Inicio arrow Noticias arrow A Coruña arrow Concello de Oroso

Chatito

Latest Message: 1 day, 1 hour ago
  • [Invit.]ague : xa o lin, e xa lle escribín; deuche mamá uns caquis? son para o tío fran
  • [Invit.]JA : Non queria aceptalos agasallos, pero expliqueille as tuas razóns e rieuse un pouco e aceptou. Mandeite un correo.
  • [Invit.]ague : e qué? qué che dixo? enfadouse?
  • [Invit.]JA : Hola Águeda. Estuven con Rainer oxe pola mañá. Dinlle as túas cousas.
  • [Invit.]ague : bueno, terei que irlle levar eu a tarta antes de que se estropee
  • [Invit.]JA : Hola Águeda. Non pasou por aquí. Ahora sae moi pouco, non lle van moi ben as pernas.
  • [Invit.]ague : boas pai, viches ao meu mestre hoxe?
  • [Invit.]Inv._5166 : razz razz
  • [Invit.]Inv._2457 : sigo sin encontrar nada sobre urbanismo, ¿alguien me puede ayudar?
  • [Invit.]ague : boas, pai, espérame á noite que ei de ir onda ti
Sound:
 
Concello de Oroso Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
escrito por Administrator   
Boletín Nº 187. Jueves, 14 de agosto de 2008
Bases específicas e convocatoria dunha praza de administrativo encargado de Negociado de Servizos Xerais e Arquivo
En uso das facultades que me confire o artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local; artigo e o artigo 41.14.c) do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, por Resolución da Alcaldía de catro de xullo de dous mil oito, aprobáronse as seguintes Bases específicas e convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de funcionario de carreira vacante no Cadro de persoal do Concello de Oroso e incluída na Oferta de emprego público do ano 2006 coas seguintes características: grupo C equivalente ou subgrupo C1 segundo a nomenclatura da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público; clasificación: escala de administración xeral; subescala administrativa; núm. de vacantes: 1; denominación: administrativo-encargado de negociado; forma de acceso: oposición; quenda: libre:
 
