Inicio arrow Noticias arrow A Coruña arrow Concello de Vimianzo

Chatito

Latest Message: 3 days, 23 hours ago
  • [Invit.]JA : Hola Nano & Co.
  • [Invit.]ague : xa, tes cada cousa ...
  • [Invit.]JA : Este pequeno xa parese un juerfaniño...
  • [Invit.]ague : bos días pai!! Faille a maleta ao pequeno que á noite vouno buscar
  • [Invit.]Inv._6856 : gracias agueda de boiro
  • [Invit.]Inv._6856 : Tienes muchos contenidos interesantes.
  • [Invit.]ague : boas tardes pai, cómo che vai ca chuvia?
  • [Invit.]ague : boas pai!! Cómo lle foi ó pequecho??
  • [Invit.]JA : Hola!. Que tal durmeu ese pequecho?
  • [Invit.]JA : Oxe toca doazón de sangue.
Sound:
 
Concello de Vimianzo Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
escrito por Administrator   
Boletín Nº 142. SÁbado, 21 de junio de 2008
Oferta de emprego público do Concello de Vimianzo para o exercicio de 2008
ASUNTO: OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE VIMIANZO, EXERCICIO 2008.
RESOLUCIÓN:
Don Alejandro Rodríguez Lema, alcalde-presidente do Concello de Vimianzo, no exercicio das facultades de representación que lle atribúe a lexislación de réxime local e, considerando que o art. 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, na redacción que lle deu a Lei 1 1/99, do 21 de abril, establece como competencia da Alcaldía “Aprobar a oferta de emprego público de acordo co presuposto e cadro de persoal aprobada polo pleno”.
Neste senso, logo da correspondente aprobación inicial e preceptivo período de información pública o Concello-Pleno na súa sesión de 27 de decembro de 2007 aprobou con carácter de definitivo o orzamento xeral para 2008, xunto co cadro de persoal e relación de postos de traballo do Concello de Vimianzo, publicándose no BOP núm. 300 do 31 de decembro de 2007.
Considerando o disposto no art. 91 da mesma Lei 7/85 de 2 de abril, en relación co art. 128 do Real Decreto Lexislativo 781/86, do 18 de abril, ao dispoñer respectivamente:
- Que as corporacións locais formularán a súa oferta de emprego, axustándose aos criterios fixados na normativa básica estatal (artigo 91.1 Lei 7/85).
- Que as corporacións locais aprobarán e publicarán anualmente, dentro do prazo dun mes dende a aprobación do seu presuposto, a oferta de emprego público para o ano correspondente axustándose a lexislación básica sobre a función pública e os criterios que regulamentariamente se establezan... (artigo 128.1 do RDL 781/86).
Considerando o disposto no art. 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, ao sinalar, en síntese, que as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamental, deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto de oferta de emprego público ou a través doutro instrumento semellante de xestión da provisión das necesidades de persoal, o que conleva a obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos, (...) fixando o prazo máximo para a convocatoria destes procesos.
Considerando que a oferta de emprego público do exercicio 2008 responde aos principios de racionalidade, economía e eficiencia tal e como se deduce do expediente orzamentario para este exercicio de 2008.
Asimesmo, a modificación do cadro de persoal deste Concello obedece ás seguintes razóns:
A) Facer fronte cunha organización eficaz, inspirada nos principios de economía e eficiencia á prestación dos servizos obrigatorios e complementarios previstos no art. 26 da Lei 7/85 do 2 de abril e tamén 81 e seguintes da Lei 5/97 do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
B) Ademais, o propio art. 25 da Lei 7/85 sinala que “O municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal”. Idea que enlaza co principio de autonomía municipal e principio de subsidiariedade no sentido de que a satisfación das necesidades colectivas se efectúe nas instancias e na administración máis próxima aos cidadáns.
Doutro lado, estes principios teñen acomodo no dereito comunitario, tamén se reflecten de modo expreso na CARTA EUROPEA DE AUTONOMÍA LOCAL, cando sinala no seu artigo 4.3 que “El ejercicio de las competencias públicas debe, de modo general incumbir preferentemente a la autoridad debe tener en cuenta la amplitud de la tarea o las necesidades de eficacia o economía”.
Asemade, o artigo 6 deste instrumento internacional propiciado polo consello de Europa e ratificado polo Estado Español na data do 20 de xaneiro de 1998, sinala:
1. “Sin perjuicio de las disposiciones más generales creadas por la Ley, las Entidades Locales deben poder definir por sí mismas las estructuras administrativas internas con las que pretenden dotarse, con objeto de adaptarlas a sus necesidades y a fin de permitir una gestión eficaz”.
