Imprimir este artículo
 
Grupo A

Año 2006

1. Segundo o artigo 75.2 da Constitución española de 1978, as Cámaras poden delegar nas Cominión lexislativas permanentes a aprobación de proxectos ou proposicións de lei, quedando exceptuadas da dita delegación, a teor do artigo 75.3 da mesma norma, as seguintes materias:
a) A reforma Constitucional, as cuestións internacionais, as leis orgánicas e de bases e os Orzamentos Xerais do Estado.
b) A reforma Constitucional, as cuestións internacionais, os decretos leis, e os decretos lexislativos.
c) A reforma Constitucional, as materias tributarias, as leis orgánicas e de bases e os Orzamentos Xerais do Estado.
d) A reforma Constitucional, as materias tributarias ou de caracter internacional e as leis orgánicas e de bases.

2. O Valedor do Pobo, de acordo co artigo 2.3 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, será elixido de acordo co seguinte procedemento:
a) Proposto o candidato ou candidatos pola Comisión de Peticións do Parlamento galego, convocarase, nun prazo non inferior a vinte días, ó Pleno para que proceda á súa elección. Será designado o candidato que obtivese unha votación favorable de maioría absoluta dos membros do Parlamento.
b) Proposto o candidato ou candidatos pola Comisión de Pericións do Parlamento galego, convocarase, nun prazo non inferior a dez días, ó Pleno para que procesa á súa elección. Será designado o candidato que obtivese unha votación favorable das dúas terceiras partes dos membros do Parlamento.
c) Proposto o candidato ou candidatos pola Comisión de Peticións do Parlamento galego, convocarase, nun prazo non inferior a quince días, ó Pleno para que proceda á súa elección. Será designado o candidato que obtivese unha votación favorable das tres quintas partes dos membros do Parlamento.
d) Proposto o candidato ou candidatos pola Comisión de Peticións do Parlamento galego, convocarase, nun prazo non inferior a trinta días, ó Pleno para que procesa á súa elección. Será designado o candidato que obtivese unha votación favorable da maioría simple dos membros do Parlamento.

3. De acordo co previsto no artigo 18, apartados 3 e 5, da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, as queixas ante o Valedor do Pobo deberán presentarse:

a) No prazo de un ano cumprido a partir do coñecemento dos feitos. Non será preceptiva a intervención ou asistencia de letrado nin procurador.
b) No prazo de seis meses cumpridos a partir do coñecemento dos feitos. Non será preceptiva a intervención ou asistencia de letrado nin procurador.
c) No prazo de un ano cumprido a partir do coñecemento dos feitos. Será preceptiva a intervención e asistencia de letrado e procurador.
d) No prazo de seis meses cumpridos a partir do coñecemento dos feitos. Será preceptiva a intervención e asistencia de letrado e procurador.

4. O artigo 86.1 da Constitución española de 1978, recoñece ó Goberno a facultade de ditar decretos-leis en casos de extraordinaria e urxente necesidade, pero establece que non poderán afectar a:
a) O ordenamento das institucións básicas do Estado, ós dereitos, deberes e liberdades dos cidadáns regulados no Capítulo 1º da Constitución nin ó réxime das Comunidades Autónomas.
b) O ordenamento das instuticóns básicas do Estado, ós dereitos, deberes e liberdades regulados no Título I, ó réxime das Comunidades Autónomas nin ó dereito electoral xeral.
c) Os dereitos, deberes e liberdades regulados no Título I, ó réxime das Comunidades Autónomas nin ó dereito electoral xeral.
d) Os dereitos, deberes e liberdades regulados no Capítulo 2º do Título II, ó réxime das Comunidades Autónomas nin ó dereito electoral xeral.

5. ¿Cal das seguintes afirmacións, de acordo co artigo 14 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, é correcta?
a) O Tribunal no Pleno pode adoptar acordos cando estean presentes, polo menos, a maioría absoluta dos membros que en cada momento o compoñan. Os acordos das Salas requirirán así mesmo a presenza da maioría simple dos membros que en cada momento as compoñan. Nas seccións esixirase a presenza de dous membros, salvo que haxa discrepancia, requiríndose entoón a dos seus tres membros.
b) O Tribunal en Pleno pode adoptar acordos cando estean presenes, polo menos, a maioría absoluta dos membros que en cada momento o compoñan. Os acordos das Salas requirirán así mesmo a presenza da maioría dos membros que en cada momento as compoñan. NasSeccións esixirase a presenza de dous membros, salvo que haxa discrepancia, requirindose entón a dos seus tres membros.
c) O Tribunal en Pleno pode adoptar acordos cando estean presentes, polo menos, dousterzos dos membros que en cada momento o compoñan. Os acordos das Salas requirirán asímesmo a presenza dos dous membros que en cada momento as compoñan. NasSeccións esixirase a presenza de dous membros, salvo que haxa discrepancia, requiríndose entón a dos seus tres membros.
d) O Tribunal en Pleno pode adoptar acordos únicamente cando estean presentes todos osmembros que en cada momento o compoñan. Os acordos das Salas requirirán así mesmo a presenza de todos os membros que en cada momento as compoñan. Nas Seccións esixirase a presenza de dous membros, salvo que haxa discrepancia, requiríndose entón a dos seus tres membros.

6. Se se quixese reformar o Título VIII da Constitución española de 1978, unha vez aprobada a reforma polas Cortes Xerais, o artigo 167.3 da nosa Norma suprema dispón que:
a) Será sometida a referendo para a súa ratificación cando así o soliciten, dentro dos quince días seguintes á súa aprobación, unha décima parte dos membros de calquera das Cámaras
b) Será sometida a referendo para a súa retificación, dentro dos quince días seguintes á súa aprobación, en todo caso.
c) Será sometida a referendo para a súa aprobación cando así o soliciten dentro dos quince días seguintes á súa aprobación, polo menos a maioría absoluta dos membros de calquera das Cámaras.
d) Será sometida a referendo para a súa ratificación cando así o soliciten, dentro dos quince días seguintes á súa aprobación, polo menos a maioría simple dos membros de calquera das Cámaras.

7. As decisións políticas de especial trascendencia poderás ser sometitas a referendo consultivo de todos os cidadáns. De acordo co artigo 92 da Constitución Española de 1978, o referendo ... :
a) Será convocado polo presidente do Goberno, mediante proposta do Congreso dos Deputados, previamente autorizado polo Consello de Ministros.
b) Será convocado polo presidente do Goberno, mediante proposta do Consello de Ministros, previamente autorizado polo Congreso dos Deputados.
c) Será convocado polo Rei, mediante proposta do Consello de Ministtos, autorizado polo presidente do Goberno.
d) Será convocado polo Rei, mediante proposta do presidente do Goberno, previamente autorizado polo Congreso dos Deputados.

8. Aprobado un proxecto de lei orgánica ou ordinaria polo Congreso dos Deputados, o Senado pode no prazo de dous meses opoñer o seu veto ou introducir emendas ó mesmo. Segundo o artigo 90.2 da Constitución española de 1978, o veto deberá ser aprobado:
a) Por maioría simple dos membros do Senado.
b) Por maioría absoluta dos membros do Senado.
c) Por maioría de 2/3 dos membros do Senado.
d) Por maioría de 3/5 dos membros do Senado.

9. De acordo co artigo 159.1 da Constitución española de 1978, o Tribunal Constitucional componse de:
a) Un total de doce membros nomeados polo Rei; de eles, catro a proposta do Congreso, por maioría de dous terzos dos seus membros; catro a proposta do Senado, con idéntica maioría; dous a proposta do Goberno; e dous a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial.
b) Un total de catorce membros nomeados polo Rei; de eles, cinco a proposta do Congreso, por maioría de dous terzos dos seus membros; cinco a proposta do Senado, con idéntica maioría; dous a proposta do Goberno; e dous a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial.
c) Un total de doce membros nomeados polo Rei; de eles, catro a proposta do Congreso, por maioría de tres quintos dos seus membros; catro a proposta do Senado, con idéntica maioría; dous a proposta do Goberno; e dous a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial.
d) Un total de dez membros nomeados polo Rei; de eles, tres a proposta do Congreso, por maiorís de tres quintos dos seus membros; tres a proposta do Senado, con idéntica maioría; dous a proposta do Goberno; e dous a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial.