BASES ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO ENCARGADO DE NEGOCIADO DE SERVIZOS XERAIS E ARQUIVO.
A presente Convocatoria específica constitúe un desenvolvemento da oferta de emprego público do Concello de Oroso para 2006 (BOP núm. 194, do xoves 24 de agosto de 2006; DOGA núm. 175, do luns 11 de setembro de 2006; e BOE núm. 226 do 21 de setembro de 2006) e réxese polas bases xerais para a selección en propiedade de prazas correspondentes á oferta de emprego público de 2006, publicadas no BOP núm. 26 do xoves 1 de febreiro de 2007, e polas seguintes bases específicas:
1 Clasificación da praza.
Funcionario da Escala de administración xeral, Subescala administrativa, denominación administrativo-encargado negociado, clave 01.01.01 na Relación de Postos de Traballo do Concello.
2 Dotación económica.
As retribucións correspondentes ao grupo C, equivalente ou subgrupo C1 segundo a nomenclatura da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público e demais retribucións complementarias segundo acordos adoptados pola corporación ao respecto, e concretados na relación orzamentaria e relación de postos de traballo.
3 Requisitos esixidos.
Ademais dos previstos nas bases xerais, é requisito estar en posesión do título de bacharelato ou formación profesional de segundo grao ou equivalente.
4 Número de prazas que se convocan.
Unha (1)
5 Sistema de selección.
Oposición, quenda libre.
6 Dereitos de exame.
25,00 euros, segundo o establecido na ordenanza fiscal reguladora das taxas por dereitos de exame.
7 Presentación de instancias.
Segundo o disposto nas bases xerais.
8 Composición do tribunal.
O tribunal estará composto do seguinte xeito:
Presidente/a: Funcionario de carreira.
Secretario/a: Funcionario de carreira da corporación, que actuará con voz e sen voto.
Vogais: Un funcionario de carreira nomeado a proposta da Xunta de Galicia.
Tres funcionarios/as de carreira da administración local.
9 Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación.
1.1 FASE DE OPOSICIÓN:
A oposición constará de cinco exercicios, eliminatorios cada un deles, de modo que non poderán pasar ao seguinte exercicio os aspirantes que non alcanzaran a cualificación mínima establecida para cada un deles.
Primeira proba
Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá en contestar, no prazo máximo dunha hora e carto, un cuestionario tipo test de 75 preguntas, con cinco de reserva adicionais, con catro respostas alternativas e unha soa correcta, sobre o contido do programa especificado no anexo da convocatoria. Cada tres respostas incorrectas anularán unha resposta correcta. O exercicio será cualificado de apto ou non apto. Serán eliminados/as aqueles/as aspirantes que non sexan cualificados de aptos.
Corresponderá ao tribunal determinar o número mínimo de respostas válidas esixido para acadar a puntuación de apto.
Segunda proba
Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá en desenvolver por escrito, no prazo máximo de dous horas, catro cuestións relacionadas cos temas comprendidos no anexo da convocatoria, dous da parte xeral e dous da parte especial. Valorarase neste exercicio a corrección das respostas e a capacidade de redacción e síntese. O tribunal poderá convocar aos aspirantes para a lectura persoal do exercicio. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo. Serán eliminados/as aqueles/as aspirantes que non o obteñan.
Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar a puntuación mínima.
Terceira proba
Obrigatoria e eliminatoria, de carácter práctico. Consistirá en demostrar coñecementos de réxime xurídico das administracións públicas e especificamente do réxime local a través de exercicios prácticos propostos polo tribunal a desenvolver durante un período máximo dunha hora e trinta minutos. Valorarase neste exercicio a corrección das respostas e a capacidade de redacción, razoamento e síntese. Os aspirantes poderán acudir provistos de normativa na materia nos termos expostos nas bases xerais.
O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo. Serán eliminados/as aqueles/as aspirantes que non o obteñan.
Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar a puntuación mínima.
Cuarta proba
Obrigatoria e eliminatoria, de carácter práctico. Consistirá en demostrar coñecementos de informática de nivel usuario sobre o sistema operativo “Windows” e o paquete ofimático “Office” a través de exercicios prácticos propostos polo tribunal a desenvolver cun ordenador durante un período máximo dunha hora e trinta minutos.
O exercicio será cualificada de 0 a 8 puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de 4 puntos para superalo. Serán eliminados/as aqueles/as aspirantes que non a obteñan.
Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar a puntuación mínima.
Quinta proba.
De carácter obrigatorio e eliminatorio, de coñecemento de galego.
Consistirá na tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán e galego, facilitados polo tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos.
Este exercicio será cualificado coa puntuación máxima de seis puntos, e será preciso alcanzar un mínimo de 3 puntos para superalo. Serán eliminados/as aqueles/as aspirantes que non a obteñan.
Corresponderá ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixido para acadar a puntuación mínima.
10 Cualificación final
A cualificación definitiva do proceso selectivo será o resultado da suma das puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que compoñen a fase de oposición aos que se outorguen puntuación.
O tribunal proporá o nomeamento do/da aspirante que, na suma total das puntuacións asignadas na fase de oposición obtivera a maior puntuación.
O tribunal non poderá declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspiran tes ao de prazas convocadas.
11 Réxime de recursos
Contra a resolución de alcaldía que aprobe as presentes bases, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os Xulgados do Contencioso Administrativo, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia, segundo o art. 46.1 da Lei 29/1998 de 13 de xullo da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o alcalde-presidente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia (art. 116, 117 e 48 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común). No caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo (art. 116 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común).
ANEXO I.
TEMARIO.
PARTE XERAL.
Tema 1. A Constitución Española de mil novecentos setenta e oito. Estrutura e principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A súa garantía e suspensión.
Tema 2. A Organización do Estado na Constitución: organización institucional ou política e organización territorial. O Estatuto de Autonomía de Galicia. A Coroa. As Cortes Xerais: referencia ao Defensor do Pobo e ao Tribunal de Contas.
Tema 3. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. O Poder Xudicial: principios constitucionais. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal.
