Enxeñeiros Técnicos Forestais Exame 2008

Para completar este test, puede consultar los siguientes recursos:

Espero que este recurso le haya sido de provecho. Si desea hacer cualquier sugerencia o avisarme de cualquier error en este y otros materiales, use este foro. Muchas gracias


Enxeñeiros Técnicos Forestáis Primeiro Exercicio


Primeiro Exercicio Test

1. O escrito de interposición dun recurso non ten porqué conter:

a) O nome e apelidos do recorrente.
b) A identificación do medio que se sinale a efectos de notificación.
c) O órgano, centro o unidade administrativa a quen se dirixe.
d) O domicilio do recorrente.

2. O recurso de alzada interponse:

a) Sempre ante o órgano que dictou o acto que se impugna.
b) Sempre ante o órgano competente para resolvelo.
c) Ante o órgano que dictou o acto que se impugna ou ante o órgano competente para resolvelo.
d) Ante o órgano superior ao competente para resolvelo.

3. As cantidades debidas á Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia devengarán intereses de demora:

a) Dende o día do seu vencemento.
b) Dende o día seguinte ao seu vencemento.
c) Dende o primeiro día hábil do mes seguinte ao do seu vencemento.
d) Dende o primeiro día natural do mes seguinte ao do seu vencemento.

4. Conforme a Lei de Réxime Xuridico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, ¿as copias dos documentos públicos gozan da mesma validez e eficacia que éstes?

a) Si, sempre que exista constancia de que son auténticas.
b) Si, en todo caso.
c) Nos casos en que así o estableza una norma con rango de Lei.
d) Nón.

5. De conformidade co artigo 140 da Lei de contratos do Sector Público, os contratos que celebren as Administracións Públicas deberán formalizarse:

a) No prazo de 30 días hábiles.
b) No prazo de 30 días naturais.
c) En documento administrativo.
d) En documento público.

6. Segundo o artigo 37.1 do Decreto Lexislativo 11999, as operacións de crédito realizadas pola comunidade autónoma de Galicia ou os seus organismos autónomos, terán que ser autorizados:

a) Polo conselleiro de Economía e Facenda.
b) Polo Consello da Xunta a proposta do conselleiro de Economía e Facenda.
c) Polo Parlamento.
d) Ningunha das anteriores.

7. As disposicións do Goberno que conteñan lexislación delegada, recibirán o título de:

a) Decretos.
b) Regulamentos.
c) Leis Ordinarias.
d) Decretos Lexislativos.

8. A inviolabilidade dos Deputados e Senadores estendese a:

a) Tódolos actos realizados durante o seu mandato.
b) Tódolas opinións manifestadas no exercicio das súas funcións.
c) Tódalas opinións manifestadas durante o seu mandato.
d) Tódalas respostas anteriores son falsas. Son inmunes pero non inviolables.

9. A Clasificación orgánica distribúe os créditos para gastos da Xunta de Galicia por:

a) Subsectores.
b) Programas.
c) Seccións e Servizos.
d) Funcións.

10. A aprobación dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia corresponde a:

a) O Presidente da Xunta de Galicia.
b) O Parlamento Galego.
c) As Cortes Españolas.
d) O Delegado do Goberno en Galicia.

11. Dentro do destino dos bens e dereitos do Banco de Terras de Galicia, ¿a qué expedientes de acceso ás terras, deberá darlle prioridade o Bantegal?:

a) Aos de ampliación da base territorial de explotacións existentes e en funcionamento.
b) Aos de primeira instalación de persoas agricultoras mozas.
c) Aos de favorecemento das condicións das explotacións dirixidas ou explotadas maiorita ria mente por mulleres e da primeira instalación destas.
d) Aos da posibilidade de lles facilitar o acceso á terra ás mulleres labregas que sofren violencia de xénero e que, como consecuencia dela, tiveron que abandonar a súa casa e as súas terras.

12. En qué momento producirán efecto os actos das administracións públicas suxeitos ao dereito administrativo?

a) Sempre na data na que se diten.
b) Sempre na data na que se publiquen.
c) Na data na que se diten, salvo que neles se dispoña outra cousa.
d) Na data na que se publiquen, salvo que neles se dispoña outra cousa.