10. A Constitución Española de 1978 di no artigo 57.3 que, extinguidas as liñas chamadas en dereito a suceder na Coroa, ...:
a) O Congreso dos Deputados proverá á sucesión na Coroa na forma que máis conveña ós intereses de España.
b) O Senado proverá á sucesión na Coroa na forma que máis conveña ós intereses de España.
c) O Goberno proverá á sucesión na Coroa na forma que máis conveña ós intereses de España.
d) As cortes Xerais proverán á sucesión na Coroa na forma que máis conveña ós intereses de España.

11. Para exercer a Rexencia, o artigo 59.4 da Constitución española de 1978 establece que é preciso:
a) Ser maior de idade e ter sido designado polas Cortes Xerais.
b) Ser maior de idade, ser españos e ter sido designado por maioría absoluta das Cortes Xerais.
c) Ser español e ter sido designado polas Cortes Xerais.
d) Ser español e maior de idade.

12. Corresponde ó Rei de acordo de acordo ca Constitución española de 1978 a disolución das Cortes Xerais. ¿A quén lle corresponde segundo o artigo 64 da norma citada, o refrendo do acto de disolución das mesmas?
a) Ó Presidente do Goberno
b) Ó Presidente do Senado.
c) Ó Presidente do Congreso.
d) Ó Vicepresidente do Goberno.

13. O Rei sugundo establece o artigo 63.3 da Constitución Española de 1978, declara a guerra e fai a paz, logo de autotización:
a) Do Congreso dos Deputados.
b) Do Senado.
c) Das Cortes Xerais.
d) Do Tribunal Constitucional.

14. O artigo 69.4 da Constitución Española de 1978, dispón que as poboacións de Ceuta e Melilla elixirán cada unha delas:
a) Dous Senadores.
b) Tres Senadores.
c) Catro Senadores.
d) Un Senador.

15. O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 consta dun total de:
a) 57 artigos, 4 disposicións adicionais e 7 disposicións transitorias.
b) 56 artigos, 2 disposicións adicionais e 7 disposicións transitorias.
c) 56 artigos, 3 disposicións adicionais e 4 disposicións transitorias.
d) 54 artigos, 3 disposicións adicionais e 5 disposicións transitorias.

16. Segundo o artigo 56.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 dispoñen de iniciativa para a súa reforma:
a) A Xunta, o Parlamento Galego a proposta dunha cuarta parte dos seus membros e as Cortes Xerais.
b) A Xunta, o Parlamento Galego a proposta dunha cuarta parte dos seus membros, os cidadáns e as Cortes Xerais.
c) A Xunta, o Parlamento Galego a proposta dunha quinta parte dos seus membros e as Cortes Xerais.
d) A Xunta, o Parlamento Galego a proposta dunha quinta parte dos seus membros, os cidadáns e as Cortes Xerais.

17. De acordo co artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, as leis de Galicia publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Para os efectos da súa entrada en vigor rexerá:
a) A data da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.
b) A data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
c) A primeira data da súa publicación nin dos dous Diarios oficiais.
d) A última data de publicación nun dos dous Diarios oficiais.

18. A teor do artigo 22.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, a competencia dos órganos xurisdiccionais en Galicia entenderanse na orde penal e social:
a) A todas as instancias e grados con excepción do recurso de casación.
b) A todas as instancias e grados con excepción do recurso de casación e revisión.
c) A todas as instancias e grados con excepción do recurso de revisión.
d) A todas as instancias e grados con excepción do recurso de casación para unificar doutrina.

19. Segundo o artigo de Autonomía de Galicia de 1981, o candidato da Xunta deberá solicitar para a súa investidura a confianza do Parlamento de Galicia. Si non obtivese o respaldo da maioría absoluta dos membros da Cámara en primeira votación ...:
a) Transcorridas vinte e catro horas celebrarase unha nova, esixíndose neste caso o respaldo de tres quintos dos membros da mesma.
b) Transcorridas corenta e oito horas celebrarase unha nova, esixíndose neste caso o respaldo da maioría dos membros da mesma.
c) Transcorridas vinte e catro horas celebrarase unha nova, esixíndose neste caso o respaldo da maioría simple dos membros da mesma.
d) Transcorridas corenta e oito horas celebrarase unha nova, esixíndose neste caso o respaldo de tres quintos dos membros da mesma.

20. O artigo 9.2 da vixente Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, establece que a cada unha das catro provincias de Galcia asígnaselles un mínimo inicial de:
a) Dez Deputados
b) Catro Deputados.
c) Oito Deputados
d) Seis Deputados.

21. No Parlamento Galego a atribución de escanos en función dos resultados do escrutinio realízase, conforme co artigo 10.a) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia ...:
a) Sen ter en conta as candidaturas que non obtivesen polo menos o tres por cen dos votos válidos emitidos en cada circunscrición.
b) Sen ter en conta as candidaturas que non obtivesen polo menos o cinco por cen dos votos válidos emitidos en cada circunscrición.
c) Sen ter en conta as candidaturas que non obtivesen polo menos o seis por cen dos votos emitidos en cada circunscrición.
d) Sen ter en conta as candidaturas que non obtivesen polo menos o seis por cen dos votos válidos emitidos en cada circunscrición.

22. A condición de deputado do Parlamento de Galicia, segundo prevé o artigo 6.2 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, é compatible ...:
a) Coa condición de deputado do Congreso.
b) Coa condición de Senador sempre que sexa elixido en representación da Comunidade.
c) Coa condición de parlamentario europeo.
d) Ningunha resposta é correcta.

23. De acordo co artigo 12.3 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, agás no suposto de disolución anticipada, o decreto de convocatoria das mesmas, expedirase ...:
a) Ó vixésimo quinto día posterior á expiración do mandato do Parlamento.
b) Ó trixésimo quinto día posterior á expiración do mandato do Parlamento.
c) Ó vixésimo día anterior á expiración do mandato do Parlamento.
d) Ó vixésimo quinto día anterior á expiración do mandato do Parlamento.

24. O artigo 33.1 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, dispón que o recurso de inconstitucionalidade formularase:
a) Dentro do prazo de tres meses a partir da publicación da lei, disposición ou acto con forza de lei impugnado mediante demanda presentada ante o Tribubal Constitucional. 
b) Dentro do prazo de seis meses a partir da publicación da lei, disposición ou acto con forza de lei impugnado mediante demanda presentada ante o Tribunal Constitucional.
c) Dentro do prazo de dous meses a partir da publicación da lei, disposición ou acto con forza de lei impugnado mediante demanda presentada ante o Tribunal Constitucional.. 
d) Dentro do prazo de un mes a partir da publicación da lei, disposición ou acto con forza de lei impugnado mediante demanda presentada ante o Tribunal Constitucional.

25. Segundo o artigo 161.2 da Constitución de 1978, o Goberno poderá impugnar ante o Tribunal Constitucional as disposicións e resolucións adoptadas polos órganos das Comunidades Autónomas. A dita impugnación ...:
a) Poderá producir a suspensión da disposición ou resolución recorrida, pero o Tribunal, de ser o caso, deberá ratificala ou levantala nun prazo non superior a tres meses.
b) Non producirá en ningún caso a suspensión da disposición ou resolución recorrida.
c) Poderá producir a suspensión da disposición ou resolución recorrida, pero nun prazo non superior a cinco meses o Tribubal deberá ratificala ou levantala.
d) Producirá a suspensión da disposición ou resolución recorrida, pero nun prazo non superior a cinco meses, o tribunal, se é o caso, deberá ratificala ou levantala.

26. Poderán dar lugar á representación dos confilctos en defensa da autonomía local, de acordo co artigo 75 bis da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, ...:
a) As leis do Estado ou das Comunidades Autónomas que lesionn a autonomía Constitucionalmente garantida, exclusivamente.. 
b) As leis do Estado que lesionen a autonomía constitucionalmente garantida, exclusivamente.
c) As normas do Estado ou das Comunidades Autónomas que lesionen a autonomía local constitucionalmente garantida.
d) As normas do Estado con rango de lei ou as disposicións con rango de lei das Comunidades Autónomas que lesionen a autonomía local constitucionalmente garantida.

