Chatito

Último mensaje: hace 7 horas
  • [Invit.]iqeyjbkolz : «link»¿?tesst.html : «link»¿?it/bawoeon/glf.html : «link»¿?eindivias.html : «link»¿?nl/ooeieze/te.html : «link»¿?it/vneferx/onglanert.html : «link»¿?rddkisongm.html : «link»¿?it/bawoeon/roed.html : «link» : «link»¿?wha.html : «link»¿?it/bawoeon/vee.html :
  • [Invit.]ague : boas nai!! vaia empacho co pastelito!!
  • [Invit.]ague : hola nai! mira este link:
    «link»
  • [Invit.]ague : ese home falou con faltas de ortografía....
  • [Invit.]JA : Hola Águeda.
    Toca viñeta:
  • [Invit.]ague : boas pai! Canto tempo hai que non che falo no chat...
  • [Invit.]Inv._891 : Hola Agueda,una página de mucha ayuda. Necesito localizar ejercicios de Openoffice. Gracias
  • [Invit.]ague : hola jam: tu cuenta ya ha sido desbloqueda!
  • [Invit.]Inv._7371 : muy bien agueda, me gusta tu pagina ,me ha ayudado mucho
  • [Invit.]jam : porque? ha sido bloqueada micuenta?
Sonido:

En el Foro se dijo

 
OPE Sergas 2009 Imprimir E-Mail
Calificación del usuario: / 56
MaloBueno 
escrito por admin   

¡Seguimos recibiendo ayudas!

Hemos recibido durante esta semana el examen de PSG y el Auxiliar Administrativo. Estamos trabajando para publicarlos lo más rápido posible.

Ya se puede realizar online el examen de Técnico Auxiliar en Cuidados de Enfermería. La próxima entrega será el examen de Celador.

Gracias por colaborar!

Esta semana hemos recibido el examen de Celador y el de Técnico en Cuidados Auxiliares de Enfermería. Queremos animar a los usuarios de la web que se hayan presentado a las otras categorías a que nos hagan llegar sus exámenes, para que podamos publicarlos junto con el resto que ya tenemos del Sergas.

Estamos de exámenes

¡Suerte a los que durante estos días estais con los exámenes del SERGAS!. 

Publicadas las fechas del primer examen de algunas categorías del SERGAS:

Día 7 de noviembre de 2009:

  • a las 10.00 horas:
  • técnico/a especialista en laboratorio de diagnóstico clínico,
  • electricista,
  • terapeuta ocupacional;
  • a las 16.00 horas:
  • técnico/a en cuidados auxiliares de enfermería.

 

Día 8 de noviembre de 2009:

  • a las 10.00 horas:
  • pinche,
  • técnico/a especialista en radioterapia,
  • técnico/a superior de sistemas y tecnologías de la información;
  • a las 16.00 horas:
  • celador/a. 

Día 14 de noviembre de 2009:

  • a las 10.00 horas:
  • fisioterapeuta,
  • trabajador/a social,
  • carpintero/a,
  • ingeniero/a técnico/a,
  • enfermero/a
  • especialista en obstetricia-ginecología (matrón/a),
  • enfermero/a
  • especialista en salud mental;
  • a las 16.00 horas:
  • personal de enfermería (ATS/DUE).

 

Día 15 de novembro de 2009:

  • a las 9.30 horas:
  • grupo auxiliar de la función administrativa;
  • a las 13.00 horas:
  • cocinero;
  • a las 17.00 horas:
  • personal de servicios generales. 
 

Para ayudarte a preparar las pruebas selectivas, puedes consultar los siguientes recursos:

- Textos legales

- Test de la Constitución

- Test y exámenes del Sergas

- Pruebas informáticas

Previsión de la fecha de realización de exámenes: 

En la Web del Sergas han publicado la fecha prevista de realización de exámenes de algunas categorías. No es definitivo, deben salir publicadas en el DOG.  

Entre otros, Auxiliar de enfermería se prevee que sea el 7-11-09, a las 16:00; PSG, el 15-11-09, a las 13:00; ATS, el 14-11-09, a las 16:00; ... en el recinto Ferial de Silleda 

Esto es lo que dice la Web del Sergas, literalmente:

AVISO.- Nota informativa da previsión de realización dos exames.

Ao obxecto de facilitar a máxima difusión das previsións de traballo da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e previo ao chamamento oficial que tería que publicarse no Diario Oficial de Galicia, comunícase que os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), realizaríanse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) coa seguinte distribución:

 

MECÁNICO/A

16-10-09 10:00

FONTANEIRO/A

16-10-09 16:00

LAVANDEIRO/A

17-10-09 10:00

PASADOR/A DE FERRO

17-10-09 16:00

TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E.T.I.