13. Con carácter xeral, a desafectación de bens demaniais da Comunidade Autónoma de Galicia debe efectuarse mediante:

a) Decreto.
b) Orde da Consellería de Economía e Facenda.
c) Acordo do Consello da Xunta.
d) Decreto executivo da comisión delegada de asuntos económicos da Xunta de Galicia.

14. Conforme ó Estatuto de Autonomía de Galicia ¿cal destas afirmacións non é certa?

a) A Xunta é o órgano colexiado de Goberno de Galicia.
b) O Presidente da Xunta será elixido polo Parlamento Galego de entre os seus membros e será nomeado por El- Rei.
c) O Presidente da Xunta será politicamente responsable perante o Parlamento do Estado.
d) O Presidente dirixe e coordina a acción da Xunta e ostenta a representación da Comunidade Autónoma.

15. Conforme ó artigo 11 do Estatuto de Autonomía de Galicia, ¿cal das seguintes afirmacións non é correcta?:

a) O Parlamento estará constituído por Deputados elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto.
b) O Parlamento de Galicia fixará o seu propio orzamento.
c) Os Deputados estarán suxeitos a mandato imperativo.
d) O Parlamento funcionará en Pleno e en Comisións e reunirase en sesións ordinarias e extraordinarias.

16. ¿Admite a Constitución Española a federación de Comunidades Autónomas?:

a) Sí.
b) Si, previo referendo nas respectivas Comunidades Autónomas.
c) Si, coa autorización das Cortes Xerais.
d) Prohíbeo.

17. Non constitúe unha función de El-Rey:

a) Declarar a guerra.
b) Nomear ó Presidente do Tribunal Constitucional.
c) Nomear ó Fiscal Xeral do Estado.
d) Autorizar indultos xerais.

18. O Estatuto Básico do Empregado Público establece respecto das retribucións dos funcionarios interinos:

a) No se recoñecerán os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do presente Estatuto.
b) Recoñeceranse os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do presente Estatuto e terán efectos retributivos a partir da data en que se recoñezan.
c) Recoñeceranse os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do presente Estatuto e terán efectos retributivos a partir da presentación da solicitude de recoñecemento por parte dos interesados.
d) Recoñeceranse os trienios correspondentes aos servizos prestados antes da entrada en vigor do presente Estatuto e terán efectos retributivos a partir da entrada en vigor do mesmo.

19. Cal dos seguintes órganos de representación sindical corresponde en exclusiva ao persoal laboral?

a) Delegados de persoal.
b) Seccións sindicais.
c) Delegados de prevención.
d) Comités de empresa.

20. Nun convenio para o fomento da producción forestal asinado coa administración, a entidade propietaria do solo recibe dos ingresos procedentes da corta de madeira:

a) Un mínimo do 70% do valor da madeira, máis o IVE de todo o aproveitamento, podéndose chegar ao 100% do valor da madeira máis o IVE segundo o estado das contas do convenio.
b) Un mínimo do 70% do valor da madeira, máis o 70% do IVE, podéndose chegar ao 100% do valor da madeira máis o IVE segundo o estado das contas do convenio.
c) Un mínimo do 70% do valor da madeira, podéndose chegar ao 100 % do valor da madeira segundo o estado das contas do convenio, sin IVE xa que os convenios están exentos de declaración de IVE.
d) O 70% do valor da madeira mais o 70% do IVE.

21. O deslinde define con contornos precisos e provisionais:

a) A propiedade do monte.
b) A posesión do monte.
c) A propiedade e posesión do monte.
d) Tódalas respostas son verdadeiras.

22. Para convocar unha asemblea xeral extraordinaria dunha comunidade veciñal en man común, fai falla como mínimo unha porcentaxe de comuneiros do:

a) 10%.
b) 20%.
c) 25%.
d) 50%.

23. Cal das seguintes fertilizacións favorece as gramíneas fronte as leguminosas?

a) Fosforadas.
b) Potásicas.
c) Nitroxenadas.
d) As dúas primeiras (a e b).