27. Serán susceptibles de amparo constitucional, a teor do artigo 41 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, ...:
a) Os dereitos e liberdades recoñecidos nos artigos 14 a 29 da Constitución e a obxección de conciencia prevista no artigo 30 da mesma norma. 
b) Os dereitos e liberdades recoñecidos nos artigos 10 a 29 da Constitución e a obxección de conciencia prevista no artigo 30 da mesma.
c) Os dereitos e deberes recoñecidos nos artigos 12 a 29 da Constitución e a obxección de conciencia prevista no artigo 30 da mesma norma.
d) Os dereitos e liberdades recoñecodos nos artigos 10 a 29 da Constitución e o dereito de propiedade previsto no artigo 33 da mesma norma. 

28. Os acordos no seo do Consello de Estado adoptaranse, segundo o artigo 16.3 da Lei 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado:
a) Por maioría simple de votos dos membros do órgano.
b) Por maioría absoluta de votos dos asistentes.
c) Por maioría de dous terzos de votos dos asistentes.
d) Por maioría absoluta de votos dos membros do órgano.

29. De acordo co artigo 10.2da Lei 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, o secretario xeral ...:
a) Asistirá con voz e voto ás sesión do Pleno e da Comisión Permanente. 
b) Asistirá ás sesión do Pleno e da Comisión Permanente sen voz nin voto.
c) Asistirá con voz pero sen voto ás sesións do Pleno e da Comisión Permanente. 
d) Asistirá con voz e voto ás sesións do Pleno e con voz únicamente ás da Comisión Permanente.

30. Segundo establece o artigo 13 da Lei 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, ...:
a) As Seccións deste órgano serán oito como máximo, podendo reducirse o dito número regulamentariamente a proposta da Comisión Permanente do propio Consello. 
b) As Seccións deste órgano serán seis como máximo, podendo reducirse o dito número regulamentariamente a proposta da Comisión Permanente do propio Consello
c) As Seccións deste órgano serán oito como mínimo podendo ampliarse o dito número regulamentariamente a proposta da Comisión Permanente do propio Consello. 
d) As Seccións deste órgano serán cinco como mínimo, podendo ampliarse o dito númeno regulamentariamente a proposta da Comisión Permanente do propio Consello.

31. O nomeamento do presidente do Consello de Estado realízase segundo o artigo 6 da Lei 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, por real decreto ...:
a) Por acordo dos membros do propio Consello, de entre eles.
b) Por acordo do Congreso dos Deputados, entre xuristas de recoñecido prestixio e experiencia en asuntos de Estado.
c) Por acordo das Cortes Xerais, de entre membros do propio Consello.
d) Por acrodo do Consello de Ministros e refrendado polo seu presidente, entre xuristas de recoñecido prestixio e experiencia en asuntos de Estado.

32. O Regulamento do Parlamento de Galicia, do 1 de setembro de 1983, dispón no seu artigo 22.1 que os Grupos Parlamentarios deberán contar polo menos con ...:
a) Tres deputados.
b) Cinco deputados.
c) Catro deputados.
d) Seis deputados.

33. O artigo 154 do Regulamento do Parlamento de Galicia, do 1 de setembro de 1983, establece con relación ás preguntas parlamentarias, que ...:
a) Se non se indica o contrario, enténdese que quen formula a pregunta solicita resposta oral e, se solicita resposta escrita e non o especifica, enténdese que esta debe ter lugar no Pleno.
b) Se non se indica o contrario, enténdese que quen formula a pregunta solicita resposta por escrito e, sse solicita resposta oral e non o especifica, enténdese que esta debe ter lugar no Pleno.
c) Se non se indica o contrario, enténdese que quen formula a pregunta solicita resporta por escrito e, se solicita resposta oral e non o especifica, enténdese que esta debe ter lugar na Comisión correspondente.
d) Se non se indica o contrario, enténdese que quen formula a pregunta solicita resposta oral e, se solicita resposta escrita e non o especifica, enténdese que esta debe ter lugar na Comisión correspondente.

34. Se unha Comunidade Autónoma non cumprise as obrigas que a Constitución española ou outras leis lle impoñan, ou actuase de forma que atente gravemente ó interese xeral de España, a Constitución Española de 1978, dispón, no artigo 155, que o Goberno requirirá ó presidente da Comunidade Autónoma, e, no caso de non ser atendido, ...:
a) Coa aprobación da maioría absoluta do Congreso dos Deputados, poderá adoptar as medidas necesarias para obrigar a aquela ó cumprimento forzose das ditas obrigas ou para protexer o interese nacional.
b) Coa aprobación da maiorís simple do Congreso dos Deputados, poderá adoptar as medidas necesarias para obrigar a aquela ó cumprimento forzoso das ditas obrigas ou para protexer o interese nacional.
c) Coa aprobación da maioría simple do Senado, poderá adoptar as medidas necesarias para obrigar a aquela ó cumprimento forzoso das ditas obrigas ou para protexer o interese nacional.
d) Coa aprobación da maioría absoluta do Senado poderá adoptar as medidas necesarias para obrigar a aquela ó cumprimento forzoso das ditas obrigas ou para protexer o interese nacional.

35. ¿Cál das seguintes afirmacións é correcta, de acordo co que prevé o artigo 83 da Constitución española de 1978 con respecto ás leis de bases?:
a) As leis de bases poderán autorizar a modificación da propia lei de bases e facultar para ditar normas de carácter retroactivo segundo de que caso se trate.
b) As leis de bases non poderán autorizar a modificación da propia lei de bases aínda que se facultar para ditar normas de carácter retroactivo segundo de que caso se trate.
c) As leis de bases nin poderán autorizar a modificación da propia lei de bases nin tampouco facultar para ditar normas de carácter retroactivo.
d) As leis de bases poderán autorizar a modificación da propia lei de bases aínda que non facultar para ditar normas de carácter retroactivo.

36. A proposta de reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 esixirá en todo caso, segundo dispón o artigo 56 desta norma, ...:
a) A aprobación do Parlamento Galego por maioría de dous terzos, a aprobación das Cortes Xerais mediante lei orgánica e, finalmente, referendo positivo dos electores. 
b) A aprobación do Parlamento Galego por maioría de tres quintos, a aprobación das Cortes Xerais mediante lei orgánica e, finalmente, referendo positivo dos electores.
c) A aprobación do Parlamento Galego por maioría absoluta, a aprobación das Cortes Xerais mediante lei orgánica e finalmente, referendo positivo dos electores. 
d) A aprobación do Parlamento Galego por maioría de dous terzos e a aprobación das Cortes Xerais mediante lei ordinaria.

37. O artigo 1 da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real decreto lexislativo 2/20, do 16 de xuño, establece que se axustarán ás súas prescricións:
a) Só os contratos que celebren as Administracións Públicas. 
b) Todos os contratos que celebren as Administracións Públicas, os organismos autónomos e as restantes entidades de dereito público con personalidade xurídica propia, vinculadas pu dependentes de calquera das Administracións Públicas.
c) Entre outros, os contratos que celebren os organismos autónomos. 
d) Todas as anteriores son verdadeiras.

38. De conformidade co capítulo primeiro do título primeiro do libro primeiro do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas:
a) Os contratos que celebre a administración terán carácter administrativo ou carácter privado. 
b) Os contratos privados poderán ser mixtos ou especiais.
c) Son contratos mixtos os contratos privados que conteñan prestacións correspondentes a outro ou outros administrativos.
d) Son contratos mixtos os contratos administrativos que conteñan prestacións correspondentes a outro ou outros contratos privados.

39. A orde xurisdicional competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes nos contratos administrativoa será, segundo o artigo 7 da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real decreto lexislativo 2/200, do 16 de xuño:
a) A contencioso-administrativa.
b) A civil.
c) A contencioso-administrativa e a civil.
d) A social.

40. De acordo do artigo 12 da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, o órgano de contratación necesitará a autorización do Consello de Ministros:
a) Nos contratos de subministración que se refiran a bens consumibles ou de fácil deterioro polo uso.
b) Cando o pagamento dos contratos se concerte mediante o sistema de arrendamento financeiro ou mediante o sistema de arrendamento con opción de compra e o número de anualidades exceda de catro.
c) Cando se trate de contratos de carácter plurianual.
d) Cando o orzamento dos contratos exceda de 10.000.000 €.