Tema 4. O Tribunal Constitucional: composición e funcións. A reforma da Constitución. O Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tema 5. O ordenamento xurídico-administrativo. (I) O dereito comunitario: regulamentos, directivas e decisións. A Constitución. A Lei: as súas clases. Os Tratados Internacionais.
Tema 6. O ordenamento xurídico-administrativo. (II) O regulamento: concepto e clases. A potestade regulamentaria. Procedemento de elaboración. Límites. O control da potestade regulamentaria.
Tema 7. A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos: a Administración e o administrado. Capacidade e representación. Dereitos do administrado e intereses lexítimos. Os actos xurídicos do administrado.
Tema 8. O procedemento administrativo: concepto e clases. A súa regulación no Dereito positivo: principios informadores. As fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. A obrigación de resolver e o réxime do silencio administrativo.
Tema 9. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Motivación e forma. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra Administración. A demora e retroactividade da eficacia.
Tema 10. Eficacia dos actos administrativos. Executividade e execución forzosa. Suspensión. Validez e invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Validación, conservación e conversión.
Tema 11. Revisión dos actos administrativos. Revisión de oficio. Os recursos administrativos: principios xerais. O recurso de alzada. O recurso potestativo de reposición. O recurso extraordinario de revisión. As reclamacións administrativas previas ao exercicio de acciones civís e laborais. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe.
Tema 12. A coacción administrativa: o principio de autotutela executiva. A execución forzosa dos actos administrativos: os seus medios e principios de utilización. A coacción administrativa directa. A vía de feito.
Tema 13. A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. O procedemento sancionador e as súas garantías. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local.
Tema 14. Formas da acción administrativa, con especial referencia á Administración Local. A actividade de Fomento: as subvencións e normativa aplicable. A actividade de Policía: as licenzas e autorizacións administrativas, as súas clases. O Servizo Público Local: formas de xestión do servizo público local.
Tema 15. A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa. Suxeitos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Garantías xurisdicionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiais.
Tema 16. A responsabilidade da Administración Pública: evolución histórica e situación actual. Os orzamentos da responsabilidade. Danos resarcibles. A acción e o procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ao servizo das Administracións públicas.
Tema 17. Réxime xurídico dos contratos das Administracións públicas: administrativos típicos, especiais e privados. Requisitos dos contratos. A Administración contratante: Entes incluídos e excluídos do ámbito da Lei de Contratos; o órgano de contratación. O contratista: capacidade, solvencia, prohibicións, clasificación.
Tema 18. A selección do contratista, actuacións previas á contratación. Procedementos, formas e criterios de adxudicación. Garantías. Perfeccionamento e formalización do contrato.
Tema 19. Execución e modificación dos contratos. Prerrogativas da Administración. A revisión de prezos. Extinción do contrato. Clases de contratos administrativos: contrato de obras, de xestión de servizos públicos e de subministracións. Outros contratos administrativos típicos.
PARTE ESPECIAL.
Tema 20. O Réxime local: significado e evolución histórica. A Administración Local na Constitución. O principio de autonomía local.
Tema 21. As fontes do Dereito Local. A potestade regulamentaria das entidades locais: Regulamentos e Ordenanzas. Procedemento de elaboración. O Regulamento orgánico. Os Bandos.
Tema 22. O Municipio: Concepto e elementos. Alteracións de termos municipais. Lexislación básica e lexislación autonómica. A poboación municipal. O Padrón de habitantes. O estatuto dos veciños. Dereitos dos estranxeiros.
Tema 23. A organización municipal. Órganos necesarios e competencias: O alcalde, tenentes de alcalde, o Pleno, e a Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios: Comisiones Informativas e outros órganos. Os grupos políticos. A participación veciñal na xestión municipal.
Tema 24. A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal. Réximes especiais.
Tema 25. As Illas: os Consellos e Cabidos Insulares. Outras Entidades locais. Lexislación básica e lexislación autonómica. Entidades locais de ámbito inferior ao municipio. As comarcas. As mancomunidades de municipios. As áreas metropolitanas.
Tema 26. Especialidades do procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos: requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Tema 27. Funcionamento dos órganos colexiados locais: réxime de sesións e acordos. Actas e certificacións de acordos. As resolucións do presidente da corporación.
Tema 28. As competencias municipais: sistema de determinación. Competencias propias, compartidas e delegadas. Os servizos mínimos. A reserva de servizos.
Tema 29. O patrimonio das entidades locais. Bens de dominio público e bens patrimoniais: concepto, natureza e elementos. Afectación e mutacións demaniais. Utilización: reserva e concesión.
Tema 30. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. Os bens comunais. O inventario. Os montes veciñais en man común.
Tema 31. O persoal ao servizo das Corporacións Locais: Clases e réxime xurídico. Réxime xurídico do persoal funcionario das Entidades Locais: dereitos, deberes, réxime disciplinario.
Tema 32. Situacións administrativas do persoal funcionario. Dereitos económicos e seguridade social. Réxime de incompatibilidades.
Tema 33. As Facendas Locais: réxime xurídico. Clasificación dos ingresos. As ordenanzas fiscais. Réxime de aprobación.
Tema 34. Os impostos locais. Clases e réxime xurídico.
Tema 35. Taxas e contribucións especiais. Prezos públicos.
Tema 36. Os orzamentos das Entidades Locais: contido e principios xerais. Proceso de aprobación do orzamento local. Fases de execución do orzamento. Liquidación do orzamento.
Tema 37. Réxime urbanístico da propiedade do solo: principios xerais. Clases de solo e principais características destes na lexislación estatal e autonómica de Galicia.
Tema 38. A formulación urbanística na lexislación autonómica de Galicia: significado e clases de plans. Procedemento de elaboración e aprobación. Efectos da aprobación dos plans. Modificación dos plans.
Tema 39. Intervención administrativa na edificación ou uso do solo. A licenza urbanística: actos suxeitos, natureza e réxime xurídico. Clases de licenzas urbanísticas. Licenzas de actividades clasificadas.
Tema 40. Réxime Xeral das eleccións locais.
A data de publicación no Boletín Oficial do Estado dun extracto da Convocatoria, servirá como data para o computo do prazo para a presentación de instancias.
Oroso, 4 de xullo de 2008.
O alcalde,
Asdo.: Manuel Mirás Franqueira.
 