24. Cánto tempo debe transcorrer entre a primeira e segunda convocatoria da asemblea xeral dunha comunidade veciñal en man común?:

a) 30 minutos.
b) 45 minutos.
c) 60 minutos.
d) 120 minutos.

25. Cal constitúe unha praga típica do piñeiro?:

a) Thaumetopoea pityocampa.
b) Armillaria mellea.
c) Fusarium circinatum.
d) As tres (a,b,c).

26. Segundo o IFN3·, cál é a provincia galega que máis aumentou en porcentaxe a súa superficie arborada?:

a) A Coruña.
b) Lugo.
c) Ourense.
d) Pontevedra.

27. Cal destas especies forestais non ten establecido as súas rexións de procedencia polo método aglomerativo?:

a) Pinus pinaster
b) Pinus radiata
c) Pinus sylvestris
d) Quercus robur

28. Cántos clons de castiñeiro híbrido figuran no Rexistro galego de materiais de base?:

a) Non figura ningún.
b) 35 clons, a metade como material controlado e a outra metade como cualificado.
c) 32 clons, a metade como material controlado e a outra metade como cualificado.
d) Figuran os campos de plantas nais, non os clons.

29. Se unha persoa física ou xurídica, dada de alta como persoa productora de planta e material forestal de reprodución nos rexistros legalmente establecidos, produce planta de Pinuspinaster para repoboar 5 hectáreas de monte na súa propiedade con fins dirixidos á silvicultura, é necesario cumprir cos requirimentos dispostos no RD 28912003, de 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución?:

a) Non, porque ao non comercializala non entra no ámbito de aplicación do RD.
b) Si, polo feito de que calquera material forestal de reprodución con fins dirixidos á silvicultura é ámbito de aplicación do RD.
c) Si, porque o Pinus pinaster forma parte do Anexo I do RD recollido na listaxe de especies da Directiva 1999/105/CE.
d) Ningunha das tres anteriores.

30. Unha partida de planta forestal de Pinus pinaster procedencia Galicia costa que se estea a comercializar, segundo o artigo 10 do RD 28912003, de 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, deberá presentar cando menos a seguinte documentación:

a) Certificado patrón de identidade e etiqueta do provedor.
b) Certificado patrón de identidade, etiqueta e documento provedor.
c) Etiqueta e documento provedor.
d) Só é necesario o certificado patrón de identidade.

31. Consonte coa definición dada por Assman (1970) de altura dominante, para unha parcela de 500 metros cadrados, cómo se acharía dita altura?:

a) Introducindo na curva de altura-diámetros o valor do diámetro medio cuadrático das 10 árbores máis altas na parcela.
b) Introducindo na curva de altura-diámetros o valor do diámetro medio cuadrático das 5 árbores máis altas na parcela.
c) Introducindo na curva de altura-diámetros o valor do diámetro medio cuadrático das 10 árbores máis grosas na parcela.
d) Introducindo na curva de altura-diámetros o valor do diámetro medio cuadrático das 5 árbores máis grosas na parcela.

32. O índice de calidade defínese como:

a) A altura dominante que acada unha masa á idade típica.
b) O valor en números romanos que distingue as diferentes curvas de calidade.
c) A área basimétrica da masa acadada á idade típica.
d) A idade fixada en función da quenda de especie que serve de referencia para fixala calidade.

33. Segundo as Instrucións xerais para a ordenación dos montes arborados, para o cálculo de existencias dun monte alto de produción madeirable o erro de mostraxe para unha probabilidade fiducial do 0,95 do volume madeirable deberá ser de:

a) Entre o 5-15% para todo o monte.
b) Entre o 5-15% para cada cuartel.
c) Entre o 5-15% para cada sección.
d) Entre o 5-15% para cada cantón.