41. Indique cal dos seguintes non é un dos supostos de prohibición de contratar coas Administracións Públicas do artigo 20 da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño:
a) Ter dado lugar, por causa da que tivesen sido declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración. 
b) Non estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou de Seguridade Social impostar polas disposicións vixentes, nos termos que regulamentariamente se determine.
c) Ter incorrido en falsidade grave ao facilitar á Administración as declaracións esixibles en cumprimento das disposicións desta lei oud as súas normas de desenvolvemento. 
d) Non ter aberta unha sucursal en España cando se trate de persoas físicas ou xurídicas de Estados non pertenecentes á Comunidade Europea.

42. As garantías definitivas do artigo 36 e 37 da Lei de Contratos das Administración Públicas, aprobada por Real Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño:
a) Son obrigatorias para todos os contratos celebrados polas Administracións Públicas.
b) A súa esixencia será facultativa para os órganos de contratación.
c) Non se esixirán no procedemento de adxudicación directa.
d) Poderá ser dispensada nos contratos administrativos especiais cando así se faga constar no prego de cláusulas administrativas particulares.

43. De conformidade co capítulo I do título III Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño:
a) O órgano de contratación competente aprobará os pregos de cláusulas administrativas xerais e particulares e os pregos de prescripcións técnicas. 
b) O órgano de contratación competente aprobará os pregos de cláusulas administrativas partuculares e os pregos de prescricións técnicas.
c) Corresponde á Xunta Consultiva de Contratación Administrativa aprobar os modelos tipo de pregos particulares. 
d) O Consello de Ministros aprobará os pregos de cláusulas administrativas xerais e os modelos tipo de pregos partuculares.

44. De conformidade co artigo 57 da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño:
a) Os órganos de contratación remitirán ó Tribunal de Contas ou órgano de fiscalización correspondente da Comunidade Autónoma unha copia certificada do documento mediante o que se tivese formalizado o contrato acompañada dun extracto do expediente do que se derive dentro dos tres meses seguintes á formalización de calquera contrato. 
b) Os órganos de contratación remitirán ó Tribunal de Contas ou órgano de fiscalización correspondente da Comunidade Autónoma unha copia certificada do documento mediante o que se tivese formalizado o contrato acompañada dun extracto do expediente do que se derive dentro des tres meses seguintes á formalización do contrato cando a contía do contrato supere os límites establecidos no Real Decreto lexislativo 2/2000.
c) Deberá comunicarse ó Tribunal de Contas ou órgano de fiscalización correspondente da comunidadeAutónoma calquera prórroga ou variación de prazos dos contratos celebrados polas Administracións Públicas. 
d) O Tribunal de Contas ou órgano de fiscalización correspondente da Comunidade Autónoma so poderá recabar das distintas Administracións Públicas datos, documentos e antecedentes dos contratos cuxo importe supere os límites establecidos no Real decreto lexislativo 2/2000.

45. De conformidade cos artigos 74 e 85 da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, a adxudicación dos contratos mediante concurso:
a) Recaerá sobre o licitados que oferte o prezo máis baixo. 
b) É propia do procedemento restrinxido e do negociado.
c) Utilizarase naqueles casos que requiran o emprego de tecnoloxía especialmente avanzada ou cuxa execución sexa particularmente complexa. 
d) El director general de recursos económicos del SERGAS.

46. De conformidade cos artigos 95 e 96 da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobada por Real Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño:
a) Para a constitución en mora do contratista é necesaria a intimación previa da Administración.
b) Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo total, a Administración imporá penalidades diarias na proporción de 0,12 por cada 601,01 euros do prezo do contrato, podendo solicitar a resolución do contrato.
c) Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrera en demora respecto do cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 por cada 601,01 euros do prezo do contrato.
d) Para a resolución do contrato por mora do contratista será sempre necesario o ditame do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da Comunidade Autónoma respectiva.

47. De conformidade co Título I da Lei 33/2003 de novembro, do patrimonio das Administracións Públicas:
a) Os bens e dereitos da Administración Xeral do Estado e dos seus organismos públicos enténdense co carácter de demaniais, agás disposición legal en contrario.
b) As Administracións Públicas só poden adquirir bens e dereitos por atribución de lei ou a título oneroso.
c) As Administracións Públicas poden adquirir bens e dereitos por calquera dos modos previstos no ordenamento xurídico.
d) As Administracións Públicas non poden adquirir bens e dereitos por doazón.

48. De conformidade co artigo 41 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das Administracións Públicas, as Administracións Públicas teñen as seguintes facultades e prerrogativas para a defensa do seu patrimonio:
a) Facultade de recuperación, de deslindamento, de desafiuzamento e de expropiación.
b) Facultade de investigación, de deslindamento, de recuperación e de desafiuzamento.
c) Facultade de investigación, de recuperación, de deslindamento e de retracto.
d) Facultade de investigación, de deslindamento, de expropiación e de recuperación.

49. De conformidade co título IV da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das Administracións Públicas:
a) O uso común dos bens de dominio público estará suxeito ó establecido nos actos de afectación ou adscrición.
b) O uso común do dominio público estará suxeito a autorización ou concesión.
c) A utilización dos bens e dereitos destinados á prestación dun servizo público supeditarase en primeiro termo ás disposicións da Lei 33/2003 e, en caso de insuficiencia destas, ao establecido na lexislación especial reguladora daquelas.
d) O uso privativo dos bens de dominio público deberá estar amparado pola correspondente concesión administrativa.

50. De conformidade co artigo 12 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega:
a) A mutación demanial implica alteración da adscrición orgánica dos bens ou dereitos e modificación da competencia funcional e fins específicos a que aqueles se vinculan, con transferencia da titularidade e cambio da súa cualificación xurídica.
b) A mutación demanial implica alteración da adscrición orgánica dos bens ou dereitos e modificación da competencia funcional e fins específicos a que aqueles se vinculan, sen transferencia da titularidade nin cambio da súa cualificación xurídica.
c) A mutación demanial implica a cualificación de bens e dereitos afectados como bens e dereitos patrimoniais.
d) A mutación demanial requiere acordo do Conselleiro de Economía e Facenda.

51. O artigo 18 da Lei 3/ 1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega establece que:
a) A adquisición de bens inmobles a título oneroso realizaa a Consellería ou organismo que haxa de utilizalos, previo informe da Consellería de Economía e Facenda, e esixirase o cumprimento ds normas previstas na contratación administrativa, especialmente as relativas a publicidade e concorrencia.
b) A adquisición de inmobles non se poderá facer por medio de leasing ou aprazamento de pagamentos.
c) A Consellería de Economía e Facenda poderá prescindir do trámite de concurso e autorizar a adquisición directa.
d) A adquisición de inmobles realizarase sempre por concurso.

52. De conformidade cos artifos 30 e 35 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma Galega:
a) Os bens inmobles demaniais da Comunidade Autónoma poderán ser cedidos gratuitamente polo Consello da Xunta.
b) As Consellerías poderán ceder bens inmobles a entidades públicas no marco de relacións de colaboración, cooperación e coordinación, cos requisitos establecidos na Lei.
c) O acordo de cesión dos bens mobles deberá ser publicado no Diario Oficial de Galicia, e expresará a finalidade concreta á que as entidades beneficiarias deben destinar os bens, así como as súas condicións.
d) As Consellerías poderán ceden bens mobles a entidades públicas no marco de relacións de colaboración, cooperación e coordinación, cos requisitos establecidos na Lei.

53. De conformidade co artigo 48 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega:
a) A Comunidade Autónoma de Galicia poderá reservar, mediante lei de Galicia, o uso exclusivo de bens demaniais de uso público, ou declarados de dominio público por normas con rango de lei por motivos fiscais ou de orde ou seguridade pública.
b) A Comunidade Autónoma de Galicia poderá reservar, mediante lei de Galicia, o uso exclusivo de bens demaniais de uso público, ou declarados de dominio público por normas con rango de lei en prexuizo de dereitos adquiridos polos particulares en orde ao uso dos bens.
c) A Comunidade Autónoma de Galicia poderá reservar, mediante lei de Galicia, o uso exclusivo de bens demaniais de uso público, ou declarados de dominio público por normas con rango de lei, excepcionalmente, con fundamento no fomento e planificación da actividade económica de Galicia, e, en todo caso, con fins de estudio, investigación ou explotación.
d) A Comunidade Autónoma de Galicia poderá reservar, mediante lei de Galicia, o uso exclusivo de bens demaniais de uso público, ou declarados de dominio público por normas con rango de lei, cando se trate de recursos previamente reservados polo Estado.