18-10-09 10:00

LOGOPEDA

18-10-09 10:00

TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMAS E.T.I.

18-10-09 16:00

ALBANEL

18-10-09 16:00

COSTUREIRO/A

23-10-09 10:00

TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA

23-10-09 16:00

TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO CLÍNICO

24-10-09 10:00

TELEFONISTA

24-10-09 10:00

TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN HIXIENE BUCODENTAL

24-10-09 16:00

PERRUQUEIRO/A

24-10-09 16:00

CALEFACTOR/A

24-10-09 16:00

GRUPO TÉCNICO DA FUNCION ADMINISTRATIVA

25-10-09 9:00

GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

25-10-09 12:00

GRUPO ADMINISTRATIVO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

25-10-09 16:15

TÉCNICO/A E. EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO

7-11-09 10:00

ELECTRICISTA

7-11-09 10:00

TERAPEUTA OCUPACIONAL

7-11-09 10:00

TÉCNICO/A EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA

7-11-09 16:00

PINCHE

8-11-09 10:00

TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN RADIOTERAPIA

8-11-09 10:00

TÉCNICO/A SUPERIOR DE SISTEMAS E T.I.

8-11-09 10:00

CELADOR/A

8-11-09 16:00

FISIOTERAPEUTA

14-11-09 10:00

TRABALLADOR/A SOCIAL

14-11-09 10:00

CARPINTEIRO/A

14-11-09 10:00

ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A

14-11-09 10:00

ENFERMEIRO/A E. EN OBSTETRICIA-XINECOLOXÍA (MATRÓN/A)

14-11-09 10:00

ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL

14-11-09 10:00

PERSOAL DE ENFERMERÍA (ATS/DUE)

14-11-09 16:00

GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

15-11-09 9:30

PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS

15-11-09 13:00

COCIÑEIRO/A

15-11-09 17:00

Diario Oficial de Galicia

xoves, 18 de xuño de 2009

Número do Dog: 118, Data da Disposición: 8 de xuño de 2009, Organismo: SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Rango: Resolución

Título: Resolución do 8 de xuño de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo.

La fecha del primer ejercicio ha sido fijada para el 27 de Junio de 2009, a las 9.30 horas en el recinto de Ferial de Silleda, provistos necesariamente de DNI y bolígrafo azul o negro.


Resolución do 8 de xuño de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo.

O número 4 da base cuarta das diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro) polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios da fase de oposición se realizarán nun lugar e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días naturais de antelación, polo que, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar os aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de oposición do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:

  • facultativo/a especialista de área de alergoloxía,
  • facultativo/a especialista de área de análises clínicas,
  • facultativo/a especialista de área de anatomía patolóxica,
  • facultativo/a especialista de área de anestesioloxía e reanimación,
  • facultativo/a especialista de área de anxioloxía e cirurxía vascular,
  • facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo,
  • facultativo/a especialista de área de cardioloxía,
  • facultativo/a especialista de área de cirurxía cardiovascular,
  • facultativo/a especialista de área de cirurxía oral e maxilofacial,
  • facultativo/a especialista de área de cirurxía pediátrica,
  • facultativo/a especialista de área de cirurxía plástica, estética e reparadora,
  • facultativo/a especialista de área de cirurxía torácica,
  • facultativo/a especialista de área de cirurxía xeral e aparello dixestivo,
  • facultativo/a especialista de área de dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía,
  • facultativo/a especialista de área de endocrinoloxía e nutrición,
  • facultativo/a especialista de área de farmacia hospitalaria,
  • facultativo/a especialista de área de hematoloxía e hemoterapia,
  • facultativo/a especialista de área de medicina física e rehabilitación,
  • facultativo/a especialista de área de medicina intensiva,
  • facultativo/a especialista de área de medicina interna,
  • facultativo/a especialista de área de medicina preventiva e saúde pública,
  • facultativo/a especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía,
  • facultativo/a especialista de área de nefroloxía,
  • facultativo/a especialista de área de neumoloxía,
  • facultativo/a especialista de área de neurofisioloxía clínica,
  • facultativo/a especialista de área de neuroloxía,
  • facultativo/a especialista de área de obstetricia e xinecoloxía,
  • facultativo/a especialista de área de oftalmoloxía,
  • facultativo/a especialista de área de oncoloxía médica,
  • facultativo/a especialista de área de oncoloxía radioterápica,
  • facultativo/a especialista de área de otorrinolaringoloxía,
  • facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas,
  • facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica,
  • facultativo/a especialista de área de psiquiatría,
  • facultativo/a especialista de área de radiodiagnóstico,
  • facultativo/a especialista de área de radiofísica hospitalaria,
  • facultativo/a especialista de área de reumatoloxía,
  • facultativo/a especialista de área de traumatoloxía e cirurxía ortopédica,
  • facultativo/a especialista de área de uroloxía,
  • facultativo/a especialista de área de xeriatría,
  • farmacéutico/a de atención primaria,
  • médico/a coordinador/a 061,
  • médico/a de familia de atención primaria,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • médico/a especialista en medicina do traballo,
  • odontólogo/a de atención primaria e
  • pediatra de atención primaria

de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dos diversos procesos selectivos convocados polas diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), para a realización dos exercicios da fase de oposición o vindeiro día 27 de xuño de 2009, ás 9.30 horas.

