á lei e ós regulamentos. Os regulamentos, ordenanzas e bandos locais. O acto administrativo.
Tema 8. Réxime de sesións e acordos municipais. Actas, certificacións,. comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. Concepto e clases de documentos. O Rexistro de documentos. Os arquivos.
Tema 9. O procedemento administrativo. Información e participación cidadá. Dereitos do cidadá no seu trato co Concello. A atención á público.
Tema 10. O Persoal ó servizo da administración local. Dereitos e deberes dos funcionarios. Situacións administrativas. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.
Tema 11. Os centros escolares. Tipos. Competencias dos concellos en materia educativa.
Tema 12. Custodia de máquinas, mobiliario, instalacións e locais. O control de accesos. Apertura e peche de edificios e locais.
Tema 13. Distribución de documentos, obxectos e correspondencia. Traslado de material e mobiliario.
Tema 14. Manexo de máquinas reproductoras, encuadernadoras e outras análogas. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico.
Tema 15. Mantemento de edificios e instalacións. Nocións básicas sobre mantemento de instalacións eléctricas. Mantemento de instalacións de auga, gas e calefacción.
Tema 16. Xeografía, historia, demografía e patrimonio de Lousame.
ANEXO II (MODELO DE INSTANCIA)
D./Dª______________________________________________________________, con DNI n.º ________________, e domicilio a efectos de notificación en ____________________________
EXPÓN
PRIMEIRO. Que vista a convocatoria anunciada no Boletín Oficial do Estado n.º _____, con data __________, en relación coa convocatoria para a provisión en propiedade mediante o sistema de oposición dun posto de traballo de subalterno de administración xeral “Celador/a de C.P.I.”, conforme ás bases que se publican no Boletín Oficial da Provincia número _____, con data ___________________
SEGUNDO. Que reúne todas e cada unha das condicións esixidas nas bases referidas á data de expiración do prazo de presentación da instancia.
TERCEIRO. Que declara coñecer as Bases e convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de celador/a de colexio incluída na oferta de emprego público do Concello de Lousame de 2008.
CUARTO. Que adxunta o xustificante de pago dos dereitos de exame, fotocopia compulsada do DNI, fotocopia compulsada da titulación requirida para acceder á praza, relación dos méritos que alega e os documentos acreditativos ou fotocopias compulsadas de todos e cada un dos alegados.
Por todo elo,
SOLICITA
Que se admita esta solicitude para as probas de selección de funcionario referenciada.
_________________, _____ de ____________ de 20__.
O solicitante,
Asdo.: ___________”
Lousame, 24 de xullo de 2008.
Asdo.: José Santiago Freire Abeijón, alcalde.