54. De conformidade co capítulo I do Título II da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma Galega:
a) O outorgamento das licencias habilitantes de usos comúns especiais dos bens demaniais realizarase por sorteo.
b) Os permisos de ocupación temporal levan implícita a cláusula de precariedade e poderanse revogar libremente en calquera momento pola Administración con dereito a indemnización do interesado.
c) Os permisos de ocupación temporal levan a facultade de rescate antes do seu vencemento, mediante indemnización, se o xustificasen circunstancias sobrevidas de interese público.
d) As concesións de disfrute ou uso privativo de bens d edominio público serán de outorgamento descrecional pola Administración e terán o prazo de duración que determine a súa lexislación.

55. Indique cales dos seguintes non son recursos das Comunidades Autónomas previstos no artigo 4 da Lei orgánica 8/198, de 22 de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas:
a) Os ingresos procedentes do seu patrimonio e demanias de dereito privado.
b) O producto das operacións de crédito.
c) As subvencións procedentes da Unión Europea.
d) As transferecias dos Fondos de Compensación Interterritorial.

56. De conformidade co artigo 6 da Lei orgánica 8/1980, de 22 de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas:
a) As Comunidades Autónomas poderán establecer tributos sobre feitos impoñibles gravados polo Estado.
b) As Comunidades Autónomas non teñen competencia para establecer es seus propios tributos, pero si para xestionalos.
c) As Comunidades Autónomas poderán establecer e xestionar tributos sobre materias que a lexislación do réxime local reserve ás corporacións locais nos supostos en que a dita lexislación o prevea.
d) O Estado non poderá establecer tributos sobre feitos impoñibles gravados polas Comunidades Autónomas.

57.Indique cal dos seguintes tributos non pode ser obxecto de cesión ás Comunidades Autónomas segundo o artigo 11 da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas:
a) Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, con carácter parcial co límite máximo do 33%.
b) Imposto sobre o Valor Engadido, con carácter parcial co límite máximo do 35%.
c) Imposto sobre Sociedades, con carácter parcial co mlímite máximo do 33%.
d) Imposto sobre as Ventas MInoristas de determinados hidrocarburos.

58. De conformidade co artigo 15 da Lei orgánica 8/1980, de 22 de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas:
a) O Estado garantirá o nivel mínimo dos servizos públicos fundamentais a través do Fondo de Suficiencia.
b) O Estado garantirá o nivel mínimo dos servizos públicos fundamentais a través de asignacións complementarias nos Presupostos Xerais do Estado.
c) O Estado garantirá o nivel mínimo dos servizos públicos fundamentais a través do Fondo de Compensación.
d) O Estado garantirá o nivel mínimo dos servizos públicos fundamentais a través do fondo Complementario.

59. De conformidade cos artigos 2 e 4 da Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio, do Tribunal de Contas:
a) Corresponde ao Tribunal de Contas a fiscalización externa, permanente e consultiva da actividade económico-financeira do sector público.
b) Corresponde ao Tribunal de Contas o axuizamento da responsabilidade contable en que incorra quen teñan a cargo o manoxo de caudais ou efectos públicos.
c) Corresponde ao Tribunal de Contas a fiscalización das subvencións, créditos, avais ou outras axudas do sector público percibidas por persoas físicas ou xurídicas.
d) Todas as anteriores son certas.

60. De conformidade co artigo 15 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Presupostaria, os dereitos da Facenda Pública estatal a recoñecer ou liquidar créditos ao seu favor e ao cobro de créditos recoñecidos e liquidados:
a) Prescriben aos tres anos.
b) Prescriben aos catro anos.
c) Prescriben aos dous anos.
d) Non prescriben nunca.

61. De conformidade co artigo 21 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Presupostaria:
a) As obrigas da Facenda Pública Estatatal son esixibles cando resultes da execución dos orzamentos, de conformidade co disposto na Lei.
b) As obrigas da Facenda Pública estatal son só esixibles cando resulten da execución dos orzamentos, de conformidade co disposto nesta Lei, ou de sentenza xudicial firme.
c) As obrigas da Facenda Pública Estatal son só esixibles cando resulten da execución dos orzamentos, de conformidade co disposto na Lei.
d) Ningunha das anteriores é correcta.

62. De conformidade co artigo 36 da Lei 47/203, do 26 de novembro, Xeral Presupostaria, sobre o procedemento de elaboración do orzamento do Estado:
a) Os ministerios e os demais órganos do Estado con dotacións diferenciadas nos Orzamentos Xerais do Estado remitirán ao Goberno as súas correspondentes propostas de orzamento.
b) Os organismos autónomos remitirán ao Ministerio de Facenda as súas correspondentes propostas de orzamento, axustadas aos límites que as directrices teñan establecido.
c) O Ministerio de Sanidade e Consumo enviará as propostas do orzamento de ingresos e de gastos do Instituto Nacional de Xestión Sanitaria ao Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais para a súa incorporación ao da Seguridade Social.
d) O orzamento de ingresos da Administración Xeral do Estado será elaborado polo Ministerio de Facenda.

63. De conformidade co Título Preliminar do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a elaboración dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma é competencia:
a) Do Parlamento Galego.
b) Do Consello da Xunta.
c) Da Consellería de Economía e Facenda.
d) Das Consellerías.

64. O artigo 20 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario da Galicia, establece que os procedementos administrativos de constrinximento:
a) NOn se poderán suspender en ningún caso.
b) Suspenderánse mediante a interposición do correspondente recurso.
c) Podrerán suspenderse se o interesado demostra que existiu no seu prexuizo erro material ou aritmético na determinación da débeda que se lle esixa.
d) Poderán suspenderse cando a débeda sexa inferior á cifra que, por norma xurídica de rango suficiente, fixe a Consellería de Economía e Facenda.

65. De conformidade co artigo 33 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a emisión de débeda pública ou operacións de crédito que realicen a Comunidade ou os seus organismos autónomos terán que ser autorizadas, dentro dos límites sinalados pola Lei:
a) Polo Presidente da Xunta.
b) Polo Conselleiro de Economía e Facenda.
c) Polo presidente da Xunta no caso da Comunidade e polo conselleiro de Economía e Facenda no caso dos organismos autónomos.
d) Plo conselleiro de Economía e Facenda no caso da Comunidade e polos conselleiros das Consellerías de que dependan no caso dos organismos autónomos.

66. De conformidade co artigo 49 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de soutubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia:
a) A clasificación funcional por programas é propia dos estados de ingresos e de gastos.
b) A clasificación económica dos estados de gastos presentará con separación os gastos correntes e os gastos de capital.
c) Os estados de ingresos presentarán unha clasificación funcional por programas.
d) As clasificacións de ingresos orgánica e económica informarán sobre a fonte do ingreso e a súa naturaleza respectivamente.

67. De conformidade co artigo 56 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, os créditos autorizados nos programas de gastos:
a) Teñen carácter limitativo e vinculante no nivel de artigo.
b) Teñen carácter limitativo e vinculante no nivel de concepto.
c) Os créditos destinados a gastos de persoal, excepto os que se refiren a incentivos ao rendemento, terán carácter vinculante no nivel de concepto.
d) Son correctas as respostas b) e c).

68. De conformidade co artigo 57 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, poderanse adquirir compromisos de gastos por contía superior ao importe dos créditos figurados nos estados de gastos:
a) Nunca
b) Cando o seu importe exacto fose de difícil previsión no momento de elaborar os orzamentos.
c) Sempre
d) Nos supostos que regulamentariamente se determinen.

69. De conformidade co Catítulo II do Título III do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, deberán ser autorizadas por lei:
a) As concesións de créditos extraordinarios e suplementarios de crédito.
b) Os anticipos de tesourería.
c) As transferencias de crédito.
d) As xeracións de crédito.

