Agentes Forestales

Para completar este test, puede consultar los siguientes recursos:

Agentes Forestales


Test 7

Métodos de extinción e maquinaria contraincendios

Test 7

1. Cal das seguintes especies é máis inflamable:
a) Pinus halepensis.
b) Erica multiflora.
c) Quercus robur.
d) Betula alba.

2. As brisas que se producen durante a noite de terra a mar son:
a) Ascendentes e con réxime turbulento.
b) Ascendentes e con réxime laminar.
c) Descendentes e con réxime turbulento.
d) Descendentes e con réxime laminar.

3. ¿Cal é a presión mínima aconsellable para traballar en punta de lanza?:
a) 2 atmósferas.
b) 0,3 atmósferas.
c) 30 atmósferas.
d) Ningunha das anteriores é correcta.

4. ¿Cal das seguintes afirmacións sobre helicópteros non é certa?:
a) A aproximación para subir ó helicóptero debe facerse sempre pola cola.
b) A aproximación para subir ó helicóptero debe facerse pola parte de abaixo no caso de que tome terra nunha ladeira.
c) Ó acercarse a un helicóptero para embarcar debe facerse agachado.
d) Dentro do helicóptero non se pode fumar.

5. No alfabeto aeronáutico para designar as letras D, H e T úsanse as palabras:
a) Día, Hotel e Tango.
b) Daisy, Horto e Tenver.
c) Delta, Hotel e Tango.
d) Daisy, Hotel e Tango.

6. Unha das ventaxas dos medios aéreos na súa actuación e incendios forestais é:
a) Que actúan só con luz solar.
b) Que poden traballar con fortes ventos.
c) Que teñen unha visión panorámica do lume.
d) Que poden actuar fácilmente en incendios situados a cotas moi altas.

7. A capacidade do aviónanfibio CL-215 T é:
a) 6000 litros.
b) 500 litros.
c) 4150 litros.
d) 5500 litros.

8. ¿Qué modelo de combustible, segundo a clasificación de combustibles americana utilizada pola DGB ten maior carga de combustible groso morto?:
a) 4.
b) 11.
c) 10.
d) 13.

9. O Airtractor-803 é:
a) Un hidroavión.
b) Un avión anfibio.
c) Un helicóptero.
d) Un avión de carga en terra.

10. Un lume con velocidade de propagación alta enténdese que é o que ten:
a) Máis de 10 km/h.
b) Máis de 2 m/s e menos de 40 m/s.
c) Máis de 10 m/min.
d) Máis de 2 m/mon e menos de 10 m/min.

11. A diferencia entre queima de ensanche e contralume é:
a) A queima de ensanche utilízase como tratamento silvícola preventivo e o contralume como método de extinción.
b) A queima de ensanche utiízase para ampliar a zona desprovista de vexetación no caso de empregala, e o contralume anticipa a queina de zonas que previsiblemente se van queimar.
c) A queima de ensanche utilízase previamente ó contralume para asegurar que cando este se realice non se escape.
d) Ambos conceptos son iguais.

12. ¿En qué mangueiras se producen máis perdas de carga?:
a) Nas de 25 cm de diámetro.
b) Nas de 45 cm de diámetro.
c) Nas de 45 atmósferas.
d) Nas dúas igual, xa que as perdas de carga dependen da lonxitude.

13. A pendente favorece a transmisión de calor por:
a) Convección.
b) Radiación.
c) Conducción.
d) Desecación.

14. A primeira Comunidade na que se estudiou e ensaiou o denominado "lume prescrito" foi:
a) Cataluña.
b) Valencia.
c) Andalucía.
d) Galicia.

15. En condicións normais, a velocidade de propagación é maior:
a) En pastizais do modelo 3.
b) En modelos de mato.
c) En modelos follarasca baixo arborado.
d) En modelos de resto de corta e operacións silvícolas.

16. Os vehículos motobomba levan polo xeral unha cisterna con capacidade de:
a) 400 a 600 litros.
b) 3.000 a 4.000 litros.
c) 1.000 a 2.000 litros.
d) 5.000 a 10.000 litros.

17. A capacidade do helibalde dun Bell 212 é aproximadamente:
a) 500 litros.
b) 750 litros.
c) 1200 litros.
d) 2000 litros.

18. A faixa que se constrúe a unha distancia calculada da fronte do incendio denomínase:
a) Liña de defensa.
b) Liña de contralume.
c) Liña de control.
d) Liña de queima de ensanche.

19. Con relación á altura das chamas, o ataque indirecto con contralume aconséllase cando aquela é:
a) > 1.5 m.
b) > 3.5 m.
c) > 5 m.
d) > 10 m.

20. Na aplicación dun contralume denomínase "queima a favor" á que se realiza:
a) A favor de vento.
b) A favor de pendente.
c) Perpendicular á dirección do vento.
d) En contra do vento.

21. As condicións máis favorables para dar un contralume son:
a) Queima descendente e vento en contra.
b) Queima descendente e vento a favor.
c) Queima ascendente e vento en contra.
d) Queima ascendente e vento a favor.

22. As condicións máis desfavorables para dar un contralume son:
a) Queima descendente e vento en contra.
b) Queima descendente e vento a favor.
c) Queima ascendente e vento en contra.
d) Queima ascendente e vento a favor.

23. O risco de provocar un lume de copas na realización dun contralume é maior no caso de:
a) Queima descendente e vento en contra.
b) Queima descendente e vento a favor.
c) Queima ascendente e vento en contra.
d) Queima ascendente e vento a favor.

24. Os avións de carga en terra máis empregados en Galicia, cunha capacidade de 2.400 litros denomínase:
a) Airtractor.
b) PZL m 18-A Dromader.
c) Mi-8.
d) Canadair.

25. Nas radiocomunicacións non existe o canal:
a) Símplex.
b) Dúplex.
c) Prioritario.
d) Semidúplex.



Inicio