34. O método de ordenación por rodais ou mouteiras esixe dunha coidadosa e detallada división inventarial, pero, segundo as Instrucións xerais para a ordenación dos montes arborados, cándo é conveniente utilizalo?

a) En montes de produción elevada e estrutura de masa regular, cuxo vó atópase moi diferenciado por razón de especie ou calidade.
b) Cando as condicións ecolóxicas sexan variadas ou difíciles, ou a función preferente ao monte aconselle o tratamento de masa irregular.
c) Para resinosas de montaña que presenten tendencia natural cara á estrutura de masa regular e teñan as idades deficientemente repartidas para unha ordenación por tramos móbiles.
d) Montes altos e regulares con quendas cortas, solos relativamente homoxéneos e climas propicios para a rexeneración natural ou artificial.

35. Segundo as Instrucións xerais para a ordenación dos montes arborados, a división dasocrática representarase no plano de inventario, obténdose así o plano de ordenación, que no caso dos métodos de tramo único ou móbil:

a) O tramo en rexeneración terá unha cor azul, o de preparación branco e o grupo de mellora amarelo.
b) O tramo en rexeneración terá unha cor amarela, o de preparación azul e o grupo de mellora branco.
c) O tramo en rexeneración terá unha cor azul, o de preparación amarelo e o grupo de mellora branco.
d) O tramo en rexeneración terá unha cor amarela, o de preparación branco e o grupo de mellora amarelo.

36. Segundo as Instrucións xerais para a ordenación dos montes arborados, o cálculo da posibilidade anual da rexeneración do tramo único estará formada por:

a) As existencias madeirables, en metros cúbicos, do tramo único entre a duración en anos do período de rexeneración máis a metade do crecemento corrente anual (m3/ano).
b) As existencias madeirables, en metros cúbicos, do tramo único entre a duración en anos do período de rexeneración máis a metade do crecemento medio anual (m3/ano).
c) As existencias madeirables, en metros cúbicos, do tramo único entre a duración en anos do período de rexeneración máis o crecemento medio anual (m3/ano).
d) As existencias madeirables, en metros cúbicos, do tramo único entre a quenda da especie (anos) máis o crecemento corrente anual (m3/ano).

37. Consonte as Normas xerais para o estudo e redacción dos plans técnicos dos montes arborados, dentro do estado forestal efectuarase unha apropiada división do monte en:

a) Cantóns.
b) Rodais ou mouteiras.
c) Parcelas.
d) Seccións.

38. Consonte ao artigo 6 da Orde do 8 de setembro de 1998 pola que se desenvolve o Decreto 24411998, do 24 de xullo, que regula os alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia, unha vez recibida a notificación da adxudicación, o licitador, no prazo de 20 días, terá que cumprilos seguintes requisitos:

a) Constituí-la fianza definitiva, pagalo importe da adxudicación ou ben do 50% dela de acollerse ó establecido no artigo 6 do Decreto 244/1998, do 24 de xullo e por último pagalo importe das taxas que sexan de aplicación ao caso e os gastos de publicación no Diario Oficial de Galicia.
b) Constituí-la fianza definitiva, pagalo importe da adxudicación ou ben do 50% dela de acollerse ó establecido no artigo 6 do Decreto 244/1998, do 24 de xullo e por último pagalo importe dos gastos de publicación no Diario Oficial de Galicia.
c) Cumprir os requisitos que establezan os pregos de cláusulas do aproveitamento.
d) Deberase cumprir ámbolosdous apartados a) e c).

39. Consonte a Orde do 28 de setembro de 2004 pola que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, en aplicación da Lei 4312003, do 21 de novembro, de montes, se un particular realiza no mes de febreiro un aproveitamento e no mes de outubro realiza outro, ambos no mesmo ano e cada un de 10 m3, de uso doméstico e polo tanto sen obxecto de comercialización deberá tramitar:

a) Para cada un, unha notificación.
b) Para cada un, unha autorización.
c) Para cada un, unha comunicación.
d) Ningunha resposta é correcta.

40. Cal das seguintes afirmacións é correcta respecto das liñas de defensa?:

a) Busca crear unha fronte de chama que avance cara ao incendio para atoparse con el e sufocalo.
b) Persegue crear unha zona de seguridade.
c) É a primeira labor que se ten que acometer nun ataque directo para garantir a seguridade.
d) Tense que facer necesariamente có apoio de maquinaria pesada.