70. P artogp 72 do Decretp lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, dispón que correspóndelles aos órganos estatutarios, agás o que establezan outras leis aplicables, aos conselleiros e demais órganos da Comunidade Autónoma que tivesen dotacións diferenciadas nos seus estados de gastos:
a) Autorizar os gastos referentes aos servizos ao seu cargo, excepto nos casos reservados polas leis á competencia da Xunta de Galicia, así como autorizar os actos de disposición de créditos, e propoñer ao conselleiro de Economía e Facenda o recoñecemento de obrigas e a ordenación dos correspondentes pagamentos.
b) Autorizar os gastos referentes aos servizos ao seu cargo, excepto nos casos reservados polas leis á competencia da Xunta de Galicia, así como autorizar os actos de disposición de créditos e de recoñecemento de obrigas.
c) Autorizar os gastos referentes aos servizos ao seu cargo, excepto nos casos reservados polas leis á competencia da Xunta de Galicia, así como autorizar os actos de disposición de créditos e de recoñecemento de obrigas, e propoñerlle ao conselleiro de Economía e Facenda a ordenación dos correspondentes pagamentos.
d) Autorizar os gastos, autorizar os actos de disposición de créditos e de recoñecemento de obrigas, e ordenar os correspondentes pagamentos.

71. Os organismos autónomos definidos no artigo 11 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia:
a) Non teñen personalidade xurídica propia.
b) A súa creación e supresión requirirá acordo do Consello da Xunta.
c) Son entes institucionais da dereito público que realizan funcións ou actividades de competencia da Comunidade Autónoma en réxime de descentralización administrativa.
d) Son entidades de dereito público con personalidade xurídica propia que por lei teñen que adecuar a súa actividade ao ordenamento xurídico privado.

72. O artigo 104 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, establece que a auditoría financeira:
a) Terá por obxecto a emisión dun ditame sobre se a información contable do órgano controlado se presenta de acordo cos principios, cos criterios e coas normas contables que sexan aplicables.
b) Ten por obxecto determinar se na xestións das operacións que dean lugar a dereitos e obrigas de contido económico, na xestión dos ingresos e pagamentos e máis na recadación, custodia, investimento ou aplicación en xeral dos recursos se cumpriu coa legalidade e coas cormas e directrices, internas ou externas, que resulten aplicables.
c) Ten por obxecto a avaliación da eficacia e a eficiencia alcanzadas na xestión dos recursos públicos adscritos a unha entidade para o cumprimento dos seus obxectivos. Este sistema de auditoría será o utilizado para a avaliación do grao de cumprimento dos obxectivos físicos e financeiros previstos nos programas de gasto.
d) Ten por obxecto recomendar e propoñer melloras e modificacións parciais ou xerais, nos procedementos de xestión económico-financeira, sobre a base das posibles debilidades ou disfuncionalidades detectadas na súa revisión.

73. De conformidade co artigo 2.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, o persoal da Administración autónoma desempeñará as súas funcións ao servizo dos cidadáns e dos intereses xerais de Galicia con criterios de:
a) Independencia, neutralidade e imparcialidade.
b) Independencia, obxectividade e profesionalidade.
c) Obsectividade, profesionalidade e imparcialidade.
d) Eficacia, obxectividade e neutralidade.

74. ¿Quen determina, consonte o artigo 6.3º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, o número de postos reservados a persoal eventual, coas súas caractaerísticas e retribucións, dentro dos correspondentes créditos orzamentarios consignados para o efecto?
a) O Consello da Xunta de Galicia.
b) O conselleiro competente en materia de Función Pública.
c) O Conselleiro de Economía e Facenda.
d) Os Conselleiros respectivos.

75. Establecer anualmente os criterios para a aplicación do réxime retributivo dos funcionarios públicos, consonte o título III da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, correspóndelle a:
a) O conselleiro de Economía e Facenda.
b) O Consello Galego da Función Pública.
c) O Consello da Xunta de Galicia.
d) O artigo 12 da Lei 4/1988 non recolle a citada competencia.

76.O artigo 27.6º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, establece que a reasignación de efectivos como consecuencia dun plan de emprego efectuarase aplicando criterios obxectivos, que se concentrarán nel, relacionados con:
a) Aptitudes.
b) Formación.
c) Antigüedade.
d) Todas as respostas son correctas.

77. ¿Cales son os procedementos de provisión de postos de traballo, de acordo co artigo 27 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia?
a) Concurso e libre designación.
b) Concurso, concurso-oposición e oposición.
c) Concurso e concurso-oposición.
d) Concurso-oposición e oposición.

78. De acordo co artigo 27.7º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, a Administración da Xunta de Galicia poderá adscribir aos funcionarios a postos de traballo en distinta unidade ou localidade, logo de solicitude baseada en motivos de saúde ou rehabilitación do funcionario, do seu cónxuxe ou dos fillos ao seu cargo. ¿Qué carácter terá esta adscrición?
a) Definitivo, en todo caso.
b) Definitivo, cando o funcionario ocupase con tal carácter o posto de orixe.
c) Provisional, en todo caso.
d) Provisional, mentres dure o motivo que deu lugar a ela.

79. Ao regular o concurso-oposición, o artigo 36.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, establece que a valoración dos méritos ou nivel de experiencia non supoñerá, con relación ás probas selectivas:
a) Menos dun 50% da puntuación máxima alcanzada na fase de oposición.
b) Máis dun 50% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición.
c) Menos dun 40% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición.
d) Máis dun 40% da puntuación máxima alcanzada na fase de oposición.

80. De conformidade co artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, a condición de funcionario adquírese polo cumprimento dunha serie de requisitos, entre os que está:
a) Tomar posesión no prazo de 1 mes a partir da publicación no nomeamento.
b) Tomar posesión no prazo de 20 días naturais a partir da publicación do nomeamento.
c) Tomar posesión no prazo de 15 días hábiles a partir da publicación do nomeamento.
d) Ningunha resposta é correcta.

81. Respecto dos funcionarios en sutuación de servizos especiais, o artigo 53 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, sinala o seguinte:

a) Computárselles o tempo que permanezan en tal situación para os efectos de ascensos, trienios e dereitos pasivos.
b) En todos os casos percibirán as retribucións do posto ou cargo efectivo que desempeñen.
c) Non percibirán as retribucións que lles correspondan como funcionarios, sen presuizo do dereito á percepción dos trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios.
d) Todas as respostas son correctas.

82. O artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, en relación coa excedencia voluntaria por interese particular, dispón que para solicitar o pase a esta situación será preciso:
a) Ter prestado servizos efectivos en calquera das Administracións Públicas durante os cinco anos inmediatamente anteriores.
b) Ter prestado servizos efectivos na Administración da Comunidade Autónoma de Galcia exclusivamente, durante os cinco anos inmediatamente anteriores.
c) Ter prestado servizos efectivos en calquera das Administracións Públcias durante cinco anos en total, sen que sexan necesariamente os inmediatamente anteriores.
d) Ter prestado servizos efectivos na Administración da Comunidade Autónoma da Galicia exclusivamente, durante cinco anos en total, sen que sexan necesariamente os inmediatamente anteriores.

83. En relación coa excedencia voluntaria por agrupación familiar, de conformidade co artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, ¿cal das seguintes afirmacións non é correcta?
a) Ten unha duración mínima de dous anos e máxima de dez anos.
b) Pode concedérselle aos funcionarios cando o seu cónxuxe resida noutro concello por obter un posto de traballo de carácter definitivo como funcioario de carreira en calquera Administración Pública.
c) Pode concedérselle aos funcionarios cando o seu cónxuxe resida noutro concello por estar desempeñan un posto de traballo de carácter definitivo como funcionario de carreira en calquera Administración Pública ou Organismo Autónomo.
d) Pode concedérsello aos funcioarios cando o seu cónxuxe resida noutro concello por obter un posto de traballo de carácter derfinitivo como laboral en calquera Administración Pública.

84. De acordo co artigo 56 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, no suposto de que se produza unha redución de postos de traballo de acordo cos procedementos legalmente establecidos e o funcionario afectado por ela non poida ser adscrito a outro posto, pasará á situación de excedencia forzosa, tendo dereito neste caso a:
a) Percibir as retribucións básicas
b) Percibir o complemento de destino inferior en dous niveis ao seu grado persoal.
c) O cómputo do tempo que permaneza en tal situación para os efectos de trienios e dereitos pasivos.
d) Todas as respostas son correctas.