2. “El estatuto del personal de las Entidades Locales debe permitir una selección de calidad, fundamentada en el principio de mérito y capacidad; a este fin, debe reunir condiciones adecuadas de formación, remuneración y perspectivas de carrera”.
As prazas de auxiliar que se sacan a oferta pública xa aparecían no cadro de persoal funcionario do exercicio 2007, e responden ao dinámico incremento da prestación de Servizos Sociais, tanto por aumento do número de usuarios de axuda a domicilio, como pola laboriosa xestión que conleva a prestación, aínda que mediante xestión indirecta, dos Servizos Sociais especializados de centro de día, vivenda comunitaria, escola infantil e comedor e lavandería sobre rodas, co correspondente nivel de expedientes de solicitudes de altas, baixas, modificacións, etc.
A isto debe engadirse a necesidade de procurar financiamento alleo, dado o sistema de achegas condicionadas coa conseguinte preparación de expedientes de solicitudes de subvencións e as simétricas xustificacións.
Doutro lado, non é menor a esixencia de soporte administrativo que impón a lexislación de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia ( Lei 39/2006, do 14 de decembro).
No caso que nos ocupa, ademais as dúas prazas de auxiliar administrativo xa estaban previstas no plantel de persoal (RPT) do ano 2007 e atópanse cubertas de modo interino. Desta maneira dase cumprimento ao mandato contido no Artigo 10.4 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, que conleva que as prazas vacantes desempeñadas por funcionarios interinos se inclúan na oferta de emprego correspondente ao exercicio no que se produce o seu nomeamento e, se non fose posible, no seguinte, a non ser que se decida a amortización. En consecuencia, ao apareceren no cadro de persoal débense incluir na oferta de emprego público deste exercicio 2008.
A lei orzamentaria vixente ao tempo de aprobar esta proposta de oferta de emprego público, isto é a Lei 51/2007, do 26 de decembro, de presupostos Xerais do Estado para 2007, no seu artigo 23 sinala que no ámbito da administración local non se aplicará o criterio previsto no primeiro parágrafo do propio precepto e coñecida coma “taxa de reposición de efectivos” (cifrada neste exercicio 2008, no 100%) no que toca ao Persoal da Policía Local, nin tampouco aos servizos de prevención de incendios; “tampouco se aplicará aos municipios con poboación inferior a 50.000 habitantes” en consecuencia esa taxa do 100% de reposición non ten aplicación neste Concello de Vimianzo. Por ende, amósase como axustado ao ordenamento xurídico que o Concello de Vimianzo, ao abeiro do ordenamento xurídico, inclúa na oferta de emprego público as prazas de referencia.
Tendo en conta que se deu traslado, polo prazo de quince días, tanto á administración central, como a autonómica e á representación sindical no Concello de Vimianzo, sen que conste alegación en contra, dentro do prazo de quince días que fora conferido.
Visto canto antecede e considerando o Real Decreto 352/86 de 10 de febreiro, no que se atope en vigor, así como o seu anexo sobre modelo normalizado de oferta de emprego público, por medio da presente resolvo:
I. Aprobar a seguinte oferta de emprego público do Concello de Vimianzo para o exercicio 2008.
FUNCIONARIOS DE CARREIRA
GRUPO
CLASIFICACIÓN
PROFESIONAL
SEGUNDO ART. 76
DA LEI 7/07
CLASIFICACIÓN
Nº DE
VACANTES
DENOMINACIÓN DA PRAZA
CÓDIGO
GRUPO C
Subgrupo C2
Escala de Administración
Xeral. Subescala Auxiliar
2
Auxiliar
administrativo
SFF – 02
SSF – 03
2.- Efectúense as publicacións desta resolución que establece o ordenamento xurídico e, particularrmente, no BOP e no DOG:
Vimianzo, 9 de xuño de 2008
O alcalde
Alejandro Rodríguez Lema
diante de min
O secretario acc.
Manuel Ángel Jove Losada
 
Diario Oficial de Galicia
mércores, 18 de xuño de 2008

VI. ANUNCIOS


Número do Dog: 117

Páxina do Dog: 11.960
Data da Disposición:
Sección: VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
Organismo: CONCELLO DE VIMIANZO
Rango:Oferta
Título: Oferta de emprego público.

Oferta de emprego público.

Por Resolución da Alcaldía con data do 10 de xuño de 2008, na virtude das facultades conferidas polo artigo 21 g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na vixente regulación, acordouse aprobar a oferta de emprego público deste concello para o exercicio de 2008, que segue:


Provincia: A Coruña.

Municipio: Vimianzo; concello de Vimianzo.

Nº de código territorial: 15092.

Grupo de clasificación profesional, segundo artigo 76 da Lei 7/2007: grupo c, subgrupo c2.


Clasificación: escala de Administración xeral, subescala de auxiliar.

Nº de vacantes: 2.

Denominación: auxiliar administrativo.

Código: SSF-02, SSF-03.

Vimianzo, 10 de xuño de 2008.

Alejandro Rodríguez Lema
Alcalde
 

 
< Anterior   Siguiente >