41. Qué distancia mínima debe haber entre unha repoboación de Pseudotsuga menziesii e unha vivenda preexistente?:

a) Vintecinco metros.
b) Dez metros.
c) Cincuenta metros.
d) Cen metros.

42. Cal dos seguintes factores non afecta á velocidade de propagación?:

a) A exposición e a humidade dos combustibles.
b) A noite.
c) A continuidade dos combustibles e a pendente.
d) Todos afectan.

43. O obxectivo 2 dos fondos estructurais da UE (Reactivar as zonas con dificultades estructurais) persigue a dinamización das zonas con dificultades estructurais, xa sexan industriais, rurais, urbanos ou que dependan da pesca. ¿Qué fondos estructurais interveñen economicamente para axudar a acadar este obxectivo?:

a) FEDER e FEOGA.
b) FEDER e FSE.
c) FEDER e IFOP.
d) FSE e IFOP.

44. O actual organismo pagador dos fondos estructurais en Galicia é:

a) O Fondo Europeo Agrario (FEAGA).
b) O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
c) O Fondo Europeo Agrario (FEADER).
d) A Sección Garantía do FEOGA.

45. De acordo có Regulamento (CE) 169812005, os Estados membros serán responsables da aplicación dos programas de desenvolvemento rural ao nivel territorial axeitado, de acordo coas súas propias disposicións institucionais e baixo o principio de:

a) Proporcionalidade.
b) Complementariedade.
c) Adicionalidade.
d) Subsidiariedade.

46. Sinala a resposta incorrecta:

a) A erosión dun solo, na súa capa superficial, depende da textura, estructura e contido en materia orgánica.
b) A erosión laminar provoca a perda uniforme da capa superficial dun solo en extensións mais ou menos amplas.
c) A erosión potencial é a perda real dun solo en función dos parámetros do clima, cuberta vexetal, topografía e propiedades do solo.
d) A perda de solo, como consecuencia dos procesos erosivos, pódese medir en volume ou en peso de solo perdido por unidade de superficie (kg/m2/ano ou tm/ha/ano).

47. De acordo coa lei 4312003, de 22 de novembro, de montes; a elaboración e aprobación do Programa de Acción Nacional contra a Desertificación correspóndelle:

a) Exclusivamente ó Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
b) O Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino en colaboración coas comunidades autónomas.
c) As comunidades autónomas coa aprobación posterior do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
d) Non existe iste programa nacional, sendo competencia exclusiva de cada comunidade autónoma a elaboración e aprobación de programas contra a desertización.

48. Cál dos seguintes medios de fixación, defensa e reconstrución de ribeiras dun medio acuático, ten a consideración de protección vexetal?:

a) Gavións.
b) Xeotextís.
c) Faxinas.
d) Escolleiras.

49. Queremos constituír unha UXFOR na que posiblemente haxa propiedades de descoñecidos.¿Cómo nos afecta isto no momento da súa constitución?.Sinala a incorrecta:

a) A UXFOR non poderá excluír dos seus límites, parcelas de titulares descoñecidos non incluídas noutra UXFOR.
b) Unha vez presentada a solicitude de creación da UXFOR, procederase á notificación, individualmente, ás persoas titulares ou propietarias de dereitos de contido patrimonial na zona de actuación.
c) No caso de persoas propietarias ou titulares de dereitos patrimoniais na zona obxecto de ordenación forestal que resulten descoñecidas, procederase á súa notificación conforme a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
d) Unha vez rematado todo o proceso de alegacións, cando teña lugar a aprobación definitiva da UXFOR, estas parcelas descoñecidas quedarán incorporadas á mesma mediante a atribución do dereito de propiedade sobre as mesmas.

50. Se necesitase dispor dun mapa cunha descrición detallada da morfoloxía da canle dun rio para calcular o caudal ecolóxico, pediría::

a) Un mapa altimétrico dese río.
b) Un mapa batimétrico dese río.
c) Un mapa planimétrico dese río.
d) Un mapa hipsométrico dese río.