85. O Titulo V da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, denomínase "Réxime xurídico da Función Pública" e ten seis capítulos. ¿Cal deles é o correspondente ao "Réxime retributivo"?
a) O catítulo III
b) O capítulo IV
c) O capítulo V
d) O capítulo VI

86. De acordo co artigo 62 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia, os funcionarios de novo ingreso comezarán a consolidar o grao correspondente ao nivel de complemento de destino de:
a) O primeiro posto ao que se lles adscriba, de forma provisional exclusivamente, trala superación do proceso selectivo.
b) O primeiro posto ao que se lles adscriba, de forma definitiva exclusivamente, trala superación do proceso selectivo.
c) O promeiro posto ao que se lles adscriba, de forma provisional ou definitiva, trala superación do proceso selectivo.
d) Ningunha resposta é correcta.

87. ¿Qué duración ten o permiso no suposto de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente, dun menor, maior de seis anos de idade, que por circunstancias ou experiencias persoais teña especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente acreditadas polos servizos sociais competentes, de conformidade co artigo 70.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia?
a) 20 semanas
b) 18 semanas
c) 16 semanas
d) 14 semanas

88. No suposto de parto múltiple, ¿a cantos días de permiso de paternidade ten dereito o funcionario, consonte o artigo 70.5º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da Función Pública de Galicia?
a) 8 días naturais
b) 10 días naturais
c) 8 días hábiles
d) 10 días hábiles

89. O artigo 7 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do personal ao servizo das Administracións Públicas, establece como requisito necesario para autorizar a compatibilidade de Actividades públicas que a cantidade total que perciba por ambos os dous postos ou actividades non supere a remuneración prevista nos Orzamentos Xerais do Estado para o cargo de director xeral, nin supere a correspondente ao principal, estimada en réxime de dedicación ordinaria, incrementada, para os funcionarios do grupo A ou persoal de nivel equivalente, en:
a) Un 25 %
b) Un 30%
c) Un 35%
d) Un 40%

90. De acordo co artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, quen acceda a un novo posto no sector público, sendo os postos susceptibles de compatibilidade, debe instar a dita compatibilidade:
a) Nos dez primeiros días do prazo de toma de posesión.
b) Nos quince primeiros días do prazo de toma de posesión.
c) Nos vinte primeiros días do prazo de toma de posesión.
d) Nos vintecinco primeiros días do prazo de toma de posesión.

91. O artigo 16 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas, dispón que, por excepción e sen prexuicio das limitacións establecidas nesta lei, poderá recoñecerse compatibilidade para o exercicio de actividades ao persoal que desempeñe postos de traballo que comporten a percepción de complementos específicos, ou concepto equiparable, a contía dos cales, excluídos os conceptos que teñan a súa orixe na antigüedade, non supere:
a) O 15%da súa retribución básica.
b) O 20% da súa retribución básica.
c) O 25% da súa retribución básica.
d) O 30% da súa retribución básica.

92. ¿Por qué norma se aprobou o texto articulado da Lei de funcionarios civís do Estado?
a) Decreto 315/1964, do 7 de febreiro.
b) Decreto 312/1964, do 7 de febreiro.
c) Decreto 315/1964, do 7 de maio.
d) Decreto 312/1964, do 7 de maio.

93. De acordo co artigo 4.2º do Decreto 92/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de situacións administrativas dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, poden autorizarse comisións de servizo:
a) Para que a realización de tarefas especiais que non estean asignadas específicamente aos posteos incluídos nas relacións de postos de traballo.
b) Para a realización de tarefas que, por motivo de maior volume ou razóns coxunturais, non poidan ser atendidas con dufuciendia polos funcionarios que desempeñen con carácter permanente os postos de traballo aos que se lles asignen as ditas tarefas.
c) Para participar en tempo non superior a 6 meses en misións de cooperación internacional ao servizo de organismos internacionais, entidades ou gobernos extranxeiros.
d) Todas as respostas son correctas.

94. De conformidade co artigo 14.2º do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o titular da consellería onde o funcionario obtivese novo destino por concurso poderá conceder, se o destino se atopa en distinta localidade e así o solicita o interesado por razóns xustificadas, unha prórroga de incorporación ata un máximo de:
a) 10 días hábiles
b) 15 días hábiles
c) 20 días hábiles
d) 30 días hábiles

95. De acordo co artigo 4 do Decreto 94/1991, do 29 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, consedérase falta grave:
a) O incumprimento das normas sobre incompatibilidades.
b) A publicación ou utilización indebida de segredos oficiais así declarados por lei ou clasificados como tales.
c) As conductas constitutivas de delito doloso relacionadas co servizo ou que lles causen dano á Administración ou aos administrados.
d) Todas as respostas son correctas.

96. Consonte o artigo 12 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias, o órgano convocante ou aquel en quen delegue, ditará resolución declarando os aspirantes adminitidos e os excluídos co motivo da exclusión, no prazo máximo de:
a) 15 dias hábiles
b) 20 días hábiles
c) 1 mes
d) 2 meses

97. De acordo co artigo 3 do IV Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia, correspóndello á Comisión Paritaria de Vixilancia, Interpretación e Desenvolvemento do Convenio:
a) Ser oída con anterioridade á publicación da oferta de emprego público.
b) Asegurar a non discriminación da muller, controlando a igualdade de trato, os posibles abusos, agresións de orde secual, laborais, físicas ou psíquicas, tanto por parte dos compañeiros de traballo, como por parte dos superiores.
c) A interpretación da totalidade do articulado ou cláudulas do convenio.
d) Todas as respostas son correctas.

98. O artigo 11 do IV Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia establece que os tribunais de selección estarán formados por:
a) Un número non inferior a 7 membros.
b) Un número non superior a 7 membros.
c) Un número non inferior a 5 membros.
d) Un número non superior a 5 membros.

99. De conformidade co artigo 17 do IV Convenio Colectivo Único para o persoal Laboral da Xunta de Galicia, poderanse conceder permutas ou rootacións de posto de traballo entre dous ou máis traballadores, persoal fixo, cando concorran as seguintes circunstancias:
a) Que conten con máis de 2 anos de servizos continuados na Administración.
b) Que teñan idénticas categorías laborais.
c) Que lles falte aos traballadores máis de 10 anos para a xubilación.
d) Todas as respostas son correctas.

100. De acordo co artigo 18 do Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia, a xornada máxima anual será de:
a) 1660 horas
b) 1662 horas
c) 1663 horas
d) 1665 horas

101. O artigo 22 do IV Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia, establece que os traballadores fixos que leven como mínimo un ano de servizo poderán pedir licenzas sen soldo polo seguinte prazo:
a) Non inferior a 10 días nin superior a 6 meses, nun intervalo de tempo de 2 anos.
b) Non inferior a 15 días nin superior a 6 meses, nun intervalo de tempo de 2 anos.
c) Non inferior a 10 días nin superior a 3 meses, nun intervalo de tempo de 2 anos.
d) Non inferior a 15 días nin superior a 3 meses, nun intervalo de tempo de 2 anos.

102. O artigo 26 do IV Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia, dedicado aos complementos salarias, inclúe o correspondente á nocturnidade, sinalando que se considerará na súa totalidade nocturno, salvo que o salario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, o período de tempo abranguido entre:
a) As 22 horas e as 5 horas da mañá.
b) As 21 horas e as 6 horas da mañá.
c) As 22 horas e as 6 horas da mañá.
d) As 23 horas e as 7 horas da mañá.

103. De acordo co artigo 1 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, en aplicación desta lei poderán dirarse normas específicas para adecuala ás peculiaridades do seguinte persoal:
a) Docente e investigador.
b) Dos servizos postais e telecomunicacións.
c) Do persoal destinado no extranxeiro.
d) Todas as respostas son correctas.

104. ¿A quen lle corresponde no ámbito da Administración Xeral do Estado, consonte o artigo 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, a iniciativa para a elaboración dos plans de emprego?
a) Ao Ministerio ou Organismo afectado.
b) Aos Ministerios de Administracións Públicas e de Economía e Facenda, conxuntamente.
c) As respostas a) e b) son correctas.
d) Ningunha resposta é correcta.

105. De acordo co artigo 29 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, a excedencia voluntaria incentivada terá unha duración de:
a) 1 ano
b) 3 anos
c) 5 anos
d) 10 anos.

106. O artigo 29 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, ao regular a excedencia por razón de violencia sobre a muller funcionario, sinala que as funcionarias públicas víctimas de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terán dereito a solicitar a situación de excedencia:
a) Acreditando a prestación dun mínimo de 6 meses de servizos previos.
b) Acreditando a prestación dun mínimo de 1 ano de servizos previos.
c) Acreditando a prestación dun mínimo de 2 anos de servizos previos.
d) Sen necesidade de ter prestado un tempo mínimo de servizos previos.