Segundo.-Os exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao chamamento a tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recolla de teléfonos móbiles.

Terceiro.-O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

De conformidade co establecido no segundo parágrafo do número 4 da base sexta da convocatoria realizaranse os diversos exercicios, na mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, cambiando a orde de realización.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2009.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos
 

La Estación Fantástica de las Oposiciones

El usuario Óscar Núñez nos ha reportado esta interesante opinión acerca las fechas de los exámenes. En la siguiente redacción conjuga información con juicios de valor:

"A día de hoy la Consellería de Sanidade anuncia que los exámenes para acceso libre al Cuerpo de la Función Administrativa del Sergas serán en Octubre; ello significa que es muy posible que coincidan con el C1 de Presidencia, que se realizará el mismo mes. En Correo electrónico se señala "que Presidencia y el Sergas son entidades diferentes" y que la previsión la realizan, por lo tanto, cada uno por su lado..."

Y continua

"...los Sindicatos han presionado para que todas las convocatorias del año 2008 celebren sus exámenes antes de que finalize el año. El Otoño que nos viene parece la Estación Fantástica del Corte Inglés: exámenes del Ministerio de Aministraciones Públicas, de Presidencia, del Sergas y de los Ayuntamientos de las principales ciudades de Galicia. Está claro que el que no apruebe este año lo tendrá difícil en el futuro, porque todo indica que el Empleo Público ha tocado su techo.
Por cierto, si cualquiera está en una lista de admitidos y excluidos ya no tiene derecho a que le reingresen los derechos de examen. En el fondo ganan dinero con todos nosotros, excepto el MAP, si estás en el paro no pagas. Gracias, María Teresa Fernández de la Vega por acordarte de los pobres de la tierra."

OPE DEFINITIVA SERGAS 2009

Finalmente ha salido publicada la ope definitiva del Sergas 2009.  

El número total de plazas se estima en 2.911, de los que 1.099 serán para ATS/DUE.

En el DOG de 26 de Febrero de 2009 se ha publicado el anuncio de la convocatoria. Se ha abierto el plazo de presentación de intancias, que finaliza el 31 de marzo.

Las solicitudes únicamente podrán cubrirse en la web del Sergas, siguiendo las instrucciones indicadas en la convocatoria.

Decreto 25/2009, do 12 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009.

Puedes consultar el texto íntegro en la web del D.O.G.

+ + Más

Borrador del Decreto de la Oferta de plazas del Sergas 2009

Como bien apunta el internauta Victor M. quien ha advertido de la noticia, ya ha salido publicado el borrador del Decreto de la Oferta de plazas del Sergas para el 2009. Victor M. también nos indica que de momento es orientativo y que habrá que esperar a la publicación de la OPE definitiva. 

Si quieres consultar el Borrador, pulsa el link: + + Más


Diario Oficial de Galicia
mércores, 10 de setembro de 2008
Número do Dog: 175
Data da Disposición: 28 de agosto de 2008
Organismo: CONSELLERÍA DE SANIDADE

Rango: Decreto

Título: Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

De conformidade coas previsións contidas na Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, así como do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para a convocatoria periódica de procedementos de selección de persoal que garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso, procede afrontar a oferta de emprego público de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

O ámbito da dita oferta circunscríbense as categorías de persoal estatutario de licenciados sanitarios incluídas no anexo deste decreto.

En consecuencia, tendo en conta as prazas vacantes nas distintas categorías ou especialidades de persoal estatutario licenciado sanitario que afectan o funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 30 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ás categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa de Negociación do Persoal Sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de agosto do dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Aprobación da oferta de emprego público.

De conformidade co disposto no artigo 13.8º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, así como no artigo 30 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, apróbase a oferta de emprego público do persoal estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008 das categorías de persoal licenciado sanitario incluídas no anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Cuantificación da oferta de emprego público.

Na oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes segundo a distribución que se detalla no anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Sistema de selección.

De conformidade co establecido no artigo 6.1º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo antes citado, en todas as categorías ou especialidades que se convoquen o sistema de selección será o de concurso-oposición.

Artigo 4º.-Composición dos tribunais de selección.

A composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, polo que non se poderá pertencer a eles en representación ou por conta de ninguén.

Artigo 5º.-Promoción interna.

1. Reservarase un cincuenta por cento do total das prazas convocadas en cada categoría ou especialidade para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

Non obstante o anterior, poderá establecerse unha reserva inferior cando así veña xustificado pola planificación eficiente das necesidades, polas características específicas da categoría ou especialidade ou pola propia titulación requirida para o acceso.

2. Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

3. As prazas non cubertas acumularanse ao sistema de acceso libre.

Artigo 6º.-Persoas con discapacidade.

1. Nos procesos selectivos para o ingreso nas categorías ou especialidades de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde serán admitidas as persoas con discapacidade nos termos previstos neste artigo e demais normativa aplicable.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou físicas sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.

2. De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo antes citado, reservarase unha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no artigo 1.2º da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións, de modo que, progresivamente, se acade o dous por cento dos efectivos totais da Administración da Xunta de Galicia.

A reserva farase sobre o cómputo total das vacantes incluídas nesta oferta de emprego público e poderán concentrarse as prazas reservadas para persoa con discapacidade naquelas convocatorias que se refiran a categorías ou especialidades cuxo desempeño se adapte mellor ás peculiaridades das persoas con discapacidade, podéndose excluír desta reserva aquelas categorías ou especialidades que se consideren incompatibles coas tarefas ou funcións que requiran os postos de traballo, sen que a cota de reserva total se vexa alterada.

Cando da aplicación da porcentaxe resulten fraccións decimais, redondearase por exceso para o seu cómputo.

O número de prazas reservadas quedará recollido na correspondente convocatoria.

Se as prazas reservadas e que foron cubertas polas persoas con discapacidade non acadasen a taxa do tres por cento das prazas convocadas, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite máximo do doce por cento.

3. A opción a prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación nas convocatorias con declaración expresa dos interesados de reunir a condición exixida ao respecto, que se acreditará, se obtivese praza, mediante certificación dos órganos competentes.

4. As probas selectivas realizaranse en condicións de igualdade co resto dos aspirantes de promoción interna ou de acceso libre, segundo corresponda. Non obstante o anterior, no desenvolvemento das probas selectivas estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e axustes razoables necesarios de tempo e de medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, para asegurar que estas persoas participen en condicións de igualdade. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, así como que os interesados deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para tal efecto, os tribunais de selección poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos órganos competentes.

5. Con anterioridade ao nomeamento, e unha vez superado o proceso selectivo, o Servizo Galego de Saúde poderá requirir, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, ditame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste.

6. As convocatorias deberán incluír a posibilidade de que, unha vez cubertas as prazas desta cota, os aspirantes que superasen o proceso selectivo pero non obteñan praza pola cota de reserva poidan optar, en igualdade de condicións, ás prazas do sistema de acceso libre.

7. Os aspirantes que superasen o proceso selectivo pola cota de prazas reservadas a persoas con discapacidade poderán solicitar ao órgano convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas dentro do ámbito territorial que se determine na convocatoria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a devandita alteración cando estea debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

Artigo 7º.-Acreditación do coñecemento da lingua galega.

Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego e garantir o dereito dos usuarios dos distintos servizos sanitarios do Servizo Galego de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, terá que acreditarse o coñecemento da lingua galega nos termos que establezan as correspondentes convocatorias.

Artigo 8º.-Comisións ou grupos de traballo.

1. O órgano convocante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear comisións ou grupos de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía dos tribunais de selección.

2. Os membros destas comisións ou grupos de traballo absteranse de intervir no procedemento cando se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 28.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os membros das comisións ou grupos de traballo percibirán as asistencias previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia ou norma que a substitúa.

Para tal efecto, serán clasificados conforme o artigo 26.2º do devandito decreto.

Disposición adicional

As convocatorias adaptaranse ás previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, en relación coas condicións de emprego da Administración pública.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a persoa titular da Consellería de Sanidade para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de agosto de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño
Presidente

María José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade
Ver referencia pdf "17500D006P042.PDF" 

 

Diario Oficial de Galicia
martes, 23 de setembro de 2008

Número do Dog: 184

Organismo: CONSELLERÍA DE SANIDADE

Rango: Corrección

Título: Corrección de erros.-Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.


Corrección de erros.-Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2008.

Advertido erro no anexo do dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 175, do 10 de setembro de 2008, cómpre efectuar a oportuna corrección:

-Na páxina 16.900, onde di:
«Endocrinoloxía e nutrición...2»
-Debe dicir:
«Endocrinoloxía e nutrición...3»

 
< Anterior   Siguiente >
 

¿Quién está en línea?

Hay 2 invitados en línea