51. O xénero Rhizobium, que en simbiose ou asociación con plantas da familia das leguminosas é capaz de fixar o nitróxeno atmosférico corresponde a:

a) Un fungo.
b) Unha bacteria.
c) Unha briófita.
d) Un virus.

52. Cal das seguintes especies animais empregadas en aproveitamentos silvopastorais, fai un mellor aproveitamento sobre as especies do xénero Rubus?:

a) Cabra.
b) Cabalo.
c) Ovella.
d) Vaca.

53. Cal dos seguintes principios activos presentes na composición dun fitocida sería o mais convinte empregar nun tratamento puntual sobre un rebrote da especie Pteridium aquilinum, nun pastizal:

a) Triclopir
b) Hexacinona
c) Sulfosato
d) Asulam

54. As funcións relativas á xestión dos órganos de participación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, relativos á integración ambiental e ao desenvolvemento sostible, segundo a estrutura orgánica desta Consellería, as exercerá:

a) A Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
b) A Subdirección Xeral de Tecnoloxía e Control Ambiental.
c) A Subdirección Xeral de Fomento do Desenvolvemento Sostible.
d) A Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

55. Segundo o Convenio sobre Diversidade biolóxica, a conservación dos ecosistemas e os hábitats naturais e o mantemento e recuperación de poboacións viables de especies nos seus contornos naturais e, no caso das especies domésticas e cultivadas, nos contornos en que desenvolvesen as súas propiedades específicas, define:

a) A conservación "ex situ".
b) A conservación "in situ".
c) As condicions "in situ".
d) A diversidade biolóxica.

56. ¿Qué se entende polo termo "área protexida" no Convenio sobre Diversidade Biolóxica?:

a) Enténdese unha área definida xeográficamente que fora designada ou regulada e administrada a fin de acadar obxectivos específicos de conservación.
b) Enténdese unha área de conservación de compoñentes da biodiversidade biolóxica fora dos seus hábitats naturais.
c) Enténdese como un complexo dinámico de comunidades vexetais, animais e de microorganismos e o seu medio non vivente que interactúan como unha unidade funcional.
d) Enténdese como o lugar o tipo de ambiente no que existen naturalmente un organismo ou unha poboación.

57. O VI Programa de Acción Comunitario en Materia de Medio Ambiente abarcará un período de:

a) 5 anos.
b) 6 anos.
c) 10 anos.
d) 15 anos.

58. A avaliación dos progresos na aplicación do VI Programa de Acción Comunitario en Materia de Medio Ambiente, levarase a cabo:

a) Durante o segundo ano de execución do Programa.
b) Durante o cuarto ano de execución do Programa.
c) Durante o quinto ano de execución do Programa.
d) Durante o sexto ano de execución do Programa.

59. A circulación de vehículos de motor nas zonas reguladas pola Lei 912001, de Conservación da Natureza, sen contar con autorización administrativa, considéranse:

a) Infracción leve.
b) Infracción menos leve.
c) Infracción grave.
d) Infracción moi grave.

60. Segundo a Lei 4212007, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, os espazos naturais protexidos clasifícanse en:

a) Parques, Reservas Naturais, Áreas Mariñas Protexidas, Monumentos Naturais e Paisaxes Protexidas.
b) Parques Nacionais, Parques Naturais, Monumentos Naturais e Humidais Protexidos.
c) Parques Nacionais, Parques Naturais, Monumentos Naturais e Paisaxes Protexidas.
d) Parques, Reservas Naturais, Áreas Mariñas Protexidas, Humidais Protexios e Paisaxes Protexidas.

61. Segundo a lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, a catalogación dunha especie como vulnerable, implica:

a) A elaboración de plans de conservación.
b) A elaboración de plans de recuperación.
c) A elaboración de plans de manexo.
d) A elaboración de plans de protección do hábitat.

62. Segundo establece o Decreto 8812007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, quén aproba os plans de recuperación de especies en perigo de extinción?:

a) O Parlamento.
b) O Consello da Xunta.
c) A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
d) A Comisión Galega de Medio Ambiente.