107. De acordo co artigo 30 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, no suposto de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ao país de orixe do adoptado, o permiso poderá iniciarse:
a) Ata catro semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.
b) Ata seis semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.
c) Ata oito semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.
d) Ata dez semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

108. Tal como establece o artigo 34 da Lei 30/1984, do 2 de afosto, de medidas para a reforma da función pública, os funcionarios afectados pur un proceso de reasignación de efectivos que se atopen nas situacións de expectativa de destino ou de excedencia forzosa, como consecuencia dun plan de emprego, poderán solicitar a xubilación voluntaria anticipada, nas condicións establecidas no réxime de Seguridade Social no que estean encadrados, sempre que reúnan os requisitos establecidos nese réxime, teñan cumpridos sesenta anos de idade, e acrediten polo menos:
a) 15 anos de servizos.
b) 20 anos de servizos
c) 25 anos de servizos.
d) 30 anos de servizos.

109. De conformidade co artigo 15.1º do Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, poderán celebrarse contratos de duración determinada cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixisen, aínda tratándose da actividade normal da empresa. En tales casos, os contratos poderán ter unha duración máxima de:
a) 3 meses, dentro dun periodo de 12 meses.
b) 6 meses, dentro dun periodo de 12 meses.
c) 6 meses, dentro dun periodo de 18 meses.
d) 9 meses, dentro dun periodo de 18 meses.

110. Consonte o recollido no artigo 8 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sinale cal das seguintes proposicións é verdadeira:
a) Os convenios de conferencia sectorial poden supoñer a renuncia ás competencias propias das administracións intervinientes.
b) Os convenios de colaboración non supoñen a renuncia ás competencias propias das administracións intervinientes.
c) Os convenios de conferencia sectorial deberán publicarse no <Boletín Oficial do Esgado> e para os convenios de colaboración bastará a súa publicación no diario oficial da comunidade autónoma afectada.
d) As tres respostas anteriores son verdadeiras.

111. De conformidade co artigo 5 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno, ¿cal das seguintes funcións non é competencia do Consello de Ministros?
a) Crear, modificar e suprimir, por real decreto, os departamentos ministeriais.
b) Remitir os tratados internacionais ás Cortes Xerais.
c) Propoñer ao Congreso dos Deputados a declaración do estado de sitio.
d) Aprobar os regulamentos para o desenvolvemento e execución das leis, logo de ditame do Consello de Estado, así como das demais disposicións regulamentarias que procedan.

112. De acordo co artigo 1, en relación co artigo 6, ambos da Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno reúnense en:
a) Comisións Técnicas, Consello de Ministros e nas Comisións Delegadas creadas polo presidente do Goberno.
b) Consello de Ministros e nas Comisións Delegadas creadas polo presidente do Goberno.
c) Comisións Técnicas, Consello de Ministros e nas Comisións Delegadas creadas polo Consello de Ministros.
d) Todas as enteriores respostas son falsas.

113. De conformidade co artigo 7 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado, os elementos organizativos básicos das estructuras orgánicas son:
a) Os departamentos ministeriais e as delegacións do goberno.
b) Os órganos administrativos.
c) As unidades administrativas.
d) Todas as respostas anteriores sen correctas.

114. Consonte co artigo 22 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado, sinale cal das seguintes proposicións é verdadeira:
a) O delegado do Goberno ten a representación ordinaria do Estado nas Comunidades Autónomas.
b) Os delegados do Goberno exercen a dirección dos organismos públicos da Administración Xeral do Estado situados no seu territorio.
c) Os delegados do Goberno terán a súa sede na localidade onde radique o Consello de Goberno da Comunidade Autónoma, agás orde motivada do Ministro de Administracións Públicas a proposta do Ministro de Interior, logo de informe do Consello de Estado.
d) Todas as respostas anteriores son correctas.

115. De conformidade co artigo 2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as entidades de dereito público con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes de calquera das administracións públicas terán a consideración de:
a) Administración Pública.
b) Administración pública só cando exerzan potestades administrativas.
c) Administración pública se así o dispoñen as súas normas de creación.
d) Administración pública respecto dos actos e disposicións en materia de persoal, administración e xestión patrimonial suxeitos ao dereito público adoptados polos órganos competentes.

116. De conformidade co artigo 62 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado, ¿cal dos seguintes extremos non forma parte do contido necesario dos estatutos dos organismos públicos?
a) A forma de designación dos órganos de dirección.
b) A distribuciuón de competencias entre os órganos de dirección.
c) Os recursos económicos que haxa de financiar o organismo.
d) Os recursos humanos precisos para o funcionamento do organismo.

117. Consonte o artigo 54 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado, para os efectos desa Lei, or órganos das entidades públicas empresariais:
a) Son asimilables en canto ao seu rango administrativo ao dos órganos da Administración Xeral do Estado.
b) Non son asimilables en canto ao seu rango administrativo ao dos órganos da Administración Xeral do Estado, agás aqueles que exerzan potestades administrativas.
c) Son asimilables en canto ao seu rango administrativo ao rango administrativo dos órganos da Administración Xeral do Estado, agás aqueles que sometan a súa actividade ao dereito privado.
d) Non son asimilables en canto ao seu rango administrativo ao dos órganos da Administración Xeral do Estado, salvo as excepcións que para determinados efectos se fixen nos seus estatutos.

118. De conformidade co artigo 37 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu Presidente, en relación cos artigos 26 e 38 da dita norma legal, adoptarán a forma de decreto:
a) Todas as resolucións do Consello da Xunta, agás que as leis determinen outra cousa.
b) A resolución do presidente da Xunta pola que encomende a un conselleiro que se encargue do despacho dunha Consellería en caso de ausencia do seu titular.
c) As disposicións dos conselleiros cando interesen a máis de unha Consellería.
d) Todas as anteriores respostas son correctas.

119. De conformidade co artigo 4 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), sinale a proposición correcta:
a) As disposicións sancionadoras nunca se aplican con efecto retroactivo.
b) So poden aplicarse con efectos retroactivos as disposicións sencionadoras que se refiran aos aspectos relativos ao procedemento.
c) Non poden aplicarse con efectos retroactivos as disposicións sancionadoras relativas á imposición de sancións e aos cadros de infraccións.
d) Ningunha das respostas anteriores é correcta.

120. Consonte cos artigos 11, 12 e 13 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, pola que se crea o Consello Consultivo, ¿quen pode solicitar un ditame ao Consello Consultivo en concepto de indemnización de danos e perdas que se formulen contra a Comunidade Autónoma?
a) O Presidente da Xunta.
b) O Presidente da Xunta, o Consello e os conselleiros.
c) Os presidentes dos organismos e entes públicos.
d) As respostas b) e c) son correctas.

121. De conformidade co artigo 14 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, sinale cal das seguintes proposicións é verdadeira:
a) A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en todos os niveis educativos, garantirase o uso efectivo deste dereito en todos os centros públicos, e promoverase nos centros privados.
b) A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en todos os niveis educativos non universitarios, garantirase o uso efectivo deste dereito en todos os centros públicos, e promoveranse nos cantros privados.
c) A lingua galega é materia de estudo obrigatorio en todos os niveis educativos, garantirase o uso efectivo deste dereito en todos os centros públicos e privados.
d) Ningunha das anteriores respostas é verdadeira.

122. De acordo co artigo 111 da Lei 3/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común, determine cal das seguintes proposicións é verdadeira:
a) A interposición de calquera recurso suspenderá a execución do acto impugnado, agás que unha disposicións expresamente determine o contrario.
b) O órgano que ditou o acto impugnado poderá suspender, de oficio ou a solicitude do recorrente a execución logo de ponderación suficientemente razoada, entre o prexuízo que a suspensión causaría ao interese público au a terceiros e o prexuízo que se lle causa ao recorrente como consecuencia da eficacia inmediata do acto obxecto fo recurso.
c) A solicitude de suspensión da execución do acto impugnado entenderase desestimada se transcorridos trinta días desde que a solicitude de suspensión tivo entrada no rexistro do órgano competente para decidir sobre ela, este non ditou resolución expresa ao respecto.
d) A suspensión poderá prolongarse despois de esgotada a vía administrativa.