Administración Local (BOE 213 de 3/9/2008)

Resolución de 14 de agosto de 2008, del Ayuntamiento de Oroso (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza.

Rango: Resolución

Páginas: 35815 - 35816

Referencia: 2008/14527

 

TEXTO

En el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» números 26 y 187, de fechas 1 de febrero de 2007 y 14 de agosto de 2008, se insertan anuncios conteniendo las bases generales y específicas que han de regir la siguiente convocatoria:

Personal funcionario. Grupo C, equivalente al subgrupo C1 según la nomenclatura de la disposición transitoria tercera de la Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público. Clasificación: Escala de Administración General, subescala Administrativa. Número de vacantes: Una. Denominación: Administrativo-Encargado de Negociado. Forma de acceso: Turno libre.

El plazo de presentación de solicitudes será de veinte días naturales a contar desde el día siguiente al de publicación de este anuncio en el «Boletín Oficial del Estado».

Los sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria sólo se publicarán en el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» y en el tablón de edictos de la Casa Consistorial.

Oroso, 14 de agosto de 2008.-El Alcalde-Presidente en funciones, José Manuel Pérez Penas.

 

Diario Oficial de Galicia
martes, 16 de setembro de 2008

VI. ANUNCIOS


Número do Dog: 179

Páxina do Dog: 17.193
Data da Disposición: 14 de agosto de 2008
Sección: VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
Organismo: CONCELLO DE OROSO
Rango: Resolución
Título: Resolución do 14 de agosto de 2008 referente á convocatoria para prover unha praza.

Resolución do 14 de agosto de 2008 referente á convocatoria para prover unha praza.

No BOP da Coruña números 26 e 187 con datas do 1 de febreiro de 2007 e 14 de agosto de 2008, inseríronse anuncios que contiñan as bases xerais e específicas que rexerán a seguinte convocatoria:


Persoal funcionario. Grupo C, equivalente ou subgrupo C1 segundo a nomenclatura da disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público. Clasificación: escala de administración xeral; subescala administrativa. Número de vacantes: 1; denominación: administrativo-encargado de negociado; forma de acceso: oposición; quenda: libre.


O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.


Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria só se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos da Casa do Concello.


Oroso, 14 de agosto de 2008.

José Manuel Pérez Penas
Alcalde-presidente en funcións

 

 
< Anterior   Siguiente >