63. A especie Phalacrocorax aristotelis, L., figura no catálogo galego de especies ameazadas na categoría:

a) En perigo de extinción.
b) Sensible á alteración do seu hábitat.
c) Vulnerable.
d) De interese especial

64. Segundo establece a Lei 411997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, en tódolos procedementos de declaración de TECOR deberá solicitarse informe:

a) Do Comité Provincial de Caza correspondente ou, cando o seu ámbito territorial comprenda varias provincias, do Comité Galego de Caza.
b) Do Comité Provincial de Caza correspondente ou, cando o seu ámbito territorial comprenda varias provincias, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
c) Unicamente do Comité Provincial de Caza correspondente.
d) Unicamente do Comité Galego de Caza.

65. Segundo establece a lexislación vixente en materia de caza da Comunidade Autónoma de Galicia, os plans de ordenación cinexética teñen carácter:

a) Anual.
b) Quinquenal.
c) Decenal.
d) Indefinido.

66. Para todos os efectos, a conservación das formacións vexetais así como a repoboación arbórea e arbustiva nas marxes dos ríos e regueiros con especies ripícolas ou de ribeiras, respectando as servidumes legais, segundo dispón a normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Precisan informe vinculante do comité galego de pesca fluvial.
b) Precisan informe vinculante do comité provincial de pesca fluvial correspondente.
c) Declárase de interese xeral.
d) Ningunha das respostas anteriores é correcta.

67. Os establecementos que albergan coleccións zoolóxicas de animais con fins científicos, culturais, recreativos ou para a súa reproducción, recuperación, adaptación ou conservación, segundo a normativa vixente na Comunidade Autónoma, denomínanse:

a) Establecementos veterinarios.
b) Centros de recollida.
c) Núcleos zoolóxicos.
d) Centros para o fomento e coidado de animais.

68. Cómo actúa o Consello Galego de Medio Ambiente?:

a) Exclusivamente en Pleno.
b) Exclusivamente en Comisións.
c) En Pleno e en Relatorios Técnicos dependendo da natureza dos asuntos que sexan obxecto de debate.
d) En Pleno e en Comisións de traballo en función da natureza dos asuntos que sexan obxecto de debate.

69. Con qué outro nome coñécese o Convenio da Comisión Económica para Europa de Nacións Unidas sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, do 25 de xuño de 1998?:

a) Convenio de Estocolmo.
b) Convenio de Rotterdam.
c) Convenio de Aarhus.
d) Convenio de Basilea.

70. Segundo a lexislación vixente en materia de dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, o Consello Asesor de Medio Ambiente, a efectos administrativos está adscrito:

a) Ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
b) Ao Ministerio de Asuntos Exteriores.
c) Ao Ministerio de Relaciones con las Administraciiones Públicas.
d) Ao Ministerio de la Presidencia.

71. Dentro do proceso de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente, a memoria ambiental elaborarase:

a) Antes do remate da fase de consultas.
b) Na fase de consultas.
c) Rematada a fase de consultas.
d) Conxuntamente co documento de referencia.

72. No procedemento de avaliación de impacto ambiental de proxectos, a decisión sobre a autorización ou aprobación do proxecto farase pública polo:

a) Órgano substantivo.
b) Órgano ambiental.
c) Promotor.
d) Goberno do Estado ou da Comunidade Autónoma, segundo corresponda.

73. Un proxecto cuxa execución poida ameazar os valores das árbores ou formacións senlleiras require de:

a) Autorización administrativa previa da Dirección Xeral de Conservación da Natureza
b) Autorización administrativa previa do Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
c) Unha avaliación de impacto ambiental previa na que se establezan as condicións nas que se pode executar o proxecto
d) Un informe preceptivo do Comité das árbores Senlleiras

74. A inclusión dunha árbore ou formación que se atope dentro dun espazo protexido dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras implica:

a) A modificación do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do espazo
b) A inclusión das medidas de preservación destes elementos senlleiros no plan rector de uso e xestión ou no plan de conservación do espazo
c) A elaboración dun Plan de Xestión específico para a árbore ou formación senlleira
d) A b) e a c) son certas

75. Na elección da densidade de plantas nunha repoboación forestal:

a) Á mellor calidade do sitio ou estación, maior densidade inicial.
b) Á maior frecuencia de danos bióticos e abióticos, menor densidade inicial.
c) Á maior necesidade de selección das árbores nas cortas intermedias, menor densidade inicial.
d) Á maior grao de selección xenética no material empregado na repoboación, menor densidade inicial.

76. Coñécese a lignina residual como aquela lignina que queda:

a) Nos licores negros antes da súa combustión na caldeira de recuperación
b) Nas pastas de celulosa químicas antes do branqueo.
c) Nas pastas de celulosa mecánicas antes do branqueo.
d) Ningunha é correcta.

77. A variedade atlántica de Pinus pinaster(piñeiro do pais) prospera máis satisfactoriamente sobre solos:

a) De textura franca ou franca-areosa, ácedos e permeables.
b) De textura limousa ou limo-arcillousa, ácedos e de permeabilidade moderada.
c) De textura areo-arcillousa, ácedos e permeables.
d) De textura limo-areosa, pH neutro e moderadamente permeables.

78. Cal das seguintes relacións de medios aéreos está ordenada de maior a menor, segundo o número de brigadistas que pode transportar no territorio de Galicia:

a) Kamov KA 32, Eurocopter AS330 Puma, PZL W-3A Sokol, EUROCOPTER AS350133.
b) Air tractor, Eurocopter AS350133, PZL W-3A Sokol, Eu rocopter AS355N
c) Eurocopter AS330 Puma, 13ell407, PZL W-3A Sokol, EUROCOPTER AS350133
d) Ningunha das anteriores.

79. Na época de perigo alto, en espazos non incluídos en zonas de alto risco de incendios, e supoñendo que o índice de risco diario de incendio forestal sexa de nivel moi alto, ié posible cociñar mediante o emprego de lume en zonas forestais?:

a) De ningunha maneira. Está prohibido, segundo a Lei 3/2007, do 9 de abril, o uso do lume nos montes, terreos forestais e zonas de influencia forestal definidos no artigo 2 da mesma Lei
b) Só no caso de que se conte coa presenza dunha unidade dalgún equipo de bombeiros das entidades locais ou dun equipo autorizado pola Xunta de Galicia.
c) Só nas zonas nas áreas expresamente previstas para o efecto.
d) Nesta época non hai problema.

80. Pode un cidadán levar a cabo unha repoboación forestal de Quercus roburen terreos de labradío?:

a) Si, sempre que se faga a máis de 50 m. de calquera vivenda.
b) Si, en calquera caso, pero só terá dereito a axudas se se fai a máis de 50 m. das vivendas.
c) En ningún caso.
d) Si, se a zona foi sometida a un proceso de concentración parcelaria e a repoboación se fai de acordo co seu plan forestal e sempre que non interfira no desenvolvemento agrario da zona.

PREGUNTAS DE RESERVA

81. Conforme á Constitución Española de 1978, o Estado ten competencia exclusiva sobre:

a) As bases de réxime xurídico das Administracións Públicas.
b) Sanidade,
c) Montes e aproveitamentos forestais.
d) Agricultura e gandería.

82. Nunha montería, segundo establece o Decreto 28412001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de Caza de Galicia, o número de cazadores en postos, será entre:

a) 10 e 15.
b) 15 e 20.
c) 20 e 30.
d) 20 e 50.

83. Pretendese construír unha piscifactoría no entorno do río Eo, para o que se precisa dispor dunha concesión de aproveitamento de auga do mencionado río. Cal dos seguintes organismos dispón de competencias para autorizar dita concesión?:

a) Confederación Hidrográfica do Norte
b) Confederación Hidrográfica Miño-Sil
c) Organismo autónomo Augas de Galicia.
d) Servizo provincial de Conservación da Natureza.






Inicio
Valid XHTML 1.0 Transitional
¡CSS Válido!
CC-GNU LGPL
Imprime esta página